Por fin se pudo ver o Cabaninter impoñerse nun partido con autoridade. Tiña que ser o día que máis falta facía, e así foi. A pesar de continuar con moitas baixas, o control do partido foi absoluto, cada un no seu sitiño, concentrados e dándoo todo para ganar a un rival duro, que peleou ata o final. Dende logo os rivais no descenso non lle poden reprochar nada o San Románchester, que o dou todo e ata arriscou con homes tocados que forzaron para intentar arrumbarnos a segunda. Aínda que non nos gustara moito é de recoñecer que eso tamén é xogo limpo, polo menos de cara o resto dos equipos da liga. Habería maletín?...bueno eso xa o investigaremos.
1-0 Penambucano
Foi nunha xogada de libro. O centro púxoo o Kun e rematóuno de primeiras Juninho que entraba coma un raio no segundo pau.
O descanso chegouse co 1-0 e con varias ocasións falladas por ambos equipos. Esta vez o Jato estivo do máis fiable e desbaratou un par de boas ocasións dos visitantes.
2-0 Carioca
Na segunda parte estivemos volcados en busca do segundo, que puido chegar nun contraataque de tiralíneas que desbaratou o porteiro visitante a remate do Kun. O San Román non parou de intentalo tamén pero Alekhan -que volvía da súa convalecencia- resolveu sen problemas.
A falta de 15 minutos, o Carioca sustituiu o Kun -lesionado, outro máis pra enfermería, xa é mala sorte a nosa- e puido marcar o gol da tranquilidade aproveitando un dos escasos erros da defensa visitante. (Kun, vas perder a apuesta, viches que definición.....)
CELEBRACIÓN A MEDIAS
O certo é que a celebración foi mais por alivio que por ganas de celebrar. Este equipo non pensou nunca en andar esquivando o descenso a estas alturas. Fixemos unha segunda volta lamentable, e haberá que mirar onde estaban os fallos, recuperar lesionados e facer unha copa decente.
O DOMINGO ACABA A LIGA
O domingo visitamos o Canceslautern nun partido no que trataremos de disfrutar tranquilamente por primeira vez fai tempo. Despois faceremos un picoteo pra despedir a liga, que a eso sí que lle pegamos de medo.
17 comentarios:
hai,hai...que ben vos iría si xogarades sempre asi. Por certo, a carioca non lle cambian o disfraz nin en brasil! Sigue asi, un saudo.
Carallo carioca, tas enrachado. Como sodes os brasileiros en epoca carnavalesca jajajaja
saludos, noraboa pola salvación.
Noraboa pola victoria.....é tamén, por qué non dicilo, por quitarnos outro peso de enriba, xa que nas catro últimas xornadas tivemos que enfrontarnos a equipos que se xogaban o descenso. Así que o domingo que estea bo tempo e a disfrutar, bueno nos vamos a ver se xuntamos os 11 por Isidrizar fíxonos unha desfeita o sábado con tres expulsados..Teremos que xogar os case xubilados, así que a disfrutar todos. Noraboa novamente.
noraboa pola salvancion , non sei o que pasou pero tiñades equipo pra loitar polo titulo , un saudo dende nanton
Pasou sabe dios qué, pero o certo é que na segunda volta houbo baixas importantes entre lesións e outras ausencias. Empezamos con 24 e acabamos nalgún partido indo 11. Eso e máis que a veces hai que darse conta de hai que correr un pouquiño mais e berrar un pouquiño menos pra poder ganar. En fin, o caso é non levar un golpiño e o domingo que os pinchos sean abundantes.jeje
Saludos, noraboa a vos outra vez polo campeonato.
Ay ahora falaches. Perdona que me meta onde non me chaman e tomádeo coma unha crítica constructiva: Perdédesvos algo berrando, incluso entre vós. Realmente co plantel que tendes, se vos dedicades única e exclusivamente a xogar, poderíades ser casi imparables, hai xente ahí de moita calidade, non a desperdiciedes mais que é unha pena. Vin un cacho bo do voso partido co S.Román, e está claro, con toda a xente importante que vos faltaba e todo xogaches de puta madre, pero foi porque vos dedicaches solo a eso, a xogar.
Noraboa pola salvación e sorte pra copa....ah!, e con ese Carioca en estado de gracia non ten falta de volver o crack ibraiminovi, ou como carallo se dí. jajaja saludos.
Nada que dicir. Non vas mal. O primeiro que preciso un esparadrapo son eu. E a Ibrahiminovic deixao vir, que fai boa falta.
Imosche facer caso e imos xojar a Copa con esparadrapo na boca. Será novedá mundial no futebol. Se funciona imolo trasladar o tute. ¡carallo! xa teño arjumento pra proxima exclusiva. jajaja
Duas verdades coma templos.Ten razon en todo ou cas,"o do outro lado",e tamen ti,Carioca,se calades tedes un plantel dos mellores,e poderiades loitar por algo mais interesante que non descender.Perdedes os partidos polo voso comportamento,tanto co contrario coma entre vos mismos,solo espero que desto aprendades,a ver se sirve pa outros tamen.Noraboa pola salvacion,e po ano que ven,dios dira.Agora a facer algo na Copa,ou non?Saudos
Nas Copas bordámola, xa cho dijo eu. jajajaja
O primeiro paso pa deixar o alcohol e recoñecer que bebes. Vas ben carioca, o carallo e conseguir cambiar a actitude a estes anos. Se o conseguides, a ver quen vos para. Saludos
Hai ohh, por aqui hai moito fan da
fabada....por certo, pos fans do cabaninter tamén haberá pinchos non? (tampouco somos tantos, seremos uns 300 ou 400)
eeee, estooooo, e queeeee, lprrfffff.....a Tiñosa é moi pequena e claaro, senon xa sabes queeee.......
Bom dia, aqui no Brasil, boa tarde, em Espanha.
Só quero mandar um grande abraço de umha seguidora do Carioca memória é que se você tem de concordar comigo.
Beijos
Luliiinhaa! mi madriña do Carme, qué alegría!! Mandarás un retratinho pra coñeÇerte mullée. E de paso unhas botellinhas de Cachazinha pra faÇer unhas caipirinhas.
Uuuuy, carioca, e seique deixaches rastro no brasil. Jajajaja o deste blog e insuperable, enhorabuena!!!!!
Pero este conto vai en serio? Realmente tes unha fan no brasil?, cajondioliña!!!
Pois eu xa non sei meu. Vaiseme o conto das mans. O certo é que hai unha visita as 1:51 desde unha dirección IP de Brasil. O que non se xa e se é Lula da Silva, Ronaldo, Carmen de Mairena ou un hacker desde xornes. Pfff. Vou ter que abandonar todo e viaxar a Curitiba en busca da verdá. jajajajaja
Por certo, vaia sorteiño nos tocou. Ainda tou reflexionando pra informar do bombazo
Publicar un comentario