domingo, 13 de diciembre de 2009

A VICTORIA FOI PARA.....CABANA

GRAN AMBIENTE NO DERBI

3-2. Foi o Derbi da Concordia dos equipos de Cabana. Un bo partido de futebol, de guante blanco, moi ben xogado por ambos bandos e ganado por un Cabaninter enrabietado por unha tempraneira, absurda e inxusta expulsión de Lilowen por parte dun colexiado que, está claro, non quere volver a xogar coa "neroazurri" do Cabaninter. Por fin rompemos a racha e ganamos "a pesar" da sua labor....era o quinto intento.
Ó 0-1 dos Ponis respondeu rápido o Cabaninter por medio de Cescollazo. Enseguida quedamos con 10 e eso fixo que o equipo, co unico cambio do propio mister Alloloti se enrabietara e mostrase a sua mellor cara. A pesar do dominio chegou o 1-2, pero non viramos a cara e tras provocar un sinfin de ocasións, chegou o doblete de Ibrahiminovic para firmar unha remontada merecida. Gran partido e gran victoria que adicamos a Martin nestes momentos tan duros que está pasando. Un abrazo para o noso compañeiro de parte de todo o vestuario.

JOVITA, INSIGNIA DE OURO E BRILLANTES DO CLUBE
.

Darlle as gracias a Jovita, do Bar Paris, polos pinchos os que nos convidou. Un lujo. Con cava, postre e todo.
Tuvemos a idea de compartilos cos visitantes, rivais pero compañeiros o fin e o cabo. Que este ambiente perdure entre as duas escuadras de Cabana, como dixo "Paquinho Maravilha": "Esto había que facelo mais veces"....está claro.

No hay comentarios: