martes, 25 de noviembre de 2008

O LIDER ESCAPOU VIVO

0-0 POUCO PREMIO
Empate a ceros en Paiosaco ante un S.Romanchester United que apenas fixo mais que defenderse das embestidas. Nin OJato, nin Alekhan tiveron apenas que intervir.
Controlamos ben o partido e tivemos as nosas ocasións -sobre todo dúas de Ibrahiminovic-, pero nesa "ajra" de Paiosaco custa moito chegar arriba.... e o carallo é que despois hai que volver.
IMBATIDOS, POR FIN
A lectura positiva é que por fin mantuvemos a portería a cero, en parte gracias a volta do capitán Allovich, inconmensurable nos torpedos aéreos que lle chegaban a Sebastistuta.
Estes días xa vedes que non me explayo moito. É o que ten non ter dedicación exclusiva. A ver se temos tempo mais pra diante pra desempolvar o fotoxop, que aínda temos unha debeda coa Marajota Mecánica.
O DOMINGO CABANINTER-CANCESLAUTERN....E DESPOIS ENCHEROLA!!
O domingo, despois do partido co Canceslautern, cocido na Pontella coas familias pra facer balance da primeira volta e coller forzas pro tramo final. Haberá reportaxe gráfico, por suposto....ata onde se poda ver, claro.

martes, 18 de noviembre de 2008

CABANINTER 1 - BERGANCHESTER CITY 1

EMPATE A TODO
Bonito partido o que se puido ver o pasado domingo nas Redondas. Por fin empezamos un partido ganando con 1-0 de Carioca -coidao que vou enrachado!!-. Foi nunha primeira parte na que fomos donos absolutos do partido, dispoñendo de varias ocasións claras, sobre todo dous paradóns de Tasende, un a bocajarro o Carioca -aviso, a "operación pichichi ta en marcha!!"e outra nun disparo cruzado lonxano de Zizou, que se entra aínda o estábamos celebramos agora.

REACCIÓN VISITANTE
Pero na segunda o Berganchester City empatóunos a todo. Porque xogou o futebol un bo cacho e ademais de marcar o gol tamén dispuxo de numerosas ocasións que desbaratou o Jato -inconmensurable esta vez-. Solo no tramo final recuperamos o balón e as ocasións no xa famoso "arreón final das Redondas" con catro dianteiros no campo e solo dous atrás, que esta vez non valeu de nada.

Foi un partido disputado, no que se xogou e deixouse xogar, futebol de toque na herba de mentira da Urixeira. Seguimos ahí, inda que a 5 puntos da cabeza, o que nos obriga a ganar o domingo o San Romanchester United a docimilio se queremos seguir na pomada. Ollo tamén o partidazo das Fontiñas entre os Ponys e a Fabada -2º e 3º respectivamente- A próxima xornada promete ser de infarto. Que sea sin lío.


A DIETA DO PLÁTANO. PRIMEIRO EQUIPO DA LIGA EN CONTAR CON "ENDOCRINO"

Bueno, pois como non hai partido no que non arjallemos aljo, pois esta vez foi o noso "endocrino" J.Luis o que nos sorprendiu coa nova dieta a base de zumiños e plátano.
O carallo é que bromas sí pero na sejunda parte non podíamos cos collóns porque aljún non entendiu que non eran pra comer todos...e claro. Aljún xa pedía o "petisuis" despois do plátano.






O galeno, seguindo os "consellos" da directiva, xa prometiu que poñerá en marcha proximamente a "dieta da costilla", asi que, si vindes xogar por aquí e vedes a parrilla na banda, non vos asustedes, non é un novo método pra quentar, é pra ir asando unhas tiriñas os que van pedindo o cambio.

Luisemburgo de acordo: "Desde que hai aljo de papar na banda non hai ningún que se cabree por salir, así que esto vaime aliviar os problemas de exceso de plantilla"

martes, 11 de noviembre de 2008

O CLUBE, EN DEFENSA DO KUN


ESTALA O "ESCÁNDALO DOS ARMARIOS"


Hoxe o blog da Marajota Mecánica destapou unhas extrañas conductas do Kun que non podemos pasar por alto. A directiva informou hoxe nun comunicado que respalda totalmente o xogador e ofrece o seu apoio para superar tan duros momentos.
O mesmo tempo, o director ejecutivo Peter Recareyton ordenou poñer toda a maquinaria mediática para contrarrestar a información publicada. E claro.....faltou tempo pra poñerse en marcha.....






DESCUBRIMOS A "TONONA BLUE FANECA"
Este medio faise eco aquí da situación que fixo o Kun acabar nesa situación. Foi a influencia do seu cuñado Tonona Blue Faneca, famosa Drag Queen de Malpica´s Port o que fixo que o noso querido compañeiro Kun acabase así.
Aquí sacamos a luz pública hoxe as comprometedoras imaxes do pasado mais recente de Tonona Blue Faneca, que durante anos arrasou nos cabarets da Costa Bergantiñana.

lunes, 10 de noviembre de 2008

4-4 PA HABERNOS MATAO!!

Outro partido de locos nas Redondas. Vai haber que subir o precio das entradas porque vir a Urixeira estase convertindo en todo un espectáculo. Comenzamos perdendo coma sempre 0-1. O empate do Carioca antes do descanso dounos vidilla de novo, pero na segunda volvemos as mismas. 1-3 casi sin darnos cuenta, incluido un penalti cometido por Alekhan -aínda viña cas lejañas cando chejou o campo-.

ZAFARRANCHO DE COMBATE III

Outra vez tocou "zafarrancho de combate" pra acabar con sólo dous defensas e toda a artillería no campo. 4-3 en 15 minutos con dous goles de Ibrahiminovic -un de penalti- e o cuarto de Carioca -pa unha ves que marco dous casi non valen de nada-.


XERRO DE AUJIÑA BEN FRÍA

Celebrábamos a enésima remontada existosa cando no desconto, nun saque de córner mal defendido, caéunos o cuarto. Empate final nun partido trepidante, ben xogado por ambos bandos...e mal defendido por ambos bandos tamén. A ver cando é o día que ganamos un partido sin tar pendientes do desfibrilador.

SEGUIMOS DISFRUTANDO...E NA POMADA
Seguimos arriba, a tres puntos do lider, ainda que os de arriba ganaron todos excepto o Berganchester City, que foi goleado sorprendentemente polo Camariñaston Villa en Carballo (2-5). O domingo os carballeses chegan As Redondas coa obriga de ganar pra non descolgarse....¿cantos goles haberá o domingo?....eso non se sabe.
Un dato: Somos o segundo equipo mais goleador con 21 goles (3 por partido), ....pero levamos ¡19 goles en contra en 8 partidos!....solo superados por Corcubión e Canceslautern......pfffff......se nos colle Capello córrenos a patadas hasta Turín..

lunes, 3 de noviembre de 2008

TRABALLIÑO NOS COSTOU !

Traballada victoria en Camariñas por 2-3, que nos vale pra aproveitar o tropezo do Bergantiños e da Fabada Mecánica e adiantar na clasificación dous postos. Xa estamos terceiros a 1 puntiño dos dous líderes e a puntiño pra afrontar os tres portos de montaña que veñen agora.

OUTRA VEZ EMPEZAMOS O REVÉS....coma o calzón de Toninho

Foi o Camariñaston Villa quen se adiantou no marcador o pouco de empezar o partido. Empatou Ibrahiminovic cun excelente remate, e despois veu o pequeno "show". Rama Rama expulsou a Vicente xustamente -o xogador mesmo reconociu que "se lle fora a cabesa" insultando o colexiado-. Despois o ex-entrenador dos locais e un aficionado que había por alí increparon o colexiado dentro do terreo de xogo, o que fixo que se suspendera uns minutos o partido.

De volta o campo o Kun puxo o 1-2 no marcador, co que fomos o descanso.


Segunda parte de dominio local
Na segunda Pelittbarski marcou o terceiro nun contraataque no que resolveu man a man co porteiro e a partir de ahí estivemos a merced dun Camariñas que con 10 logrou marcar o 2-3 faltando dez minutos e achuchou o mais puro estilo Atlhetic de Bilbao na búsqueda do empate. Poidemos aguantar e celebramos unha victoria moi valiosa nun campo difícil.



Destacar que houbo absoluta deportividade entre os equipos. Lástima do pequeno incidente que houbo co colexiado que esperemos non lle custe moito o Camariñas. Sobre esto cabe destacar o sentido común de todos -excepto dos dous que se encararon co colexiado- e mesmo de Vicente que non tardou nin un segundo en pedir perdón.


O MISTER NON DA A BASTO
Este ano da gusto ver o noso banquillo calladiño de xente. Onte, coa friaxe que había, no campo que mais lonxe nos queda, non faltou nin o apuntador.
É a proba do ben que furrula o vestuario do Cabaninter. Qué fartas de rir....que dure!
AHORA VEN A COSTA ARRIBA
O domingo ven o Corcubión, despois visítanos o Bergantiños e de seguido visitamos San Román......ei ven a costa arriba...hai que apretar os dentes....