PARTIDAZO. 11:00 HORAS. AS REDONDAS. AVS (Audio Visual Secadra) ten os dereitos e negocia con TVUrixeira e La Xesta a retransmisión do partido.
A "Sardiña Mecánica" xa está en Neaño, concentrada para o trascendental partido do domingo nas Redondas. Unha victoria méteos na pomada. O Cabana necesita a victoria para seguir a estela dos líderes, que se enfrontan en Vimianso. Máxima tensión. A policía local tomará posicións para tratar de impedir o enfrontamento entre o Frente Urixeira e os membros de Curva Atalaya.
A "Sardiña Mecánica" xa está en Neaño, concentrada para o trascendental partido do domingo nas Redondas. Unha victoria méteos na pomada. O Cabana necesita a victoria para seguir a estela dos líderes, que se enfrontan en Vimianso. Máxima tensión. A policía local tomará posicións para tratar de impedir o enfrontamento entre o Frente Urixeira e os membros de Curva Atalaya.
CHEGAN DOUS EX-CABANESES
Coa expedición Malpicana veñen dous coñecidos da torcida cabanesa. O mediocampista Toninho Maifrén e o todocampista Albertini, que mesmo ten un irmán no equipo da vila de Dombate. A expectación foi máxima no hotel onde se aloxan en Neaño para recoller as impresións dos dous xogadores.
"Vimos a janar, e se marco celebro e punto" -declarou Albertini- O Frente Urixeira está encendido co xogador, que terá un recebemento o mais puro estilo Figo en Can Barsa.
VOLVE A DIANTEIRA DE LUJO
O Carioca, recuperado do jripaso, volve en plenitude. O Kun, entre algodóns por un golpe no tobillo, fará o posible por estar no partido, e ata última hora apurará os exercicios de recuperación. Respira o míster.
Kun:
"A recuperación vai ben. Tomei duas aspirinas fervescentes e un supositorio de otolidón. Aparte fixen dúas placas...e un tellado. Teño que xojar como sea. Hai que gañar para desfacernos deles na loita polo ascenso"
Carioca:
"fai muito frío acá. En Coritiba eu tiña un clima millor. Mais estarei no partido jracias a Coldina"
6 comentarios:
a ver se ides collendo algo de forza que perdedes o tren de cabesa.
¿onde votades a gasolina? ¿parece que leva algo de auga, non?
apurandoooo
cuidado cos maifren boys veñen con aires de victoria xa estan empezando a coller a onda na liga asi ke deixadevos de caralladas menos jripaso e mais traballar CHURRITIPICHURRICHURRITIPICHURRI TRACATRA CABANA
Tranqui Maikel, ke volve a dupla atacante pa completar o TRIDENTE: KAKÁ-KUN-CARIOCA....imparables!!!...o mais grande espectáculo du mundo. Ajuantade arriba ke ahí imos nos!!!!!!!!!!!
xa vin o kun esta semana a placa ke lle fixeron na morenoclinica parece ke salio ben esperemos lojo ke volva o futibol e os bos resultados a esa herba de mentira saludiños
era eu o de antes os aparellos estes as veces tolean bueno o dito saudos e a ganar
O Kun é un dos únicos xogadores do noso team que pode facerse él mismo as "placas". É a ventaja que ten...
Publicar un comentario