5-1 en Vista-Alegre ante o Club do Mar -¿qué foi daqueles premios a deportividade?-. Resultado contundente anque engañoso, xa que no minuto 80 loitábamos polo empate a dous, e foi o tolear cara arriba coa táctica de "a por eles oé", cando os locais aproveitaron para sentenciar en tres contra-ataques mortais.
Allovich falla outro "penal" e anuncia a súa retirada desta práctica
Mesmo o partido puido ser outro se o capitán non fallara un penalti con 0-0 -ay Allo, Allo....que mal che sentou o encontro ca Bruni-.
O Jato da Trabe, afectado por encaixar a manita, declarou o rematalo encontro: "ay mi madriña do carme, foi caer o quinto e pensei: pois eso, marchando un quinto!...de cerveza".
ATASCO POLO ASCENSO
Despois da nosa derrota de onte, a loita polo ascenso ponse en llamas. Vimianzo (28), Camariñas (27), e Club do Mar e Cabana (24) teñen opción de subir. Os partidos Camariñas-Cabana e Cabana-Vimianzo da recta final preséntanse movidiños.
UN VISTAZO A CHAMPIONS. Espectacular reacción da Fabada Mecánica
Os "reforzos de primavera" xa funcionan en Can Pinguel, e a Fabada Mecánica gañou o superlíder BÉRTOA a domicilio por un contundente 1-5, resultado que nin a famosa casa de apostas LOTOFAROLO.net contemplaba nas súas prediccións pra esta semana. Haberá que estar atentos os homes de Aimar nesta recta final do campeonato.
Nas Redondas xa subiu a venta de abonos ante un inminente derbi cos da Vila de Pondal na vindeira Champions Lí. Ata se empeza a falar de "bolas quentes" no sorteo de Copa para provocar o ansiado "clásico".
O DOMINGO, PARTIDAZO POLO TÍTULO
Espectacular partido o próximo entre Zas e Bértoa, que pode ser case definitivo na loita polo título. Xa temos un enviado desprazado a Zas para conseguir acreditación para o partidazo.
12 comentarios:
Hai que ir cambiando de gasolina meus, que para o que falta hai que patear, que para o ano gustaríame ver ese derbi.
Seguro que un bo churrasco da un plus de forza para seguir ahí arriba.
Ta a cousa moi calada esta semana, tanto vos mallaron alo en soandres, animo chavales.
por desjracia hai poucos internautas ainda na nosa lija. Os que nos movemos por aquí somos sempre os mismo. Echokeai. A malleira non foi tal. Chejado certo momento do partido da ijual palmar por 1 que por 4. O resultado xusto houbese sido XUSTO O REVÉS, pero como dixo Boskov:FUTEBOL É FUTEBOL....
sinto discrepar carioca...pero dicir ke despois dun 5-1 o resultado xusto é o contrario..non sei ..non sei.. É verdade ke non vin o partido, e polo tanto non podo opinar pero pareceme moito esa afirmación... de todas formas ainda keda moito polo ke pelexar, SORTE E ANIMOS, QUE NON SEMPRE VAI SER GAÑAR.
Un saudo..Aimar
Moi boas a todos. Amigo Carioca eso de que o resultado mais xusto fose o reves non sei por que o dis, pa min foi un bo partido, un partido reñido de eses partidos que ves que se xojan aljo os dous equipos pero tamen che digo que as ocasions mais claras tivemolas nos. O partido tuvo duas xogadas claves, o penalti fallado por allovich, (quen non era) e despois o noso 3º gol xusto cando vos marcastes o 2-1, que serviu pa que xa non tiverades reaccion algunha. Repito gran partido, e tamen che dou a razon que o resultado engana moito xa que os 3 ultimos goles nosos foron case o final cando vos xa tavades volcados. Sin mais un saudo e veña animos que ainda podemos coller os dous de arriba e levar nos esas duas prazas. Sorte rapaces.
Os da Ponte xa se lles subiron os fumes e xa nin falan?
Dicirlle a ese ánonimo (porke fala en anomimo, cousa moi facil) que Quito e Aimar..co son da Ponte. Nos nunca tubemos os fumes altos señor anónimo, e seguimos como sempre.
A ver se leemos todo ou non viches que Quito foi dos primeiros en entrar....
Cando falo de resultado inxusto é porque así o creo. Sí e certo que foi un bo partido, reñido en ben xogado, pero humildemente creo que o bo futebol e as ocasións puxémolas nos, e o Clube do Mar limitouse a buscar con balons largos o capi (7) que vai de puta madre de cabeza, e que nos trouxo locos por certo. E sobre todo é inxusto porque -Sr. Aimar efectivamente non o viches, por tanto non o sabes- os tres últimos goles foron tres tonto-goles no desconto cando xa tábamos a desesperada con un 2-4-4 (sistema importado do Brasil que no Pinguel non viron xamais).Pero bueno, o Clube do Mar xogou as súas cartas ben xogadas e ganou. Teñen ademais un porteirazo, e eso en veteranos é moito ter. Noraboa e seguimos dandolle emoción a esto, porque os de arriba teñen casi o peixe vendido.
machiños, hai que arrearlle que para o que queda hai que aproveitar todo o que se poida, máis aínda co apretado que está o ascenso.
ÁNIMO.
Señor Carioca, no pinguel o sistema máis utilizado é o "atacar en abanico e defender en cuña" sin números raros xa que como demostramos a semana pasada somos de letras, e haí si que non nos jodedes como demostra a falta de resposta "rejeifeira"
Estimado Rejeifeiro: considero que, analizando semánticamente a batalla rejeifeira da pasada semana JANAMOS DE CALLE, JOLEADA TOTAL.
E vistos os resultados, creo que no pinguel mais que defender en cuña...defendedes "de coña"
sorte pa mañan, !salvemos o derbi!
Vexo que o teu analise semántico e bastante partidista, pero para salvar o derby de momento sodes vós os que tedes que defender de coña, pois nós levamos 12 a favor e 3 en contra nos 3 últimos partidos co nóso sistema "de coña"
Publicar un comentario