O Sábado empezamos a gira por Ponteceso, que acabará o domingo que ven coa conquista do Torneo A Amizade. Claro, que se atendemos o resultado conseguido, non podemos ser optimistas. 5-1 e quentiños pa casa. Pero o derbi do sábado deixa varios frentes de análisis: Ei vamos:
1.- "Alfaro" Suárez confirmou pola mañan en Radio Marca a súa fuga o eterno rival, e ademais debutou enfrontándose a nós, sen ter recibido o transfer. Pa colmo tivo que marcar o noso Presi "Jenaronie" e éste non tuvo piedade e cascoulle un joliño. Pois eso, señor Alfaro: 1-0........e Carioca quentando xa pa cando toque derbi. Jejeje
2.- No Cabana faltaba a dupla letal Kun Emilio & Rafinha Carioca....por tanto, non hai de que preocuparse....a dinamita está ben gardada pa cando faga falta.
3.- O que se viu pola banda esquerda a toda mecha non era o AVE....era a "Bala de Borneiro", o novo fichaxe PERFECTO, que o fixo...pois eso PERFECTO.
4.- Rato e Alex confirmaron coa sua ausencia que teñen decidido marchar e que están dispostos a sufrir nas súas carnes o acoso da temible dupla atacante jalática en futuros enfrontamentos. Parece que o Dep. Carballo negocia a súa incorporación.
Total, que o sábado tratábase de adaptarse o terreo de xogo, recuperarse do jet-lag de cruzar o río e irse preparando po "teresa herrera" veraniego que se celebra o vindeiro domingo.
ALI NOS VEREMOS. SORTE A TODOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario