martes, 10 de febrero de 2009

UNHA JOYA DA NOSA HISTORIA

RESUMEN DO CABANA-BAIO, ANO 1990
Acabamos de conseguir recuperar un vídeo dun magnífico episodio da nosa historia. O Cabana de Moreira derrotaba o Baio de Manín por 2-0 nun partido que significaba encarrilar o título de liga da temporada 89-90 da Liga da Costa.
Os goles foron obra de Pipiolo e Lucho -pichichi-, nun partido no que xogaron: Muiño, Platini, Sindo, Luis, Antonio Moreno, Pipiolo, Manolito, Suso Moreno, Senande, Budiño e Lucho. Participou tamén o noso actual delegado, por aquel entonces estilizado, Allovich.
Naquel Baio que dirixía o mítico da Costa Manín xogaba o noso actual compañeiro Lilo.
O partido xogóuse en As Redondas o Domingo día 14 de xaneiro do 1990, coas gradas a rebosar e un ambiente que xa non se ve nos nosos campos. Nestes partidos naceu o Frente Urixeira, con toda a súa artillería sonora.





Estamos traballando na recuperación de outros videos. Se tes algún documento interesante polo trasteiro, non dudes en facelo chegar. Convertimolo a calquer formato e compartímolo con toda a xente futebolera da costa.
Calquera que queira dipor dunha copia do partido completo en DVD non ten mais que pedilo.

10 comentarios:

Zurditadeoro dijo...

Qué tempos aqueles! daba gusto ir os campos. Hai que ver que flaquiño estaba o crack Manín, jeje.
Noraboa polo traballo, seguro que ten que haber moitas cintas por ahí olvidadas que hai que rescatar.
Sorte neste trepidante final.

CARIOCA dijo...

Temos medio localizada a cinta da final de Copa dos anos 80, Cabana-Malpica -de infausto recuerdo, por cierto-. A ver como está pero esa pode estar interesante.

Anónimo dijo...

Eu xa a vín non fai tanto. Creo que a imaxe non era tan nítida ainda que era boa para aqueles tempos. Como anécdota, recordo que na tanda de penaltys o porteiro do Malpica que parou o decisivo penalty foi Reixía (tremendo paradón), que agora está de porteiro nos veteranos de Corme e o xogador que lanzou o penalty que dou a copa foi Castriño, ainda que está claro que poido gañar calquera dos dous equipos.

Anónimo dijo...

marajota....non andes fuzando nos detalles!!! ,...mecajináaaa. jajajaja. Ese fui o Maracanazo. Qué equipazo tiñamos! e que ambientazo houbo.

CARIOCA dijo...

Renqueante, se non a consigo pásame esa que ti viches. E, como di o compañeiro...sobran detalles. jajaja

Anónimo dijo...

Fala con Alfonso do paris ou con Jovita que desas cintas ten que ter moitas

Anónimo dijo...

Debe tar ben mal a actualidade do Cabana pa tirar tanto da hemeroteka, ja, ja.
Bueno sin bromas, enhoraboa polo video

CARIOCA dijo...

Tecnicamente chamase "desviar a atenciom" jejeje.....como dicia Manquiña: somos muy profesionales: sub-machi-gun!!

Anónimo dijo...

Non me extraña que o arbitro se sentira mal despois de aturarvos ó Cabana e o Camariñas xuntos, je, je.
Bueno, que se recupere, ánimo.

Anónimo dijo...

bou colgar a final da costa do Laxe-Baio 4-2. saudos.Xa avisarei.