miércoles, 7 de mayo de 2008

SARDIÑA MECÁNICA - CABANARSENAL

11M 11:00 A PEDRA QUEIMADA AVS (Audiovisual Secadra)

Unha victoria podería meter o Cabana na primeira división en caso de que o Werder saia derrotado no seu dramático enfrontamento co Vimianzenit. Por si esto sucedese, xa está colocada a pasarela na Fonte da Remuiña, lugar habitual de celebración dos homes de Luis. O Malpica pretende "salvar" a tempada arruinando as aspiracións dos visitantes.


SALTA O ESCÁNDALO DOS MALETÍNS

O diario Atalaya´s News publicou onte a foto que reproducimos, e que xa é motivo de polémica na liga. O Comité estudia como actuar ante o primeiro caso coñecido deste tipo, e mesmo estudia a conexión do asunto coa famosa casa de apuestas LOTOFAROLO.NET, na que xa se paga a victoria dos visitantes 1 a 50.

Penalti o Carioca??

Por outra banda, nada se sabe do rumor que falaba dun "plan V.A.", no que se especulaba cun clamoroso penalti que ía suceder na área local nunha das internada do Carioca. O certo é que BETANGÜIN.COM xa paga 12,50 por dita xogada, e hasta se pode apostar polo nome do infractor....


PRESENTADO O TELÉFONO OFICIAL DO CABANARSENAL
Morenognionovic foi o anfitrión dun acto celebrado onte na sede do noso clube, no que se presentou o "Mancontro Akí", un espectacular teléfono con cámara integrada que xa podes conseguir a partir do domingo coa cartilla que aparecerá no Marcabana.
É moi fácil conseguilo: reúnes os 900 cupóns, envía un SMS co texto "mandame o mancontro dunha ves" o 6969, e o superaparato xa é teu.
Non deixes pasar a oportunidá machiño!!

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Cajiná!! non hai tenda do clú pa comprar diretamente ese supercelular? jajaja

CARIOCA dijo...

caraalloo meus, a última resposta da encuesta ta intacta......hai moito mercenario suelto. jijii.
Oes Lisbaski, dame a direución que cho mando contrareembolso..que pa eso temos un carteiro no equipe.

Anónimo dijo...

Manda nabo, o carioca censurando, esto é o último que se podia ver, o número un en chinchar e agora censura. Bueno pois que vaia ben..............

Anónimo dijo...

deixade de facer estes comentarios que facedes aljuns (sobre todo os anonimos )e vamos seguir como estabamos o principio,cas caralladas,co bo rollo e como di un amigo meu esto e unha liga de VE-TE-RA-NOS non e nin a 1 division nin a champions( anke a aljun yo pareza)vamos levarnos ben porke non vivimos desto e amigo-primo carioca espero ke sigas escribindo no blog do ponteceso e por suposto ke fales de nos no voso tamen(sempre o fixeches con humor e respecto)e non te cabrees ke non pega contigo saudos e BO ROLLO vemonos na copa,ojala sea na final jajajaja

Anónimo dijo...

Eu tamen claro,eu...coño...claro queria decir..que...claro...que ..a cousa esta ...pero esta ...e que si non esta...jo...de todos os modos...eu diria que...o sentido do humor e unha cousa que....claro...que bonito e o deporte despois de unha longa semana de traballo...que gusto da ..os Domingos polas mañans ver a esa xente xojar... e a pelota querer dar...uns pra un lado ..outros pra outro..terminouso o partido e....as cervexas a tomar...bo....claro ..e que eu queria decir que....pero claro.... xa dixen.

CARIOCA dijo...

Primo Tarzán Migueli, eu non me cabreo, vai tranquilo. Eu teño MOI, MOI, PERO QUE MOI CLARO, CAL É O ESPÍRITU DESTE BLOG. Os que se confunden son outros. Se eu tuvera a mínima duda non tiña mais que pulsar o botón SUPRIMIR BLOG, pero eu non cambio por catro retorcidos. Eu pasoo DE PUTA MADRE facendo esto, é unha cousa que me da moita "salú humorística", unha forma moi saludable de matar o tempo libre -pouco, por certo, que se tuvera mais aínda iba inventar mais aduanadas-.
Ademais o que mais me gusta é que no vestuario os domingos cajámonos de risa todos con esto e con outros temas, co cal, como se di "o másimo!!". Tamén entendo que aljún non lle juste, que de todo ten que haber, respeto e punto. Pero ti tranquilo, que ti vas ser sendo objetivo dos nosos reporteiros.jajaja

Anónimo dijo...

eu solo dijo unha cousa: Quero xojar no cabanarsenal e formar tanden ofensivo co Carioca. Imaginádesvos un dúo Carioca-Lisbaski....mi má, xa tou vendo as portadas do blog......teño que ir movendo ficha....

CARIOCA dijo...

Lisbaski: con ese nombre tes que ser ou moi bo ou moi cachondo...ou sea: PERFETO PO NOSO PROYETO. Pon día, sitio e hora que a servilleta pa escribir poñémola nos. jajeje

Anónimo dijo...

...vou preparando a maleta!!
oiche carioca, vas ter que prenderlle aljo de lume a este foro que non hai moita afluensia. O blog da fabada jánache a comentarios cajiná!! mesmo parece unha caldeira...

CARIOCA dijo...

deixa tar o conto tranquilooo. Dódemetanto lume como hai ultimamente. Nin que vivíramos desto.Aaaaarrre caralloo!!.
Tranquiliños e cabeza fría que xa o mister ta pensando sentarme no banquillo por falta de consentración po domingo. Eu creo que todo esto é un intento de desestabilización ante a nosa imparable racha. jajajajajaja

Anónimo dijo...

non o podedes evitar. esto e futbol, e o Cabana-ponteceso é un clasico. saltan chispas, vesevos ben. E que coño!,,da justo vervos carallo. esto e futbol e xa o dixo boskov. Non pasa nada, con sentidiño pero ese picantiño vai moi ben, coma os callos, que sin un toquiño non saben. Animo a todos e fair play...e que se vaian preparando os taquilleros das redondas e o pinguel, que como o sorteo da copa se poña tontiño.....vaia takillazos!!

Anónimo dijo...

Ando polos blogs a miudo pero nunca escribira, fajo hoxe pra dicir que eu o que sei é que entre un lado e o outro do río, entre blogs e caralladas, hai días que me esmendrello de risa. Sempre hai aljún pirómano, pero eso é o de menos, noraboa os dous equipos porque no fondo o que se ve é que o pasades ben. E se hai clásico: que non cheje a sangre o RIO, nunca mellor dito. Tamén noraboa os do Cances, outro blog con bo nivel.

Anónimo dijo...

a última resposta da enquisa sije intacta.......mi madriña que pila de vendidos hai nesta lija.jajaja

Anónimo dijo...

vamos vamos!! mañán é o día. Vamos Kun!! non fiarse do maletín, que parece ser que o poder económico do werder xa chejou a malpica tamén......hai que salir a machacar

Anónimo dijo...

tou espectante, o meu representante espera noticias do ascenso pa rematar o contrato...jajajaja sorte mañá

CARIOCA dijo...

pois firma xa, que cláusula anti-descenso non vas ter, e inda que subamos ijual po ano volvemos a baixar. fácilmente.
saludos desde o charter que nos desplaza xa rumbo a pedra queimada