Kuntundente....0-3
O Kun, coma o atleti dos seus amores, está que se sale e tamén quere ir a Champions Ligui
2 goles do Kun e 1 de "Pep Guardiola" J.Ramón dánnos a segunda plaza provisional. O Werder apalizou en Ponte do Porto o Vimianzenit por 5-1 e aúpase o liderato provisional -perdería o posto en caso de empate final polo gol average con nós-, co que dependerá de si mesmo para ascender e recibe o Coristanco, que nada se xoga salvo que o home do maletín visite a Rocheira esta semana.
O JATO DA TRABE...450 minutos imbatido....e sin renovar
A directiva sigue traballando duro para renovar o cancerbeiro, que xa suma 5 partidos sen recibir un gol. Unha complicada negociación con unha coñecida marca cerveceira galega -patrocinador persoal do meta- está a complicar a ampliación do contrato. O cancerbeiro non está disposto a aceptar a entrega da cerveza en latas e segue a pedir o botellín de tercio coma única forma de pago. Hay lío.
ÚLTIMA XORNADA DE INFARTO
O domingo, duelo fraticida nas Redondas ante o Vimianzenit. Unha victoria danos o campeonato e o ascenso. Un empate, o ascenso como primeiro ou segundo según o que faga o Werder. En caso de derrota necesitamos que o Coristanco gane os de Camariñas. Máis emoción non cabe. Pedimos os socios que non vaian asistir que nos cedan os carnés, xa que non quedan entradas para vender.
O Comité investiga o sucedido na Pedra Queimada
A operación KUÑAAAAOOO está en marcha. Investigase unha presunta entrega de diñeiro entre dous familiares políticos dun e outro equipo. Tamén se investiga a conexión V.A., e por qué un defensa local ex-cabanés rematou con tal contundencia en propia portería no que puido ser o gol da xornada en p.p. O cancerbeiro local evitou a polémica nunha estirada felina.
A investigación por parte do comité da liga ten paralizado calquer tipo de nova sobre o acontecido onte. Fálase dun espectacular TONGO, e hai moita xente implicada.....hai lío a vista. Sejiremos informando en canto chejen as probas do sucedido.
Champions.O Campeón e a outra praza de descenso decídense tamén na última xornada.
O Bertóa ganou o Baio (1-2) e aproveitou o tropezo do Zas en Corcubión (2-2) para situarse líder, con tan solo 1 punto de ventaxa sobre os de Zas.
O domingo BERTOA-CANCESLAUTERN e ZAS-BAIO. Neste último encontro, o Baio terá que defender tamén as súas posibilidades de permanencia, que dependerán tamén do que aconteza no Bergantiños-Corcubión. O Bergantiños ten dous puntos de ventaxa sobre os de Baio. O Ponteceso firmou onte o seu descenso matemático tras caer por 3-1 co Buño.