Pois pasou o domingo "casero" e descúbrese que non había tal peligro de temporal. ¿Culpa da Xunta?,¿exceso de precaución do comité?,¿falta de ansia?.......pois non. Este medio acaba de culminar un reportaje de investijación campal que descubre o que xa se denomina "A trama do temporal", un escabroso plan ideado polo presidente Jenarabramovich, que, coa connivencia do presidente do comité Modesblatter, conseguiu sobornar o famoso meteorólogo Pemán pra inventar un temporal que non existiu. Detrás do plan estaba o interés do presidente cabanés de retrasar a decisiva xornada na que o Cabaninter se xoga a permanencia co todopoderoso Camariñas. Todo era un intento de recuperar os homes mancados e entrenar unha semaniña mais no paradisíaco stage de Rebordelo Palm Beach, onde os homes de Luisemburgo permanecen concentrados. O presidente Touriño estaba o tanto dos feitos, o que agrava mais o caso e pon na picota o político en fechas tan próximas as eleccións.
"Non quero comentar nada. O caso está en mans do cabo da juardia sivil" -foi todo o que quixo declarar o presidente do comité, do que se sospecha que puido recibir unha cantidá indecente de diñeiro por colaborar coa suspensión-.....seguiremos informando
3 comentarios:
Esto e peor co de caldeiron
solo nos faltaba peman na lija. Jajaja
jijiji. ollo que pra hoxe anuncian outro temporal!!!....que tades esperando a Mendezelder?.jajaja
Publicar un comentario