Saltou a noticia nas Redondas. O 7 e o 10, dous míticos do Cabaninter abandonan o equipo. A negociación do futuro de ambos xogadores levóuse en estricto secreto....hasta que o Carioca armou outra das súas conocidas festas. A directiva anunciou hoxe mesmo os finiquitos dos seus particulares Guti e Raúl, que non disputarán nin un solo minuto máis coa camisola neroazzurri do Cabaninter.
O CARIOCA, "a maior equivocaÇao na historia da importaÇao de futebolistas do brasil" xa é historia. A traxectoria do Carioca no equipe dirixido por Carlo Allolotti ten mais sombras que luces. O presunto goleador en realidade era unha bomba nun vestuario propenso os festejos e parrandas. Alloloti fixo unha breve declaración: "É un contratempo grave, pero había que tomar medidas. Fai falta aire fresco no vestuario"
A INTRAHISTORIA. FESTÓN O 4S NUN LOCAL DE MODA CABANÉS
As ultimas dúas semanas foron moi tensas en Can Urixeira desde que o clube tuvo coñecemento do festón que armaron os xogadores nun local de moda cabanés na víspera do triangular amistoso do 5 de setembro.
O verdadeiro detonante da salida dos dous futebolistas está nestas fotos. En plena pretemporada, o Carioca promoviu unha nova parrandada. Alcohol, drojas e mulleres, unha nova bacanal que engrosaba a súa interminable lista de cacherías. Mais xogadores do Cabaninter estuveron presentes, pero o clube ten claro que o astro brasileiro e o capitán do equipo foron os artífices desta nova andanada. Ningún deles ademais se presentou o día seguinte nas Redondas, o que fixo saltar as alarmas do clube que dirixe Genarabramovicn. Ibrahiminovic, o Kun e Alekhan están expedientados, pero o 7 e o 10 a esta hora xa son historia do Cabaninter.Este medio pudo obter estas imaxes que falan por sí solas.
Os xogadores non quixeron facer declaracións. O representante de ambos xogadores, Gilberto Capelotas, declarou: "Están muito tristes. É unha noticia moi triste, mais non podemos faÇer nada. O mister nao comprende que o futebolista brasileiro preÇisa divertimento para ser feliz.......tentaremos voltar o brasil, espaÇo natural do Carioca"
O PRESIDENTE DO CORINTHIANS, DE PESCA EN RIO REVOLTO
Andrés Sánchez, presidente do Corinthians brasileiro soña con xuntar os dous "gordos", e esta é a ocasión de ouro: "A porta está aberta a estes dous futebolistas. O noso obxetivo era o Carioca, mais o Beckam tamben nos faÇeria felices". Esta mesma semana pode haber desenlace acerca do fichaje dos dous xa ex-xogadores do Cabaninter.
En Brasil desatouse a locura coa noticia e mesmo Lulinha declarou "a volta do Carioca o Brasil faÇeriame moito feliz, fiquei moito emoÇionada...."
4 comentarios:
Iba sendo hora que se che vira o pelo que estaba esto moi mortooooo. E ahora que facerás as crónicas desde o brasil ou qué? jajajaja es criminal
Parece que a temporada empezou con lote de sorpresas. Sorte a todos e fair play.
Carioca, oin hoxe que a noticia esta ten algo de certo. Retiraste ou que?...non deixes o blog siquera oh, que neso non tes sustituto!!!
este blog e mais o de malpica e o mellor que lle pudo pasar a liga de veteranos. Non pareedeesss, please!!!
Retirada non oh, como dicía Valdano.."un paso al costado". Non hai tempo pa todo, estaba un pouco cansado de ter que madrugar o único día que teño pa durmir e estar coa familia. O blog non vai ter a misma actividade que sempre, porque é difícil non estando dentro do equipe, pero sempre que poda seguilos e "surja algunha noticia" non dudedes que se teño tempo sacarei a paseo o dedo índice. É un gran divertimento pa min, unha boa maneira de relajar o coco.
Graciñas polo voso interés no blog, cando empezei a facelo aló polo vran do 2007, non me imaxinei que fose haber tanto interés por él. Espero que servise para o que realmente se fixo: rir un cacho.
Ah!..e gracias tamén os anónimos, folloneros e tocapelotas en xeral; unha boa pelicula tamén precisa de personaxes malos, e algún deles bordou o papel. Ánimo os compañeiros dos outros blogs para seguir e pasar dos aguafestas, sobre todo os compañeiros da Fabada Mecánica, que moito teñen que aguantar ultimamente no blog. Se esto non se entende como un divertimento mal vamos.
Publicar un comentario