lunes, 16 de febrero de 2009

O REI DO EMPATE

4-4....REPETIMOS

Os nosos partidos co Corcubión xa parecen os Atleti-Barsa, resólvense a golazo limpo. Repetimos o resultado da ida nun partido intensísimo, que tiñamos merecidamente ganado, pasamos a perdelo rápidamente nunha das nosas páxaras, e acabámolo empatando cun novo Arreón Final trepidante. Tocará sufrir ata o final.

VOLTOU LUISEMBURGO CON NOVO SISTEMA

Voltou Luis o banquillo e empezamos o partido con un revolucionario 3-5-2 en busca da victoria sen contemplacións. Pronto nos puxemos 0-2 con goles de Martin Petrov e Ibrahiminovic. As poucas ocasións dos locais desbaratounas o Jato, esta vez impecable. Cerca do descanso marcou Isidro o 1-2 de espectacular chilena -golazo imparable-.


No inicio da segunda parte veu a páxara. O equipo xa estaba co habitual 4-4-2, e ese pequeno paso atrás fixo que o Corcubión voltease o marcador rápidamente de forma increíble. 4-2 nun periquete. Nervios, os habituais piques nestes casos, 1 expulsado por cada bando -xustísimos os dous, aínda que sólo neso acertou o colexiado, lamentable no resto das decisións para os dous equipos-.

QUEDABA O ARREÓN FINAL
Pero como hasta o rabo todo é toro -e no noso caso mais- quedaba o Arreón Final. O Kun, o que adicamos unha felicitación especial polo seu coraxe para xogar mancado, marcou o 3-4 de disparo inapelable. E xa no desconto, un centro de Cescollazo foi rematado polo Carioca para salvar un puntiño que pode ser de ouro.

A COMIDA XA É UN CLÁSICO
E cumprindo a tradición dos novos viaxes a Corcubión, fixemos un papatorio en Vimianzo, Casa Sabina -altamente recomendable-, o que desgraciadamente non puideron asistir todos os compañeiros. Aínda así os que estivemos deixamos o pavillón ben alto, e a botellíña (5 ltr.) de Marqués de Vitoria -debería ser Marques do Empate- quedou en chasis.
NANTÓN, VIRTUAL CAMPEÓN
Por arriba, tropezón monumental da Fabada ante o Canceslautern (0-2) que os alonxa definitivamente do título e empate do San Román en Baio que tamén os descarta case por completo. Os Ponys aproveitaron para sentenciar prácticamente a liga -hay que ir felicitándoos pola tempada- e xa solo o Berganchester City ten algunha opción -moi poucas- de impedir o primeiro título dos homes de Paquinho Maravilha. O domingo, curiosamente, necesitamos ganar en Carballo, o que daría matemáticamente a liga os Ponys se ganan o seu partido.
Por abaixo queda follón: Buño 25, Cabana 24, Bertoa 22, Camariñas 22, Zas 22, Baio 21. O Bértoa ten un partido menos -ante o Cances-, e ollo a próxima xornada porque todos os de abaixo xogamos difíciles partidos contra os de arriba, excepto Baio que visita o renacido Canceslautern. E nas dúas xornadas que quedan despois hai enfrentamentos directos: Baio-Buño, Bertoa-Zas, Buño-Camariñas,.......non cambiedes de canal..

8 comentarios:

Zurditadeoro dijo...

Carioca, eses joliños sobre a campana valen un juevo. Que che suban a ficha xa!!
eso que tendes na mesa si que é un "botellón" e non o das plazas públicas os jueves, lambóns!!!

CARIOCA dijo...

Uy, non ta a cousa pra pedir suba. Hai crisis, e desde o "pelamento de porta Santa" non se fala de cartos neste vestuario.
O botellón non taba mal.....o de dentro taba caaaampal!!!!

Kun dijo...

Graciñas Carioca, comprobo con agrado que hai máis cousas ca ensaladilla as que lle das xeito...o mellor desta liga son sempre os postpartidos, aí somos
campeons sen duda.

Anónimo dijo...

bergan e san román....malos choios vos quedan pra salvar o pelexo non?

CARIOCA dijo...

..e o Cances, non te olvides. Que xa viches a que lle armou o domingo os nosos veciños. O conto ta jodido, pero hai que apretar os dentes. Se xogamos coma o outro día na primeira parte non ten duda.

CARIOCA dijo...

kun, por certo, viches que desmarque de ruptura?.....criminal jajajaja

Anónimo dijo...

Falan as malas linguas que a fabada mekánica se dixou ganar para meter en apuros ó Cabana.
Este domingo co Buño correran os maletíns, xa que o próximo patrocinador do equipo é o mesmo dos oleiros.
Ui, ui, ui ...

Anónimo dijo...

A fabada mecanica pasoulle coma o atleti do noso querido kun......a hora da verdaaaa.....