lunes, 12 de mayo de 2008

Kuntundente....0-3
O Kun, coma o atleti dos seus amores, está que se sale e tamén quere ir a Champions Ligui

2 goles do Kun e 1 de "Pep Guardiola" J.Ramón dánnos a segunda plaza provisional. O Werder apalizou en Ponte do Porto o Vimianzenit por 5-1 e aúpase o liderato provisional -perdería o posto en caso de empate final polo gol average con nós-, co que dependerá de si mesmo para ascender e recibe o Coristanco, que nada se xoga salvo que o home do maletín visite a Rocheira esta semana.
O JATO DA TRABE...450 minutos imbatido....e sin renovar
A directiva sigue traballando duro para renovar o cancerbeiro, que xa suma 5 partidos sen recibir un gol. Unha complicada negociación con unha coñecida marca cerveceira galega -patrocinador persoal do meta- está a complicar a ampliación do contrato. O cancerbeiro non está disposto a aceptar a entrega da cerveza en latas e segue a pedir o botellín de tercio coma única forma de pago. Hay lío.
ÚLTIMA XORNADA DE INFARTO
O domingo, duelo fraticida nas Redondas ante o Vimianzenit. Unha victoria danos o campeonato e o ascenso. Un empate, o ascenso como primeiro ou segundo según o que faga o Werder. En caso de derrota necesitamos que o Coristanco gane os de Camariñas. Máis emoción non cabe. Pedimos os socios que non vaian asistir que nos cedan os carnés, xa que non quedan entradas para vender.

O Comité investiga o sucedido na Pedra Queimada
A operación KUÑAAAAOOO está en marcha. Investigase unha presunta entrega de diñeiro entre dous familiares políticos dun e outro equipo. Tamén se investiga a conexión V.A., e por qué un defensa local ex-cabanés rematou con tal contundencia en propia portería no que puido ser o gol da xornada en p.p. O cancerbeiro local evitou a polémica nunha estirada felina.
A investigación por parte do comité da liga ten paralizado calquer tipo de nova sobre o acontecido onte. Fálase dun espectacular TONGO, e hai moita xente implicada.....hai lío a vista. Sejiremos informando en canto chejen as probas do sucedido.
Champions.O Campeón e a outra praza de descenso decídense tamén na última xornada.
O Bertóa ganou o Baio (1-2) e aproveitou o tropezo do Zas en Corcubión (2-2) para situarse líder, con tan solo 1 punto de ventaxa sobre os de Zas.
O domingo BERTOA-CANCESLAUTERN e ZAS-BAIO. Neste último encontro, o Baio terá que defender tamén as súas posibilidades de permanencia, que dependerán tamén do que aconteza no Bergantiños-Corcubión. O Bergantiños ten dous puntos de ventaxa sobre os de Baio. O Ponteceso firmou onte o seu descenso matemático tras caer por 3-1 co Buño.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Andaaaa¡¡¡¡¡¡¡¡¡ esta semana xa somos o Ponteceso, e logo donde vai a "Fabada mecánica". Que cambio, esto é peor que CAMBIO RADICAL.

Anónimo dijo...

Ahhh, por certo, desexarvos a sorte toda na última xornada.

CARIOCA dijo...

É por enfriar un pouco os ánimos a ver se esto volve a ser o que ten que ser.
Nós imos sejir co noso habitual humor, e cónstame -porque mo dixeron- que a moitos membros da fabada mecánica e de outros equipos non lle importaría seguir sendo protagonistas do noso espacio web. Onte sentínme moi ben co que me dixo un xogador da Sardiña Mecánica con respecto a polémica do outro día. Déime conta de que moita xente -mais da que eu pensaba- se acerca o noso blog para buscar cachondeo e risas. Mesmo teño un sms dun compañeiro teu que merece a pena. Polo cal teño claro que o famoso "anónimo" iba exclusivamente contra min por aljunha palla mental súa. Pode que nin sea xogador do equipo.
Pero o mellor agora é botarlle hielo o tema. Ojalá nos ascendamos e vos quededes arriba pola entrada de novos equipos. Despois volverá o clásico e o cachondeo web. Teno por seguro.
Antes morto que sen pintar aljo a mona.

Pringá dijo...

Ese fenómeno atmosférico de encabronamentos diversos entre todo quisqui de todas partes concentrados na segunda semana de maio... é digno de estudiar. Non sólo nos blogs, senon mirases onde mirases a xente taba poseída con un afán de pelea que era casi surrealista. Será cousa de chamar a Iker Jiménez? Neverdá que hoxe se ve todo doutra maneira?
Ánimo a todos para tomar conciencia de novo sobre o espíritu real destos sitios en concreto: o bo rollo e as ganas de distraerse un anaco da rutina diaria. Será por problemas... non os haxa peores.

CARIOCA dijo...

correcto Pringá...e ben certo que a man dunha muller fai boa falta por akí. Vai quentando que o domingo xojades...no "xastre de anos". E deixame o Kun relaxadiño que boa falta nos vai facer..

Pringá dijo...

Pérceme que pa ese partido do xastre de anos non van poder contar conmigo no once titular... os do Couto téñenme fichada dun ano pa outro polo tema das letras. A vida do artista é moi dura! De todos modos, alí estarei a primeira hora, en Vimianzo, pa surtir ó Kun con frenadoles e ponches de caña con mel pa ver se lle vai pasando a tremenda gripallada que ten enriba. Dijo eu que eso non dará positivo nos controles de dopaje non? A caña ten tanta carraxe que ben se pode confundir con disolvente.

Que pasedes boa semana. Chau!

Anónimo dijo...

Ollo o dato...segun un medio hay probas,sufucientes probas,mas que abundantes probas,hay perjudicados a cousa toda esta no aire,parece que fui un claro TONGO, ahi parece que esta por medio familia. Pedra Quiemada esta que arde.vota fume ,esta a estoupar o escandalo..hay probas,a investigacin no termina e o Comite vaise que ter que mollar,mais de tres equipos estan a xuntar toda a documentacion que vai ser trasladada o Comite ,esta todo en xojo ,abra noticias .