lunes, 5 de mayo de 2008



FANTASTIKUN


WERDER 0 - CABANARSENAL 1

(KUN, min. 85)

Un golazo do Kun métenos en ascenso, e a tan solo dous puntos do líder, que pinchou na Rocheira. Partidazo no Vimiallianz Arena, xogado de poder a poder. Houbo de todo. 1 gol anulado o Cabanarsenal por fora de xogo máis que dudoso, 1 gol fantasma na portería do Werder, tensión, intensidade e un golazo do Kun a falta de 5 minutos que fixo xusticia no marcador. O Jato da Trabe suma xa 270 minutos imbatido.....unha estrella!!



Temos que felicitarnos todos tamén pola deportividade mostrada nun partido tan complicado.


FABADÍN TEAM

A fabada mecánica perde jas, perdiu 2-0 na visita o Bergantiños, sitúase farolillo rojo e xa non depende de si mismo para salvarse. Estala a crise en Can Pinguel. As fichaxes non funcionan, a pizarra mágica xa non vale, e este equipo xa recorda a aquel Atlético do añito no inferno. Rodarán cabezas o outro lado do río. TVX (Televisión do Xuncal) xa ameazou públicamente con romper o contrato da vindeira tempada se non hai clásico en Primeira, e aljúns contratos dos cracks pelijran en caso de descenso.
Na loita polo título de primeira andan a ver quen a perde antes. Pincharon os dous con sendos empates e quedará todo para o final. Andaremos atentos.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

O conto esta k arde, "Ay miña madriña " o Dominjo Vimianso -Camariñas , a min pareceme que os dous non van a gañar,bueno non o sei o mellor si,por que esto esta complicado,pero si non se da ese caso creo que se poide votar a culpa o comite que pa eso esta.o Cabana vai a Malpica..mmmmm sejun comentan as malas linjuas esta a familia polo medio ,xa hay quen di que un deles vai estar lesionado del todo...pero del todo, os Milinkos dabanse a matar...pro estos din que....mellor levarse ben debido a herencias sin repartir ..o conto esta todo no aire.....pero no airee....solo faltan duas xornadas ... animo a todos.

Pringá dijo...

Eso, eso... ánimo a todos, que xa bos ides de madrujar e abandonar os fogares con tanto futebol dominguero. Probes xoíñas que quedaban a velas vir na casa, solas, sin outra salida que ir a toma-los viños polo mundo adiante pa afojar as penas (non dijamos outras cousas). Pero bueno... Diredes vós tamén que ben podían ir toma-los viños ó campo... que tamén é verdá... En fins.

Esta semana o noso Kun luciuse eh? Se vírades o chuletón que lle mangou o sábado á noite na Cunca, coas súas correspondientes patacas fritas todo ello regado cun bo viño do país comprenderíades o porque de tanta fojaxe. Outros bótanlle callos...

Anónimo dijo...

Fontes moi ben informadas xa falan dun claro penalti que vai suceder na área local da pedra queimada nunha fuljurante internada de CARIOCA R11, bicicleta incluida......un defensa local estará debidamente UNTADO pa meter a perna onde non debe....ollo o tema!!!

Balares dijo...

O conto está moi claro: eu, que pa eso son irmán mais vello e teñenme todos moito respeto (ejem!!!) xa dei as ordes oportunas para que o Malpica abra liñas, estadevos olvidando que aparte de Albertini temos outro que toca na familia (anque sexa politica) tamén no equipo. Como eu vou para alo o martes se queren que os invite a cear un día (ou dous) xa saben o que teñen que facer: abrir liñas, provocar un par de penaltis e xa se encargan o kun mailo carioca de poñer o Cabana na división de ouro do campeonato.
Con respecto a Fabada mecánica eu creo que vai haber que botar man de xente con experiencia en ligas pasadas tanto na directiva como no plantel... eu se queredes vouvos dando algún nombre, jejejeje.

Kun dijo...

Domingo agridulce po kun...partidazo co Camariñas e pola noite....mellor non recordalo!hoxe toca felicitar ós merenges aínda que joda...pero discretiño que foi 1 de 5 este ano e tampouco é pa tirar cohetes, aínda así noraboa excepto po Carioca (queira Cristo que un tres-eixes lle pise o teléfono).

QuitoPonteceso dijo...

No peor dos casos o Fabadream Team non da nada por perdido e incluso pode vir un milagro e que entren 5 equipos novos que terán que ir para segunda división, o cal supoño que hai dúas posibilidades: que non descenda ningún de primeira ¿?¿?¿?, ou que haxa unha promoción entre os dous descensos e o 3º e 4º clasificado de segunda (ou 4º e 5º).

Joer, non facemos máis que facer contas e non dan, non dan e non dan e ó carallo.

Igual se os compañeiros gañan o domingo, e dependamos de nós na última xornada, casi que pode vir mesmo o canal+ ver espectáculo.

QuitoPonteceso dijo...

Por certo, oín algo dunha porción máxica que toma o Cabanarsenal a noite anterior ós partidos e incluso no almorzo antes, ... non sei se sería ben que viñeran os vampiros do Tour de Francia investigar ...

Anónimo dijo...

KUN, jraciñas polo que me toca. O dos andamios da Cibeles fórrase...non coma o de Neptuno, que fai 16 anos que non monta o estarote.
Tuveches sorte de caer nun equipo janador, non nun pupas coma o que ti admiras. Aquí xogas con cracks que te fan brillar, noutro equipo serías un "Torres", un "Narváez", un "Manolo"....moito ruido e poucas noces...xa sabes ti. jejeje

CARIOCA dijo...

Amigo MiliQuito, a nosa poción máxica é unha minuciosa mezcla de churrascotes+viño+tute+chupitocañadeherbas+humor a esjalla........oín que solo firmache por un ano.....ejem......con esa velocidade......esto...en fin.....xa prepararemos a servilletiña..xa

Anónimo dijo...

Felicitarvos pola campaña que estades a realizar, e supoño que xa estaredes armando o "descapotable" para festexar o ascenso por toda a bisbarra. Ah! se hai festa rachada avisade....sorte nestes dous partidos..

CARIOCA dijo...

Somos zona de ría. Aquí sacamos a nosa versión de jabarra cando hai éxitos: unha jamela a remo na que o imos celebrando por turnos....

Anónimo dijo...

Para o vran ven o barco turístico para a ria e xa vos vale

AME dijo...

Un saludo pa todos os veteranos futboleros da costa da morte. Omiños os que vos cabreades por inocentes comentarios, quedade na casiña se vos ofendedes por esto. O que non despuntou antes agora xa non despunta, disfrutemos dos domingos pola mañan con o sin futbol, un saludo para o noso CARIOCA dobremente crack tanto no campo como a hora de coller o teclaro, mimadriña cantas cousiñas lle collen nesa cabeciña.. un saudo a todos.

Anónimo dijo...

DESPOIS DE UNHA TEMPORADA TAN LARGA LEVO TENDO DE REOLLO , A O MELLOR XUGADOR QUE COMO PRESIDENTE DO MEU EQUIPO , E UN DOS MELLORES QUE VIN NA HISTORIA , POR ESO O EQUIPO DE F.C LUJUFUERT , QUERE INTEGRAR DE LATERAL DEREITO A ESA FIGURA , E ESTOU DISPOSTO A NEGOCIAR SIN MALETIN SINON EN PAPEL , AUNQUE TEÑA QUE VENDER AS VACAS DE MEU PAI . ESO SERIA CON UHNA CONDICION , QUE ESTE PROXIMO PARTIDO MARCARA UN GOLLLLLL E COM DOUS PAR DE BOTAS... ABER QUEN SE BAÑA NA RIVEIRA EN BOLAS SI GANADES O CAMARIÑAS O KUNNNNNNNN. BAI SER MEU JEEEEEE