I DESAFÍO CHURRASCO
Fabada Mecánica - Cabaninter
Onte aproveitamos a asamblea para lanzar un desafío o noso eterno rival. Será o I DESAFÍO CHURRASCO, en principio o 7 ou 14 de setembro -estáse a negociar- en campo a decidir. Trátase dun derbi "amistoso" no que o trofeo en xogo será NON TER QUE ASAR E SERVIR, é dicir, o que perda asa e sirve o que gane, familias incluidas. É coma pasar por debaixo do futbolín cando perdes, todo vale por ver a foto do momento.
Os homes de Wanderley Luisemburgo contra os homes de Marco Van Basten, con chicha polo medio, ¿quen dá máis?. Distintos medios informativos xa se interesan arestora polo acontecemento e xa estamos enviando as primeiras acreditacións.
2 comentarios:
Se vou de comentarista?,invitaredes a comer non?
Pois ahora que o dis fai falta un que vaia encendendo o lume e facendo a posta a punto da parrilla......jeje
Publicar un comentario