miércoles, 29 de agosto de 2007

Cabana-San Lorenzo. Debutamos o domingo....ay mi má

O domingo, no Pinguel de Ponteceso (que manda collóns, eso é coma se o Madrí lle pedise prestado o Noucán os culés -graciñas Ponteceso-) recibimos O San Lorenzo de Verdillo no seu debut nesta liga de Veteranos.....Espero que veñan calmadiños que andamos escasos ainda.
Será as 12.00 horas, despois do Ponteceso-Baio.
Non busquedes que xa non quedan entradas, e por favor vinde amodiño, evitando aglomeracións, que pode haber unha desjracia.
Saludos

Torneo da Amistade 07: cajámola un pouco....pero pasámolo moi ben

Pois o torneo este ano marchou cara a Coruña, noraboa o Sporting Ciudad e noraboa a todos pola exquisita deportividade de todo o mundo. Noraboa tamén a organización. O churrasco estaba d.p.m.
O torneo deixa varias imaxes:

O señor colegiado tivo un par de falliños, pequenos, e normais a estas alturas da tempada......¿ou serían eses vermús entre partido e partido?




Claro, que os xogadores tampouco anduvemos moi finos.....e os quintos tamén tuveron algo que ver. Eu propoño xa pro ano que ven que se instaure o trofeo "Quinto de Estrella" o xogador que mais se "hidrate" durante o torneo. O "Gato da Trabe" ten moitas papeletas pra janalo.






Outra conclusión: Con estes tipazos.......¿a onde carallo queremos ir?








O look do "personal de servicio" impagable. Por certo, noraboa a Casti "O Xefe de barra" e o seu equipo de sala pola atención prestada durante todo o día. Un profesioná, si señor.










Caralladas aparte, noraboa a organización e a seguir traballando, que nós volvemos pro ano que ben. E sobre todo unha mención especial para o noso EX-PUPILO SUÁREZ, que de ser Central Titular dos Jalácticos pasou a recoller balóns no torneo da amistade. Manda carallo!!! .......en 3 anos en Cabana ainda non foi buscar o primeiro balón o monte. Facíache falta un pouco de brasa. Jajaja











lunes, 20 de agosto de 2007

SEGUIMOS TENTANDO RENOVAR A ALEX


Hoxe cazamos o noso delegado Allo botándolle uns hoyos con Alex. Chegou o campo de Regenco´s Green no seu flamante vehículo.
É unha estratexia mais da nosa directiva para tratar de facer desistir o central da súa intención de cambiar de aires. A última oferta do Dep. Carballo foi rechazada, e Allo segue tratando de renova-lo contrato de Alexos. Numerosos equipos agardan o desenlace das negociacións. O xogador non xogou o sábado en Ponteceso como medida de presión, e non se descarta que o propio presidente tome cartas no asunto. Hai culebrón a vista.

O KAKÁ, CAZADO IN FRAJANTI

Saltou a bomba informativa. Rómpese a disciplina do grupo. O noso mediapunta, o Kaká das Redondas, o auténtico "arquitecto" do noso xogo atacante, foi cazado neste estado nunha coñecida romería, mentres o equipo permanecía concentrado de cara a esta nova tempada. A directiva xa lle acaba de abrir expediente disciplinario. O protagonista só pudo declarar: "Meu santo San Fins do Castro, non me puden ajuantar, empezei botando por forá, e o final tuveno que trajar". Haberá dura sanción. Sejiremos informando.

COMUNICADO OFICIAL


O Cabana Veteranos desminte oficialmente que o encontro entre o noso Presi Jenaronie e Florentino Pérez teña nada que ver coa entrada do ex-presidente madridista no accionariado da entidade. Tratábase de unha reunión informal por cortesía do noso presi con Floren, que anda estes días co seu yate Pitina II pola Urixeira e arredores.

COMENZA A GIRA POR PONTECESO



O Sábado empezamos a gira por Ponteceso, que acabará o domingo que ven coa conquista do Torneo A Amizade. Claro, que se atendemos o resultado conseguido, non podemos ser optimistas. 5-1 e quentiños pa casa. Pero o derbi do sábado deixa varios frentes de análisis: Ei vamos:


1.- "Alfaro" Suárez confirmou pola mañan en Radio Marca a súa fuga o eterno rival, e ademais debutou enfrontándose a nós, sen ter recibido o transfer. Pa colmo tivo que marcar o noso Presi "Jenaronie" e éste non tuvo piedade e cascoulle un joliño. Pois eso, señor Alfaro: 1-0........e Carioca quentando xa pa cando toque derbi. Jejeje

2.- No Cabana faltaba a dupla letal Kun Emilio & Rafinha Carioca....por tanto, non hai de que preocuparse....a dinamita está ben gardada pa cando faga falta.

3.- O que se viu pola banda esquerda a toda mecha non era o AVE....era a "Bala de Borneiro", o novo fichaxe PERFECTO, que o fixo...pois eso PERFECTO.

4.- Rato e Alex confirmaron coa sua ausencia que teñen decidido marchar e que están dispostos a sufrir nas súas carnes o acoso da temible dupla atacante jalática en futuros enfrontamentos. Parece que o Dep. Carballo negocia a súa incorporación.

Total, que o sábado tratábase de adaptarse o terreo de xogo, recuperarse do jet-lag de cruzar o río e irse preparando po "teresa herrera" veraniego que se celebra o vindeiro domingo.

ALI NOS VEREMOS. SORTE A TODOS.

sábado, 18 de agosto de 2007

Uy,uy,uy....que xa estamos

Uyuyuy que xa estamos. Os últimos rumores chejados a esta redacción dixital falan dun posible fichaje da FAbada mecánica, polo vello método do "ven pa ki ke tas mellor", dun dos jaláticos principales do noso equipaso. Outro que cruza o Anllóns. A maquinaria ponse en marcha, sejiremos informando do acontecido. O primeiro MarcabanaDixital bota a andar con urxencia.
Lástima que na primeira parte da lija prevista pa este ano non haberá derbi.....

Vamos lojo nos tamén. Nace o MARCABANADIXITAL

Bueno, pois atendendo a invitación de Pontenmarcha.com, nos tamén nos adentramos no mundo jüeb e poñemos en marcha o noso blog. Este vai ser unha prolongación daquel Marcabana co que tanto nos temos escarallado de risa. Con humor, ironía, sen ánimo de ofender a nadie. SORTE A TODOS NA NOVA TEMPADA E UN CONSELLO: PASALO BEN.......que pa títulos xa non tamos