martes, 18 de noviembre de 2008

CABANINTER 1 - BERGANCHESTER CITY 1

EMPATE A TODO
Bonito partido o que se puido ver o pasado domingo nas Redondas. Por fin empezamos un partido ganando con 1-0 de Carioca -coidao que vou enrachado!!-. Foi nunha primeira parte na que fomos donos absolutos do partido, dispoñendo de varias ocasións claras, sobre todo dous paradóns de Tasende, un a bocajarro o Carioca -aviso, a "operación pichichi ta en marcha!!"e outra nun disparo cruzado lonxano de Zizou, que se entra aínda o estábamos celebramos agora.

REACCIÓN VISITANTE
Pero na segunda o Berganchester City empatóunos a todo. Porque xogou o futebol un bo cacho e ademais de marcar o gol tamén dispuxo de numerosas ocasións que desbaratou o Jato -inconmensurable esta vez-. Solo no tramo final recuperamos o balón e as ocasións no xa famoso "arreón final das Redondas" con catro dianteiros no campo e solo dous atrás, que esta vez non valeu de nada.

Foi un partido disputado, no que se xogou e deixouse xogar, futebol de toque na herba de mentira da Urixeira. Seguimos ahí, inda que a 5 puntos da cabeza, o que nos obriga a ganar o domingo o San Romanchester United a docimilio se queremos seguir na pomada. Ollo tamén o partidazo das Fontiñas entre os Ponys e a Fabada -2º e 3º respectivamente- A próxima xornada promete ser de infarto. Que sea sin lío.


A DIETA DO PLÁTANO. PRIMEIRO EQUIPO DA LIGA EN CONTAR CON "ENDOCRINO"

Bueno, pois como non hai partido no que non arjallemos aljo, pois esta vez foi o noso "endocrino" J.Luis o que nos sorprendiu coa nova dieta a base de zumiños e plátano.
O carallo é que bromas sí pero na sejunda parte non podíamos cos collóns porque aljún non entendiu que non eran pra comer todos...e claro. Aljún xa pedía o "petisuis" despois do plátano.






O galeno, seguindo os "consellos" da directiva, xa prometiu que poñerá en marcha proximamente a "dieta da costilla", asi que, si vindes xogar por aquí e vedes a parrilla na banda, non vos asustedes, non é un novo método pra quentar, é pra ir asando unhas tiriñas os que van pedindo o cambio.

Luisemburgo de acordo: "Desde que hai aljo de papar na banda non hai ningún que se cabree por salir, así que esto vaime aliviar os problemas de exceso de plantilla"

10 comentarios:

ratomil dijo...

Ostia queredes sacarlle o traballo a "toldos gomez"pa festa de san fins,jajajajja

QuitoPonteceso dijo...

Polo que vexo, este ano contades con máis presuposto ...

Zumito importado, médico e endocrino "estranxeiro" ... Todos de quita e pon ...

jooooer ...

Anónimo dijo...

Decidelle a Isidro(o esclavo do silbato),que xa se esta contaxiando da misma "enfermedad" dos outros trencillas,xa contesta cousas que non veñen a conto e fora de contesto,e deixe de vacilar os xogadores,que a maioria respetao,asi que el faga o mesmo.Que se volva a poñer a altura do seu pirmeiro ano,ese demostrou que podia e queria facelo ben.Agora pode,pero o mais grave e que non quere.Levadeo o "especialista",de supeto.Paciencia

Anónimo dijo...

A proposito de eso,explicarlle a Isidro,que se algun xogador se encara con algunha persoa do publico,de xeito feo e de menosprecio,sera AUTOMATICAMENTE EXPULSADO" do terreo de xogo,coa correpondente tarxeta encarnada.Eso pasou nun feitos puntuales no campo das Redondas,de Cabana,e non quixo exercer do que é,o po que esta a cobrar,só parece que van polos cartos,o demais dalles igual.Os outros arbitros ainda o fan moito peor,pero de seguir asi.......Debedes de temerlles,avisovos.Sorte e que nos collan confesados

D'Generoso dijo...

Anónimo, elojo por que non llo dis ti mesmo?

Anónimo dijo...

amigo Seguidor, tamén cando un xogador dun equipo se encara e insulta a un compañeiro do seu propio equipo, DEBE SER EXPULSADO, tamén. E ese que estaba fora "berreando" parece mentira nel, non se lle debe chamar "becerro" a unha persoa coa que despois pretendes falar normalmente no bar e rirlle as gracias.
Hai para todos compañeiro, como diría un de Laxe, aquí hai para todos.

Anónimo dijo...

como anda o equipo pro partidazo do domingo. Se Carioca sije coa racha os Sebas Boys van ter que marcar polo menos 3 se queren janar non?. Vaaaamoooss

CARIOCA dijo...

Vin hoxe o médico cerquiña da carnicería.....mmmmmmmmm

Anónimo dijo...

Teño que darche a razón cando a tés,os do Bergantiños debian de ser expulsados os 2,xa sólo pola mala imaxe que deron.No outro tema,non estou dacordo cos comentarios do paisano da jrada,pro sigo na misma,o xogador tense que dedicar a xogar e non atende-lo que non e cousa súa.

Anónimo dijo...

deixade os kolejiados ke xa fan dabomdo con non perdelos papeis kon rapaces de 30 e piko ke kando pesa oku perden a pouka edukacion pola labia sorte ko enkontro