lunes, 31 de marzo de 2008

OS TRES MOSQUETEIROS

4 -2. O TRIDENTE FIXO ESTRAJOS

Kun (2), Kaká (1) e Carioca (1) tumbaron o Locoristancomotiv, que chegaba As Redondas con opcións de meterse arriba, e cando se dou conta perdía 3-0 gracias a unha espectacular primeira parte dos locais. Na segunda metade do partido chegou a reacción dos visitantes que se puxeron 3-2 con dous golazos -atentos a este equipo que propón un futebol vistoso, e sobre todo unha forma física envidiable-. O Kun Emilio matou o partido cando peor o pasábamos culminando unha bonita xogada de contragolpe.

MOITAS AUSENCIAS
O Mister non tuvo problemas para facer os cambios. As baixas de Picotinho, con problemas físicos, Albertotti, o Flaco Collazo e Allovich de viaxe, unidas as habituais dos que teñen ficha e non veñen ¿?, fixeron que tuvésemos que sudar a gota gorda para poder gañar o partido.

Por certo, xa temos as imaxes da presencia en Francia da delegación cabanesa que encabezaban o noso capitán e o sheriff -xogador do Nantón- Ronaldmuiño Gaucho.

Unha delegación Cabanesa acudiu a Francia a chamada do dúo Bruni - Sarkozy.
Alí, o noso capi Allovich fixo boas migas coa primeira dama, e ata se arrancou uns amorosos
compases coa guitarra....un espectáculo vamos.
O domingo participaron co presidente na inauguración dun campo de futebol, mentras esperaban ansiosos as noticias sobre os resultados dos equipos de Cabana.
Todos esperamos ansiosos que a Bruni nos devolva a visita...........



lunes, 17 de marzo de 2008

ONDE ESTÁ A FABADA MECÁNICA?

Analizamos a crisis do noso eterno rival


Peligra o esperado clásico do ano que ven. Unha de dúas, ou se recupera a Fabada Mecánica ou afloxamos e esperamos abaixo.
Unha preocupante racha de resultados negativos ten os homes de Aimar de farolillo rojo da Champions da Costa, con 7 puntos, solo dúas victorias e nada menos que 6 derrotas.



OS DEVANEOS DOS XOGADORES

A crise institucional en Can Pinguel vese agravada polos devaneos de algúns dos seus xogadores. Alfaro segue a entrenarse no ximnasio e xa se desconfía das súas lesións. Está a ser investigado pola súa axetreada vida privada.

Por outra banda, Tarzán Migueli..d´Anllóns tivo que sair en rolda de prensa para desmentir os contactos co Cabana. Os rumores falaban dun contacto entre o seu representante e un directivo do Cabana na de xerpes, e non precisamente para tomar tazas...



UN FALSO CHIKILICUATRE NO VESTIARIO DA FABADA MECÁNICA

No colmo dos líos, un falso Rodolfo Chikilicuatre merodeou fai uns días polo vestiario do Ponteceso.
Mesmo se filtrou que o presidente Gerardoni Zubizarreta estivera bailando o Chiki-Chiki co suposto artista eurovisivo.





O veterano central pontecesán Vidalkorta entregoulle o nomeamento de "Socio de honra" o falso Chikilicuatre.
CONCENTRACIÓN NA FESTA DO POLBO (Con B)
O clube tomará medidas e xa se suspenderon as vacacións para todos. Haberá concentración na vindeira Feira do Polbo (con B) que se celebra en Ponteceso entre o 20 e o 23 de marzo. A ver se base de uns bos Polbos (con B) se recupera o ánimo.
A REBUFO !!!

Xa estamos en zona de ascenso, empatados co Werder Camariñas, e a 4 puntos do líder. Todo gracias a unha traballada victoria sobre o Corme a domicilio 1-2, e o pinchazo do Werder en Verdillo 1-1). O líder caeu derrotado sorprendentemente en Coristanco por 5-0. Haberá que estar atentos os da Rocheira, que nos visitan a volta das vacacións e xa están a 5 puntos na clasificación. Ollo tamén o Club do Mar que ganou en Malpica 1-3 e xa nos segue moi de cerca -3 puntos-.

CARIOCA & KAKÁ S.A.

O dúo brasileiro anotou os dous goles do partido -bueno, o primeiro acabou de metelo dentro o Kun, pero o colexiado anotóullo o Kaká-. A Ferrada Jalática acortou distancias a pouco do final poñéndolle un pouco de emoción a parte final dun encontro que foi moi disputado. Os Cormeláns tamén fallaron un penalti co 0-1 no marcador.
Gran traballo dos nosos, xa que fomos 12 xustiños e quen mais quen menos botou a lengua fora....... ¡a ver eses que faltan onde están, que fan falla efectivos!.
O domingo, descanso santo, e na próxima recibimos o Coristanco as 12:00 nas Redondas.
BOAS VACACIÓNS A TODOS

martes, 11 de marzo de 2008

PINCHAZO NA VISITA A VECCHIA SIGNORA DE VIMIANZO



Caemos en Vimianzo despois dun ¿partido de fútbol? horrible, onde o colexiado Gerardurizar Azpitarte consentiu o xogo duro dos locais que nos impediron xogar o futebol, conseguindo quitarnos do partido o mais puro estilo italiano -o certo é que nos tamén picamos fácil-.
A pouco decorosa -lexítima por outra parte- táctica dos locais "punteirolo que xa a collerá a doble L (Lareiras-Litos)" foi máis efectiva que nunca, e en seguida se puxeron 2-0. O segundo, por certo, tras un clamoroso fora de xogo. Allovich acortou distancias tras un discutido penalti sobre o Beckam do Buzaco
MENDETZELDER EXPULSADO OUTRA VEZ.......aaay Juanillo !!!
A expulsión do xefe da defensa J.R. Mendetzelder -picou coma un pardillo na provocación de Lareiras- na segunda metade cando mais estábamos apretando para empatar foi o remate da historia deste encontro, que non pasará precisamente a historia do futebol. Menos mal que pinchou o Werder Camariñas en Coristanco e mantémonos ahí na pomada a 1 só partido do segundo posto.
CORME - CABANA. O domingo no Pinguel
O domingo visitamos os homes da "Ferrada Galáctica" que xa nos empataron sorprendentemente 4-4 nas Redondas e que veñen de sorprender o Malpica.....haberá que estar atentos.

lunes, 3 de marzo de 2008

CON KAKÁ, O FUTEBOL É MARAVILHOSO !!!
3-2. Dous goles do Kaká borran as aspiración do Malpica dun plumazo, e manteñen o Cabana a tiro de liderato.

O Cabana levóuse o gato a auga nun trepidante partido, con alternativas no marcador, goles, tensión, e polémica arbitral.
Os visitantes reclaman un gol que lle foi anulado co partido 2-2, pero o certo é que os locais fallaron un penalti (Allovich) e tiveron mais ocasións para gañar o partido. Carioca volveu fallar dúas ocasións clamorosas e xa se empeza a cuestionar o seu rendemento cara a portería.
Por certo, abrimos opinións para saber por qué anulou Iturralde Pillo ese gol no foro desta noticia.


KAKAMANÍA NAS REDONDAS

O Kun non puido estar finalmente, pero si O Kaká, que inaugurou o marcador do Cabana para empatar un partido que se puxera costa arriba tras o gol inicial do ex-Cabanés Albertini.
Un pouco despois Allovich fallou un penalti cometido sobre o Beckam de Buzaco, que de novo foi o "Sheriff" no medio campo das Redondas. Pouco despois chegaría o 2-1 nunha irrupción maxistral na área do lateral "Arteche" Eugenio. O empate do Malpica producíuse despois dun penalti cometido por "Pulidos", que interceptou o balón coa man dentro da área.
Pero o mellor estaba por vir: a falta de 5 minutos para o remate, unha espectacular xogada do Kaká do Penedo, que combinou con Udo Latek Peli, rematouna o astro carioca con un toque preciso a escuadra visitante.
Delirio nas Redondas onde xa se desatou a KAKÁMANÍA.