lunes, 31 de marzo de 2008

OS TRES MOSQUETEIROS

4 -2. O TRIDENTE FIXO ESTRAJOS

Kun (2), Kaká (1) e Carioca (1) tumbaron o Locoristancomotiv, que chegaba As Redondas con opcións de meterse arriba, e cando se dou conta perdía 3-0 gracias a unha espectacular primeira parte dos locais. Na segunda metade do partido chegou a reacción dos visitantes que se puxeron 3-2 con dous golazos -atentos a este equipo que propón un futebol vistoso, e sobre todo unha forma física envidiable-. O Kun Emilio matou o partido cando peor o pasábamos culminando unha bonita xogada de contragolpe.

MOITAS AUSENCIAS
O Mister non tuvo problemas para facer os cambios. As baixas de Picotinho, con problemas físicos, Albertotti, o Flaco Collazo e Allovich de viaxe, unidas as habituais dos que teñen ficha e non veñen ¿?, fixeron que tuvésemos que sudar a gota gorda para poder gañar o partido.

Por certo, xa temos as imaxes da presencia en Francia da delegación cabanesa que encabezaban o noso capitán e o sheriff -xogador do Nantón- Ronaldmuiño Gaucho.

Unha delegación Cabanesa acudiu a Francia a chamada do dúo Bruni - Sarkozy.
Alí, o noso capi Allovich fixo boas migas coa primeira dama, e ata se arrancou uns amorosos
compases coa guitarra....un espectáculo vamos.
O domingo participaron co presidente na inauguración dun campo de futebol, mentras esperaban ansiosos as noticias sobre os resultados dos equipos de Cabana.
Todos esperamos ansiosos que a Bruni nos devolva a visita...........



8 comentarios:

Pringá dijo...

É-lo demo!

Pringá dijo...

Por certo... no meu congelador aínda hai unha pota con dous quilos de callos con garbanzos que quedaran doutra ocasión e que se supón que íbades comer en breve... Vén ahí o vran e a miña nai faille falta a pota para as encherolas familiares! A ver se argallades unha xuntanza pa celebrar esta boa racha e se lles da vía.
Chau!

Anónimo dijo...

ssssssssschhhhhhh!!!!....que como che oian por ahí os rivales descubren o secreto do noso éxito: "a dieta Litoral"

Anónimo dijo...

Vese que o único no que levantades portadas é no papel Couché, que no Marca nin en sucesos.
A viaxe non será para buscar reforzos?
Que extraña alianza hai na xuntanza entre o xerif de Nantón e o Aljuacil das redondas. Unha compra de praza si non se consegue o ascenso?
Sejiremos investijando

Anónimo dijo...

menos mal que, conocendo a Allovich, sobra humor pa encaixalo todo....

Anónimo dijo...

amijo Sherlo, o caso é salir na portada, sea do que sea, sobre todo se é con bo humor. E ten boa razón marco....menos mal que Allovich non se pica nin cos toxos...

Anónimo dijo...

Sobra decir que nin por asomo se di nada con mala intención. Neste e en outros foros o que non o entenda como un lugar para decir parvadas e rir un pouco mellor que non entre.

Anónimo dijo...

correcto, si señor. Ta dito. Ese é satamente o objetivo do noso blog: escuncharse de risa. Benvido sexas a comunidá. Precisamente os personaxes que escollo po vacile son "tipo Allovich", por eso cho decía. E marco jonudo, se é quen eu penso, entra nos parámetros tamén. jeje