martes, 19 de febrero de 2008

CAGADÓN CAMPAL NAS EIROAS

VAIA BANDA !!!!
As Eiroas, minuto 75, 0-2 no marcador. Cachondeo e algarabia. 3 puntos na buchaca.......e como o FUTEBOL é así, pois eso, duas xogadas bobas e 2-2, 1 puntiño e graciñas. Hay que aprender. O domingo ven o Werder Camariñas, podíamos poñernos líderes, e agora teremos que gañar SI OU SI para non descolgarnos. Vaia banda.



Domingo, nas Redondas as 12:00. Partidazo ante o líder. Volve o Beckam do Buzaco a medular tras cumplir a sanción. Máxima tensión. Alto risco.
Xa podedes quitar as entradas en http://www.aqueacajamosoutraves.com/. Non pinchedes no enlace que é de coña.


O FUTBOL VETERANO COA SAETA RUBIA

Unha delegación da nosa liga estivo na homenaxe que se lle tributou o domingo a D.Alfredo Di Stéfano.


O noso ex-xogador Alex Stam estivo coa Saeta compartindo confidencias. "Alfrediño, alfrediño, vai po Cabana cando queiras que alí aínda xoja aljún que solo lle falta o bastón"

J.B. Modestoshack, presidente do Comité da Liga, dixo no seu discurso: "Di Stéfano, tranquilamente pudo xogar na nosa liga, tiña nivel para eso. Foi unha lástima que o Madrí no lo quitara naqueles tempos"
Tamén resaltou os valores do homenaxeado: "Alfredo encarna os valores da nosa liga: moita edad, pouca forma física, boa barriga,...."

5 comentarios:

miguel dijo...

veña carioca levantade o animo metedeslle un repasiño os visentiño-boys e xa estades ahi outra vez sorte pa domingo

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Ides ben. Tranquilos que ainda queda moita liga e os de arriba tamén terán que ir perdendo alento ¿ou non?. Isto non é como empeza senón como remata e senón mirade para nós que empezamos tan ben que nadie o creía e agora como dicides vos "cagada, sobre cagada" e veremos se non son tres seguidas. Eche o que ten o futbol, dias "de grandeza" de día de "tristura", pero nada que non se arranxe con unhas birras ou uns viñotes despois do partido ¡que carallo!

Anónimo dijo...

Xa me dirás como coño fas para subir ao blog o sonido. De verdade que si eu o soupera facer, grabaría os "AJRUS" que a veces botamos no campo chamándonos de todo uns aos outros, incluso entre xogadores do mismo equipo, eu creo que ía ser de alucine escoitar as barbaridades que dicimos.

QuitoPonteceso dijo...

Seguro que non vai ser a última derrota esta tempada, pero tamén estou seguro que estaredes ahí arriba, para o ascenso.

Animo

Anónimo dijo...

AMIJO XIS, para subir os sonidos, descarga algún programa convertidor de archivos que os hay a lotes por internet (avs editor, por exemplo) e convirte os archivos de sonido a formatos de video tipo .avi ou ou windows media. Despois súbelos como se fora un vídeo aínda que che queda sin imaxe. A ver se entre todos facemos un jran SHOW da liga de veteranos