lunes, 28 de septiembre de 2009

CABANINTER LIDER !!


A DIFERENCIA DE GOLES LÉVANOS O PRIMEIRO POSTO PROVISIONAL

0-4 en Camariñas. Contundente resultado que nos leva por fin a unha posición que xa tiñamos olvidada. Xa non nos acordábamos como se miraba pa baixo, a non ser que fose por evitar o descenso. Certo é que estamos empatados con outros 6 equipos e esto aínda acaba de empezar, peero....as cousas vense mellor dende arriba.

IBRACADABRA !!
Ibrahiminovic marcou por partida doble. Xa é pichichi do equipo con 3 goles, seguido polo Kun con 2, que tamén marcou en Camariñas. O cuarto gol foi obra de Juninho Penambucano, que está coma unha moto despois da renovación.
¿E Carioca onde estaba?.......sobre esto xa hay unha investigación aberta, pronto informaremos....

ALLOLOTTI SATISFEITO
O mister fixo cambios no equipe que parece que resultaron. Mendeztzelder fixo esta vez de 5 e O Beckam do Buzaco foi o xefe da defensa. O intercambio de posicións parece que funcionou. A primeira parte acabou con 3-0 e a segunda foi de trámite. O domingo o mister non estará pero xa deixou recado: "A ver se non escarallamos o conto moi pronto. Zizou ten instruccións claras para xogar contra Corcubión. A ver, a ver"
Zizou Moreno, segundo adestrador: "É unha responsabilidade grande. Pa unha vez que estamos diante...."

lunes, 21 de septiembre de 2009

UN PUNTIÑO E GRACIAS

O equipo non asimila o sistema e comenzan as dudas na Urixeira. O novo míster tuvo que escoitar os primeiros silbidos en As Redondas.

Allolotti: "Tranquilos, esto leva o seu tempo. Guardiola palmou os tres primeiros partidos e mirade onde está. Esta xente viña de patear pedras e ahora van xogar o toque....tranquilidá."
"Sei que este público é exigente, estou preparado"
"As concentracións non se negocian. O domingo imos a Camariñas e a volta hai comida e punto. Non safa nadie, o botellón e moi grande e hai que acabalo".


CANCESLAUTERN NON É CALQUER COUSA

Ollo a este equipo que fai dous meses estaba descendido. O destino foi xusto con eles e quedouse en Primeira. Con dous ou tres retoquiños que lle baixaron a media de idade notablemente é un equipo correoso, duro de pelar e que ademais non deixa de propoñer futebol. Ollo a ese número 8....hai que saber quen é o "Monchi" do Cances porque acertou ben....

EMPEZAMOS BEN E ACABAMOS REMONTANDO
O partido empezámolo dominando e xogando ben. Marcou o Kun con un disparo de fóra da área que tuvo a colaboración desafortunada do porteiro visitante. A rapidez do campo e o feito de que o balón botáse antes axudou tamén.
O Canceslautern fixo bo o apodo que lle puxemos -polo de alemáns, digo- e non lle virou a cara o partido. "Sorrimüller" empatou e así chegamos o descanso.

VOLCADOS NA SEGUNDA SIN ORGANIÇAÇAO
O equipo rompíuse na segunda parte despois de que Vega marcase o segundo dos visitantes. Fomos en busca do Arreón Final das Redondas de forma un pouco atropellada e a cada ocasión que buscamos permitimos un contraataque. Foron numerosas ocasións visitantes -inlcuido un remate o pau- que nos perdonou a vida esta vez. Chegou o empate despois dun penalti sobre Ibrahiminovic que transformou él mismo, tuvemos as nosas ocasións, pero xa non quedou tempo para mais, sobre todo porque o colexiado pitou o final no minuto 85 de partido.
Acerca do colexiado dicir dúas cousas: Unha.- o mellor vai ser non falar dos árbitros a ver se temos mais sorte todos. Eles protestaron o penalti -para nós claro, claro- e nos o cronómetro. Sempre hai para todos.
Dúas.- Hai que ver o lado positivo, e neste caso foi que a presa do colexiado fixo que a 1:05 xa estiveramos na Tasca tomando chiquitos, co cal tuvemos sitio pra unha rondiña mais. Thankiu Referée.
O JATO FOI ESTA VEZ O INCREÍBLE HULK

O sábado chegaron os rumores da fichaxe de Ramatollets, que a esta hora aínda non firmou -o seu representante pide os domingos libres e claro..-. Así que o Jato botóulle un quinto, medio de chorizón......e foi do mellor do Cabaninter. Varios paradóns de mérito e nin un solo fallo. Hai Jato pa rato.

O RESTO DA XORNADA
Do resto da xornada sorprendeu a victoria a domicilio do Bértottemhan, en Can Pinguel, por un contundente 1-5, que deixa os de Bértoa líderes e a Fabada Mecánica farolillo rojo momentáneo. Na segunda división ganou un dos debutantes, o Cerquedundee United do magnate Hasam Al-Saleiro que parece que fixo un equipo con aspiracións e comenza dando a sorpresa no campo do Porteño, unha das revelacións da pasada temporada.


O domingo salida a Camariñas e primeira "concentración oficial" en Vimianzo a volta coas familias....marchando botellón!!!

viernes, 18 de septiembre de 2009

ARRANCA A LIGA 09-10

AMIGOS DE CHICHO - AMIGOS DE FACAL. As Redondas. 11:00

Como si fose un deses famosos partidos de estrelas, o partido será adicado as figuras de Chicho e Facal, dúas perdas irreparables de ambos equipos neste ano.
Volve un clásico da liga de veteranos. O Canceslautern chega con toda a artillería e coa moral polas nubes despois de quedar a última hora en Primeira División tras a incorporación de novos equipos a liga. O Cabaninter quere empezar o ano ganando.

CARLO ALLOLOTTI CO EQUIPO DE GALA EN BUSCA DA ANSIADA LIGA
O Cabaninter está o completo. Allolotti dispón de 23 homes. Un rompecabezas. Coa única incorporación de Kostadinov, e o retorno do cedido Ibrahiminovic, o equipo está o completo. Falta saber cantos partidos andará o banquillo cheo. O obxetivo está claro e Jenarabramovich non o esconde: "Un título mínimo, senón todos pra casa"

JUNINHO PENAMBUCANO: "Son muito feliz acá"
"O astro brasileiro acaba co culebrón do vran".
Juninho Penambucano abortou personalmente unha nova maniobra da Fabada Mecánica en busca dun novo "caso Figo" e rechazou de pleno a oferta dos homes de Marco Van Basten. O xogador está integrado plenamente nas Redondas e mesmo planea mudarse a luxosa urbanización "Urixeira Palm Beach" onde busca unha casa con parrilla e dous pinos xuntos pra coljar a hamaca de cordeles.
"Este equipe doume a confianÇa que non tuven en Can Pinguel, nâo pudía defraudar a torÇida". "Son muito feliz acá e teño pensado renovar a vinculaÇao co Cabaninter""Temos un equipe fantástico y acá podo loitar polas taÇas"

A FABADA MECÁNICA QUERÍA REMENDAR O SEU HISTÓRICO ERROR
A directiva da Fabada Mecánica intentou, como informamos días atrás, ata última hora repescar o xogador, incluso chegaron a negociar directamente co mánager general do Cabaninter, pero a resposta de Allolotti foi tajante: "cláusula de rescisión". As maltreitas arcas do clube de Can Pinguel non podían afrontar semejantes cifras e finalmente o xogador seguirá nas Redondas, onde se plantea incluso unha ampliación de contrato.

NON PELIGRAN AS RELACIÓN INSTITUCIONAIS

O "caso Penambucano" non afectou de momento as relacións entre os clubes. Jenarabromivch falou o respecto: "é normal, cada un mira o seu. Está claro que o rendemento de Penambucano aquí non pasou desapercibido. Saben que se equivocaron. Foi un gran día aquel que cruzamos o río na jamela con Penambucano a bordo".

RATOMIL XA TEN O BOTELLÓN DE TORRE LA MOREIRA
Proba da normalidade entre clubes é esta foto do pasado domingo, onde Oscar Ruggeri entregou a Marco Van Basten o botellón de Torre La Moreira pendente, que gañou o xogador da Fabada Mecánica Ratomil por ser o visitante nº10000 do blog do Cabaninter.

Ratomil excusou a súa ausencia para recoller o premio: "Lamentablemente atópome aínda en Copacabana. Non podo interrumpir unha pretempada tan intensa. Teño permiso do clube pra volver cando chova".

lunes, 14 de septiembre de 2009

MÍSTER, NON TE ESQUECEREMOS

Este día xa queda nos nosos corazóns para sempre. Foi un día moi emotivo. Onte estuveron nas Redondas a familia de Chicho, todos os compañeiros dos Veteranos de Cabana e Ponteceso, os seus amigos e ex-compañeiros do Ponteceso (Muñiz, Echegaray, Canedo e Murilla), estuvo tamén Pepe -lexendario porteiro da Liga da Costa-, Isidro (discípulo seu naquel luxoso Soneira) e moitos dos veciños e amigos que Chicho tiña en Cabana, en Ponteceso, en Buño, en Carballo......

A familia quixo dar as gracias a través da megafonía do campo, agradecemento que traslado agora aquí a este blog en nome deles e tamén de todos nós.



REFORZOS DE LUXO
No campo vimos xogar a Canedo -exporteiro do Depor-, a Isidro, a Pepe, a Murilla, a Juan Valentín -irmán de Chicho-, a seu sobriño Marcos, Narciso -o afillado de Chicho-.....reforzos de luxo para un partido moi entrañable. O resultado era o de menos. Foi un empate a dous que nos levou a entregarlle o trofeo a propia familia, como recordo deste entrañable día. Nadie perdiu, todos ganamos. Creo que honramos o mister con un bo partido, ben xogado, con ocasións, intenso.....como lle houbese gustado a él.


GRACIAS O PONTECESO, O COMITÉ E A ASAMBLEA DA LIGA

Queremos dar as gracias o Ponteceso pola súa colaboración, en especial a Marko, o mister, por poñerse a disposición en todo

momento. Ponteceso estaba en festas pero equipo presentóuse nas Redondas o completo. A contribución deste equipo o Memorial estuvo a altura, e Chicho estaría moi orgulloso. Moitas gracias compañeiros.


O comité, na persoa de Modesto, púxose tamén a disposición, e conseguimos dispor desda data gracias o retraso do inicio da liga, coa aprobación de toda a asamblea da liga, os que damos as gracias tamén. Moitos dos delegados excusaron a súa presencia durante a semana o mesmo tempo que enviaban mensaxes de apoio. Tamén dar as gracias o colexiado, Miguel, pola súa colaboración desinteresada para a celebración do partido.


O MEMORIAL TERÁ CONTINUIDADE

Temos intención de facer este Memorial cada ano, en vísperas do inicio da liga. Creemos de verdade que acordarse da xente que deixa huella nesta vida é fundamental. O futbol aliméntouse sempre de mitos, de lendas de cada un dos equipos. Os equipos da Liga da Costa tamén teñen os seus mitos, humildes, de mais ou menos dimensión, pero mitos o fin e o cabo.


Chicho pasa a ser unha lenda do futbol da Costa; a él adicaremos esta ilusionante campaña que empeza, e a él adicaremos unha vez o ano un partido coma o de onte.



MISTER, Cabana non te vai esquecer.

martes, 8 de septiembre de 2009

I MEMORIAL CHICHO
DEDICAMOS TODA A SEMANA NESTE BLOG O NOSO EX-ADESTRADOR



NARCISO JUAN GARCÍA BERMÚDEZ
Cabana de Bergantiños 1945-2009


TRAXECTORIA DEPORTIVA
Xogador do Bergantiños, Ponteceso e Racing Club Cabana
Adestrador do Ponteceso, Soneira, Cabana e Cabana Veteranos

PALMARÉS
2 Ligas, 1 Copa e 1 Final de Copa como xogador do Ponteceso
1 Ascenso, 1 Copa e 1 Final de Supercopa en Riazor como adestrador do Ponteceso
1 Liga da Costa como adestrador do Soneira
1 Copa de Veteranos como adestrador do Cabana


Convidamos a toda a xente do futbol da Costa a esta pequena homenaxe a un grande da Liga da Costa.



E os compañeiros do Cabaninter xa sabedes: o mister non nos perdonaría que perdamos o Clásico habendo un trofeo polo medio.....


DAVID VIDAL NON PODERÁ ASISTIR
Hoxe, movidos pola homenaxe a Chicho, tuvemos a fortuna de falar con un grande, con David Vidal. Cercano e humilde coma sempre, atendendeu con amabilidade a nosa chamada telefónica. Vive fora de Galicia e non poderá estar no Memorial, pero dounos as gracias por chamalo e dixo textualmente "se estivera ahí claro que iba o memorial do meu amigo Chicho". "Estou moi agradecido e gardo moi bo recordo da xente de Ponteceso. Foi o meu trampolín o Deportivo da Coruña despois de salir de Portosín". Quedou de ver as fotos todas do blog.


Moitas gracias mister pola súa amabilidade, Chicho estaba moi orgulloso de "ter xogado con David Vidal".

QUEN SÍ ESTARÁ SERÁ MUÑIZ
Tamén tivemos o placer de falar durante o día de hoxe con Muñiz, o gran amigo de Chicho no vestiario do Ponteceso. Mostróuse moi emocionado pola invitación e mesmo amenazou con aceptar a invitación de xogar: "igual xogo dez minutiños inda que sea os meus 63 anos"..
Muñiz é o primeiro pola esquerda desta histórica foto, na que tamén están Aurre (xogador do Ferrol), Luis Suárez (Inter de Milán) e Chicho. Foi con motivo da inauguración do campo da trabe, nun partido no que tamén formou como reforzo estelar do Ponteceso, Veloso (R.Madrid).

Abaixo podedes ver a foto o completo, o primeiro agachado pola esquerda é Veloso.





Miércoles 9 setembro


LA VOZ DE GALICIA RECOLLE HOXE A INFORMACIÓN DE J.M. FERREIRO SOBRE O MEMORIAL





Xoves 10 setembro
Onte chegóunos máis información. Foi gracias a Ángellotti, para nós xa empeza a ser o noso "corresponsal no Picón". O seu traballo de recopilación de imaxes históricas con Alfredo é impagable, e gracias a él publicamos estas imaxes e outras que xa están subidas tamén o "Albúm Histórico de Chicho". Son imaxes de futbol, de cando era un neno, e da súa vida social en Cabana, incluidas fotos da outra súa gran pasión: o dominó e o torneo con mais solera da costa no Bar Empalme.

Entrada do famoso partido de inauguración do campo da trabe e foto con Luis Suárez



Entrevista publicada por La Voz de Galicia con motivo da conquista da liga como adestrador do Soneira
Sábado 12 de setembro de 2009
La Voz de Galicia recolle de novo a información sobre o Memorial