jueves, 26 de febrero de 2009

3-2 EN PORTA SANTA

EN CUADRO

Asi non se pode. As baixas por lesión de Albertotti, Mendeztzelder e Toninho Cerezo, e por sanción de Caldereyes, sumáronse as ausencias carnavaleiras de outros cinco ou seis efectivos, o que fixo que tivéramos que xogar con 1 sólo cambio na agra de Paiosaco, contra un equipo ademais que sabe tocala hasta aburrirnos a correr.
PRIMEIRA PARTE A CUBERTO
Na primeira parte aguantamos ben o tirón 0-0, colocadiños como dios manda e salindo a contra cando se podía. Mesmo tivemos un par de boas ocasións.

NA SEGUNDA, CHORREO E ARREÓN FINAL
O 1-0 chegou nun fallo do Jato. Moi pronto o 2-0 e o 3-0 co equipo tocado física e moralmente. Aínda sacamos o orgullo pra sacar a lucir o xa famoso Arreón Final, con dous goles -Pombogarde e Carioca- que se dura un pouco máis houbésenos levado ó empate. Pero así é imposible, o alento non chejaba e o campo parecía o deserto.
ALERTA ROJA....maidei,maidei.....
Esto é unha chamadiña os compañeiros: non pode ser que estivésemos media liga co banquillo a rebosar e agora que fai falta arrimar o hombro vaiamos 11 homes a xogar un partido trascendental. Se baixamos será por méritos propios, e este equipo merece estar en primeira. Pero xa se sabe: pra pescar hai que mollar os collóns.......o domingo penúltima bala contra un rival de aúpa. Naljún blog xa circulan os comentarios que desexan vernos en segunda. Nin falar deso, ajarrarse que veñen curvas e CHURRRIPITICHURRI TRACATRAAAAAAA!!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

vamos coño! esa noticia. Salvados como dios manda, con partidazo incluido e Cariocazo de lujo!!!
Cabaninter de primeira, como debe ser! Churripiiiitichurri tracatráa

Anónimo dijo...

non hai muito que celebrar oh!, xa non tiñamos que tar nesas. Había equipo pra muito mais.

Zurditadeoro dijo...

A verdade é que non debías pasar eses apuros, pero o futbol é asi. De todas formas xa tamos esperando coma sempre a crónica do partido e da permanencia. Saludos e noraboa

CARIOCA dijo...

Boas noites. Inda non houbo tempo de fedellar. Mañan a ver se facemos aljo.
Con respecto a salvación, sinceramente tamén creo que non hai moito que celebrar. Non deberamos pasar estes apuros, pero tamén e certo que botamos a segunda volta en cuadro entre lesions e outras ausencias. A ver se a xente se recupera e facemos unha boa copa. Saludos