domingo, 18 de mayo de 2008

UN EQUIPO CAMPEÓN !

4-1, A PRIMEIRA CON JOGO BONITO E GOLES

O PARTIDO
O MVP do partido, o capitán Allovich tirou do carro máis que nunca e abriu o marcador culminando unha gran xogada colectiva. Carioca,e Lilowen (que volvía do ximnasio) puxeron 2 chicharros mais para chegar 3-0 o descanso. Na segunda parte, o Kun, firmou o 4-0 e acabou ca historia do partido. De ahí o final, intentamos protexer o Jato para que acabase imbatido neste tramo final, pero non foi posible. Aínda así, o cancerbeiro renova 2 anos máis como estaba previsto.
O remate do partido, festa rachada. A torÇida abarrotou a fonte da Remuiña, e de ahí o Xastre de Anos, onde demos conta dunha fenomenal comellada.

Nuns días poderedes ver aquí todas as imaxes deste gran día para nós, incluidos os vídeos dos 4 goles que nos deron o Campeonato e o ascenso. Agora a descansar unha semaniña, que despois xa volve outra vez o Vimianzenit para disputar os octavos da Copa.




Noraboa a todos os membros do equipo por demostrar durante todo o ano e hoxe máis que nunca, que somos eso: UN EQUIPO.

28 comentarios:

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Desde Cances as nosas felicitacións. Noraba polo campionato. Estamos impacientes por ver as imaxes da celebración. Seguro que nos vades a sorprender unha vez máis..Unha vez máis felicitacions.

Anónimo dijo...

Dende o Club do Mar darvos a mais sincera noraboa pois pra min fostes o equipo que mais me gustou desta division. Repito FELICIDADES e a celebralo con sentidiño.

QuitoPonteceso dijo...

Pois vendo o equipo que tedes, non sei como esperáchedes tanto tempo a decidirvos subir á primeira.

Noraboa meus.

Anónimo dijo...

Noraboa a todos os compoñentes do plantel dende a ACD VETERANOS DE PONTECESO.

Anónimo dijo...

mi má, como debeu salir ese Cabanarsenal onte as redondas para pasarlle así por encima a todo un vimianzenit.
Noraboa, que sejuro que o merecedes. Eu tamén tou deseando ver eses videos

Anónimo dijo...

Esto e o que se debe facer amigos, intentar xogar o futebol e pasalo ben. Non so ser un grupo de amigos dun equipo senon ser una liga de veteranos de amigos e coñecidos,NORABOA A TODOS OS VETERANOS DA LIGA. E a seguir pa diante. chao

Pringá dijo...

O partido foi trepidante dende o primeiro minuto hasta que o colexiado pitou o final. Correron como se en xogo estuvera o mismísimo título de Champions e fixeron unhas cuantas chulerías de regates e pases que xa lles gustaría a algún dos "grandes" da tele.
Sin egoísmos nin protagonistas, xogando todos para todos, con un porteiro que se luciu con unhas cuantas paradas de infarto. Foron 4 goles, pero ben puideron ser outros tantos.
Merecidísima victoria tanto por xogo como por traballo en equipo.

Anónimo dijo...

Pero vos a que c...llo lle janaches oh

Anónimo dijo...

Moitas gracias a todos polos vosos mensaxes de ánimo; foi un día grande pa todos nos e pasámolo genial. A competición ten que tirar por ese camiño de fútbol-festa, pola nosa parte intentaremos que así sea. Unha aperta a todos.

fdo. Kun (Cabana de Veteranos)

Anónimo dijo...

Dende a clase de informática en Ponteceso FELICIDADES RAPACES

W. J. dijo...

COMO MEMBRO DOS VETERANOS DE MALPICA (XA CASI ME GUSTA MAIS O NOME DE "SARDIÑA MECÁNICA") QUERO FELICITARVOS POLO ASCENSO CONSEGUIDO, A TODOS E ESPECIALMENTE A ALBERTOTTI, UN FENÓMENO DENTRO E FORA DO CAMPO.

Anónimo dijo...

fátima, ponte a estudiar informática e deixate de caralladas, que te vai ver a profe...jajaja

Anónimo dijo...

Parabéns a todo o equipo dos Veteranos de Cabana, non polo ascenso, senón pola festa que facedes con calquera excusa. Outro equipo estaría con un sabor agridoce por vir de segunda, pero vós sacádeslle carallada e convertíchesvos nos campións da liga de veteranos, porque aposto a miña nómina da faba mecánica (millón de euros á tempada) a que o celebráchedes máis que o Bertoa, e iso é o que ten mérito.
Sorte pois para o ano, magoa de que nós baixáramos pese a gañarlles o San Román, pero no derbi de Zas viuse o que se tiña que ver (rivais pero amigos).
Susinho Jaucho ... o pupas

Anónimo dijo...

noraboa ó cabana, e tamen ò Camariñas e como non, ó Bértoa( se non se nos lesionara Felipe xa iba ser así o conto..) e moita sorte a todos para a copa.
Un saúdo,


Fidel de Zas

CARIOCA dijo...

Gracias a todos vós de parte de todos nós. Estes 14 mensaxes son un bo síntoma de Fair Play e de boa saúde da liga.
Susiño Jaucho, non te preocupes polo descenso, supoño que xa te informaría o míster que jracias a entrada de equipos como o AtletiLeiloio, o CorcoesTorino e secadra aljún máis, ides quedar onde debedes estar...polo ben do ansiado clásico. Xa podedes abrir nejociación co ente público pontecesán RT Canasteves pa emisión da vindeira tempada en PRIMEIRA

Anónimo dijo...

A VER CARIOCAAA, VEÑEN ESES VIDEOS OU NON?...QUE TA O PÚBLICO IMPACIENTEEEEEEEE

Anónimo dijo...

Pois si señores, na asamblea falase unha cousa e na radio dise outra, está ben o tema, por si preguntades falo dos ascensos e descensos.

CARIOCA dijo...

Eu non oín a radio, eu sei o que se falou na asamblea, na que se dixo que se entran os dous equipos que solicitaron ata o momento (CorcoesTorino e AtletiLeiloio) entón os dous que iban descender non descenden, quedando unha liga de 12 arriba e unha de 10 abaixo. Premiase así os que se ganaron estar arriba na liguilla que se fixo a inicios desta liga.
De ahí pa riba non se falou mais nada que eu sepa, e no anteriormente descrito estuvemos a maioría dacordo.

Anónimo dijo...

carioca, deixa o rollo e ponnos xa esas imágenes do jran día coño, que tamos en ascuas!!

Anónimo dijo...

Hoxe na cadea ser as 15:45 falou Fernando Couto e dixo que subiría o Vimianzo, baixarian os dous de arriba e quedarian duas ligas de 11, que os equipos novos eran o Leilioo e o Corcoesto e que tamén lle chamaran os de Castriz pero este ainda non confirmara.

CARIOCA dijo...

POIS NADA DESO SE FALOU NA REUNIÓN. FERNANDO DEBE TAR MAL INFORMADO. REPITO: NON SE ACORDOU NADA, SOLO SE OPINOU SOBRE O TEMA MOI POR ENCIMA. TODO DEPENDE DUNHA REUNION ANTES DA LIGA. FERNANDO NON ESTUVO NA REUNION, OSEA QUE LLE DEBERON INFORMAR EQUIVOCADAMENTE. MAÑAN CHAMÁMOLO DESDE ESTE MEDIO E CONTRASTAMOS INFORMACIÓN. PA ESO ESTAMOS.

POR OUTRA PARTE,E COMPRENSIBLE A TENSION DOS IMPLICADOS (ALTAS, BAIXAS, PRESUPUESTOS, TELEVISIONS......)..É BROMA

Anónimo dijo...

enhoraboa por o ascenso campeons.
como xa bos dixen o outro dia teño ganas de fichar a esa figura despois de esa gran celebracion demostroume o que bale e asta donde pode chegar este kunnn que maneira oichedes xa vendin as vacas de meu pai

Miaxinho dijo...

eu penso que o normal e que queden os dous de 1ª que pa eso quedaron entre os 10 primeiros na outra liga, e que suban o cabana e o camariñas, pero o comite ten a palabra, no seu dia, antes de empezar a liga, dixen na reunion de facer este ano unha unica division xogando 2 partidos mais, e por un ano que se xoje toda a copa a un partido tampouco pasaba nada, seria solo un ano, e po ano seguinte mita pa 1º e mita pa 2º, que veñen 2 novos, pillamos pa 1º o 11 e o 12. Asi acababanse os follons estes. E tamen vos dijo que asi que se lle enchan os collons a modesto acabase esto.

CARIOCA dijo...

kédome coa ultima frase: así que se lle enchan os collón a Modesto ijual non hai outro que se encarje de todo...e tamos facendo comprando moitas rifas pa que nos toke. Eu desde lojo non lle envidio o choio.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Bueno, bueno......creo que xa está todo dito, falado, e acordado, así que compañeiros....nos en Cances o que queremos E VEEEEEERRRRRRRR AS FOOOOOTOOOOOOS E OOOSSSS VIDEEEEEEEEEOOOOOS do CABANARSENAL celebrando a súa grandiosa victoria. ¡¡¡¡VIDEEEOOOS E FOTTOOOOOSSSS XAAAAAA, por favor!!! Que nos tendes en ascuas.......je....je.....hai máis espectación por ver toda esa carallada que por ver al última de Indiana Jones.....así que se dean prisa os de montaxe, o editor e o maquetador.....que esta espera faise insufrible.....

CARIOCA dijo...

temos uns problemiñas de última hora co sponsor do Carioca que non nos permite emitir imagenes súas coas zapatillas "Crube" e entón estamos nejociando, e claro, xa se sabe. Despois ta o Beckam do buzaco, que salíu nun video con excesivo pelo no sobaco e xa nos kere joder tamén o seu asesor, e xa non falemos do representante de Allovich, que anda dicindo que a cámara enjorda ¿?....en fin....a ver se chejamos a un acuerdo con todos e publicamos o documento ansiado....jeje
...P.D.: o que pasa que o que non sabe é coma o que non ve, e meterse a tema audiovisual con estudios primarios e moi atrevido da virjen...aynomefaltocarmee!

Anónimo dijo...

Pola foto da celebracion deben estar os sponsors todos trinando, por que os adominables non se ven por ningures

Pringá dijo...

Eso era porque taban todos "enchidos" da emoción... jijijiji...