Quen non faltou foi Luisemburgo, que se despedía así oficialmente do seu posto de míster dando o relevo a Allolotti, pero que queda xa no noso grupo de veteranos coma un compañeiro mais, con invitación permanente a todas as nosas caralladas. Ademais agora incorpora un fillo gaiteiro, co cual, será socio de honor.
A anécdota do día foi a avería do Prototipo do novo mánager, que coma sempre, estuvo o quite para deixarnos a frase do día: "A puta electrónica é a hostia""Ten que ser da tarjeta".....esfola as frases coma ningúen. Un crack. Hai fotos do momento no album.
Acabóuse pra este ano a actividade, que retomaremos co stage de pretemporada no Bierzo, para o que xa nos estamos preparando. Pasaremos o día coas familias en Friera, a onde nos desplazaremos nun bus fletado por Pombogarde. Ide collendo sitio.
Desde hoxe, este blog descansa tamén. Espero que o pasárades ben este ano con nos. O único espíritu que move a este menda con esto do blog e facervos rir un cacho coas nosas historias. Nin mais nin menos. Nos levamos unhas boas fartas de rir, nada mellor que compartilas.
Volveremos co informe do Bierzo, as fichaxes, etc.....pero ahora fai falta un descansiño.
BO VRAN A TODOS E SORTE OS DOUS FINALISTAS DE COPA, ESTAREMOS O DOMINGO EN VERDILLO PARA VER O PARTIDAZO ENTRE OS DOUS MELLORES DA LIGA ESTE ANO: Nantón e Bergantiños
8 comentarios:
Sin desperdicio. jeje. Vaia festiña. O momento pelocho é xenial.
Bo vran e noraboa pola tempada "bloguera". Fixéchesnos pasar bos anacos, si señor.
Non me digas que me tocou??'
foches acapas? se fose auja mineral non insistias tanto.
Mira a túa IP, mándama polo eleutrónico e se coincide coa que temos aquí registrada voucha poñendo a enfriar. Mira que como cruce o anllóns o botellón......
Se non aparece o dono me lo pido!!!!!!!!
Home,hoxe despois de entrenar pa tomalos pinchos na de xerpes,baixaba......invitacion a todos a unha copa.
é teu, capullo. Non debeches durmir pensando no dichoso botellón. jajaja
xa tou vendo a foto do máximo rival darredor do botellón....cajinaaaaaa
En marcha o acto de entrega. Que aproveite!!!!
Carambas Carioca, eu pensei que o detalliño iba ser unha carallada desas vosas, algún bono VIP para as redondas ou algo así. Se chego a saber que o conto iba en serio e había ese botellón polo medio había tar o loro, xa cho digo.jaja
Que sorte a do Ratomil. Moi bo detalle, ese Oscar debe ser unha fichaxe de campeonato.
Saudos, bo vran, non deixedes de entreternos
O botellón pro Pinguel?...qué escándalo carioca!!!! non o permitas!!! non había bases no concurso ou que? jajajaja
Publicar un comentario