miércoles, 3 de octubre de 2007

CORCUBIÓN.....ASÍ NON!!


Palmatoria o domingo ante o Corcubión 1-2 en A Pedra Queimada -Malpica-. Perdemos xojando, que se dí nestes casos, pero non pasa nada. Eso sí, queremos darlle un toquiño de atención o noso rival do domingo polo acontecido na segunda metade e que de seguido describo secuencialmente:
Fase 1: O BALONAZO NOS PELINDREQUES:
O "Gato da Trabe" Carliños, foi alcanzado por un disparo "a boca de jarro" dun dianteiro do Corcubión que lle acertou no mismísimo "sótano" o noso cancerbeiro, que quedou tendido no chan sen alento con evidentes mostras de ter a maquinaria afectada polo impacto do esférico. Ata ahí trátase simplemente dun "accidente laboral"...
Fase 2: A REACCIÓN DO RIVAL:
O rechace foi recollido por un xogador do Corcubión.....que parou o balón e disparou a portería marcando o segundo gol mentres o Gato da Trabe se retorcía no chan con evidentes mostras de temer pola integridade dos seus baixos.
Señores, isto é unha liga de VETERANOS, onde debe reinar o FEIRPLAI ese que tanto se di. O autor do gol pediu disculpas o final do partido, é certo.....pero claro, a nós veunos a mente unha situación IDÉNTICA vivida fai dous anos nas Redondas, na que o noso porteiro por aquel entonces ALEKHAN quedou tendido no chan por unha grave rotura muscular, momento no que un dianteiro do CORCUBIÓNASÍNON marcou tamén o que naquel día foi o gol da victoria dun decisivo partido de copa. En fin, non digo nada máis, ahí quedan os feitos. En partidos bastantes mais importantes de competición oficiais europeas, xa vimos situacións deste tipo bastante mais exemplares que esta. Espero que nun futuro rectifiquen esta actitude.
Noraboa pola victoria e os tres puntos.
ULTIMO PARTE MÉDICO DO GATO DA TRABE
Polo demais, informarvos do último parte médico do noso meta: Os seus pelindreques encóntranse estables, colgados no seu sitio, recuperados do susto, e listos pa seguir coa súa actividade normal..... Hai porteiro pa rato.

2 comentarios:

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Ánimo para o Gato da Trabe que tan bos cafés (con leite) nos pon, e que siga poñendo por moitos anos, ainda que o leite llo pidamos con sorrisos. Polo tema da deportividade, o tempo pon a cada un donde se merece e o Corcubión (non todos gracias a Deus) non é precisamente o paradigma da deportividade.

QuitoPonteceso dijo...

O que hai que ir pensando é nunha "juevera" e non precisamente desas que venden no "cadena100" con pintas de jaliña, senón desas que usan os porteiros de balonmán.

Pa escarallarse ...