martes, 10 de febrero de 2009

EMPATE POSITIVO, PEERO......

...SEGUIMOS XOGANDO CO LUME

Empate ante o sempre correoso Camariñas. Partido moi, pero que moi disputado. A trascendencia do resultado fixo que os dous equipos puxésemos toda a carne na parrilla, e así o demostra o 2-2 final. O lote de baixas non foi excusa, e o equipo demostrou compromiso, loitando do primeiro o último minuto.


Empezaron marcando os visitantes -coma sempre, claro- e empatou pronto Ibrahiminovic Na segunda parte volveu poñerse por diante o Camariñas, e pronto empatamos de novo con un golazo de Zizou. O seu tiro cruzado dende o vértice da área grande entrou polo segundo pau.

Tanto nós coma eles reclamamos sendos penaltis e algunha que outra xogadiña dudosa, pero en xeral o árbitro repartiu acertos e fallos e o resultado pódese dar por bo. Os dous equipos acabamos o partido atacando nun trepidante final de ida e volta no que destacaron os dous porteiros.
UN PUNTO DE OURO
O caso é que o empate foi positivo, xa que Baio e Buño perderos os seus partidos. A falta de que o Bértottenham dispute o seu partido aplazado co Canceslautern -a prima está en camiño-, estamos con 23 puntos, por encima de Bertoa, Camariñas, Zas e Buño con 22 puntos e Baio con 20. A loita pola plaza que acompañe os de Cances no descenso vai ser de infarto ata o final.

Por arriba sigue a "liga dos tropezóns". Nantón empatou 2-2 co Corcubión, e a Fabada Mecánica e o S.Románchester United fixeron o mismo. Parece que nadie quere ganar a liga.

O DOMINGO A CORCUBIÓN.....SIN MISTER

Dicir tamén que o mister presentou ameazou coa súa dimisión tras o partido de Baio...e cumpliu. O domingo non apareceu polas Redondas. Parece que as queixas dalgúns xogadores por non xogar todo o que pensan que merecen -eterno probema-, unido a presión dos resultados, poideron con Luisemburgo, que xa pasa a ser historia do clube.

Ollo, porque detrás da dimisión hai un suposto interés do ¡Laxe!, que está tramando o seu ingreso na liga. No paquete iría tamén o noso galeno según fontes ben informadas. Seguiremos informando desta cuestión en canto recabemos mais datos. Mentras tanto o equipo autoxestionouse o domingo e mesmo poidemos ver o ex-entrenador -e home da casa-, Del Bosque dar instruccións o equipo na parte final do encontro. Ten mono de banquillo, coñece a casa, está libre, e todo pode pasar.....seguiremos informando.

No hay comentarios: