lunes, 24 de septiembre de 2007

Jogo bonito, futebol de kilates.....e empate a cero

Empate 0-0- en Paiosaco ante o Bergan, despois de darlle un soberano
repaso os carballeses. Asedio constante sobre a meta de Tasende -o mellor deles- e o final pouco premio, en parte "gracias" a labor do trencilla, que non viu dous penaltis clariños...pero bueno....facía moito sol e xa se sabe. Pasámolo ben, que é do que se trata, e chejamos tarde xantar a casa, coma sempre.
Unha petición a organización: cando coincidan dous partidos no mesmo estadio, os primeiros que empecen as 10:oo, e non as 10:30..... digo polo ben da convivencia matrimonial dos que despois teñen que empezar as 12:15.....e chegar as tres a casa (non imos perdona-lo vermú, claro).
Pois eso, sejimos na pomada e o domingo listos para recibir a un coco: o Corcubión. Será outra vez no exilio, porque o noso estadio sije en obras. Pronto teredes fotos da nova cara do "As Redondas Arena"....un campazo.
E diredes vos: que carallo pinta esta foto encabezando esta noticia. Pois aljo ten que ver: o domingo estrenamos uniforme de calle. Un conxunto moi de cara o inverno composto de calzón de felpa, camiseta "farda-biceps",zapatillas de cuadros e boina nejra con forro. Como non podía ser de outra forma, escolleuse a Carioca como modelo pa presentación...a percha é a percha.

6 comentarios:

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Tamén nos unimos ós blogoteros da costa:
veteranosponteceso.blogspot.com

Administrador dijo...

Moi juapo si señor

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Bueno, parece o "Chelsea" de Carballo xa o frenaron, Noraboa polo resultado acadado, así que nade se escape as primeiras de cambio.

Unknown dijo...

A/A: Sr. Manager modelo Carioca.

Urxe modelo para pasarela de Milán, para desfilar cóbado con cóbado con Naomi Campbell.
Envíe book de fotos para ver se dá o perfil.

iceberg981 dijo...

Que dirán os rapaces do pai cando sexan grandes ...

Pringá dijo...

Estes de Cabana van na fura de diante... e con eses tipazos como non van ser referente na liga? Quen dixo Beckam? Ese non ten nin idea de moda nin de nada de nada! Este sí é un fashion victim... Marcará tendencia, si señor...