Pois o torneo este ano marchou cara a Coruña, noraboa o Sporting Ciudad e noraboa a todos pola exquisita deportividade de todo o mundo. Noraboa tamén a organización. O churrasco estaba d.p.m.
O torneo deixa varias imaxes:
O señor colegiado tivo un par de falliños, pequenos, e normais a estas alturas da tempada......¿ou serían eses vermús entre partido e partido?
Claro, que os xogadores tampouco anduvemos moi finos.....e os quintos tamén tuveron algo que ver. Eu propoño xa pro ano que ven que se instaure o trofeo "Quinto de Estrella" o xogador que mais se "hidrate" durante o torneo. O "Gato da Trabe" ten moitas papeletas pra janalo.
Outra conclusión: Con estes tipazos.......¿a onde carallo queremos ir?
O look do "personal de servicio" impagable. Por certo, noraboa a Casti "O Xefe de barra" e o seu equipo de sala pola atención prestada durante todo o día. Un profesioná, si señor.
Caralladas aparte, noraboa a organización e a seguir traballando, que nós volvemos pro ano que ben. E sobre todo unha mención especial para o noso EX-PUPILO SUÁREZ, que de ser Central Titular dos Jalácticos pasou a recoller balóns no torneo da amistade. Manda carallo!!! .......en 3 anos en Cabana ainda non foi buscar o primeiro balón o monte. Facíache falta un pouco de brasa. Jajaja
No hay comentarios:
Publicar un comentario