domingo, 20 de diciembre de 2009

OCASIÓN DE OURO PERDIDA

ENTALADOS !!!
Frio, moito frio. Esa e a noticia. O Vinculeiro Stadium estaba congelado e os equipos trasladaronse o recinto das Redondas para disputar o partido. E ali o Canceslautern, facendo gala do seu apodo alemán, foi moito Canceslautern de novo, neste campo que tan ben se lle da ultimamente. Rocosos, ordenados e saindo arriba xogandoa con moito sentidiño. 0-2 e gracias, porque o mellor foi o noso porteiro.


O JATO FOI "ICEMAN"
Este home naceu nun iglú. Manga corto, quinto de cerveza, bocadillo de chorizo....e que neve, que lle da igual. O frío non foi problema e o Jato foi o mellor do partido. Parou un penalti e hasta cinco man a man cos dianteiros do Xuventude. Inmenso. Esta foto é do momento no que parou o penalti. O "retratista" de Cances estaba atento a xogada e aproveito para "roubarlle" esta e outras instantáneas do seu blog. Gran traballo Sindo, coma sempre.
O ARREÓN...FLOXO
O arreón esta vez foi floxiño. 1 disparo o pau de Carioca e esta volea de Allolotti, que fixo as veces de Alexanco xogando os minutos finales de "nove-milagro", foron as ocasións mais claras. Pouca dinamita para un equipo visitante que esta vez foi mellor.

Felicitar o Cances que con esta victoria pasa a meterse na pomada nunha xornada que non olvidaremos pola oportunidade perdida: Caeron estrepitosamente Bergantiños, Nantón e pinchou o San Román. Perdemos a oportunidade de dar o gran golpe, todo o contrario do Corcubión que se mete tamén na pomada tras golear o Zas a domicilio. A liga está que arde con 6 equipos en 9 puntos e toda unha segunda volta por xogar. Interesante.

1 comentario:

CARIOCA dijo...

A actualización da crónica chega algo atrasada...o tempo foi escaso e as burbujas abundantes.....
BOAS FESTAS E BO ANO A TODOS!!