martes, 22 de abril de 2008

O JATO -hidráulico- DA TRABE


O noso jardamallas, desde que lle aplicamos a táctica da "lata de birra" está que se sale, e xa leva dous partidos coa portería a cero.

O sistema é fácil: cando chuta o rival, o noso capitán berra forte: "ei vai unha lata de birra ben fría!!!!!".....non vexas como se estira o Jato.
Na Rocheira foi clave con dúas paradas formidables co 0-0 no marcador. No tramo final do partido, o Flaco Collazo transformou dous penaltis cometidos sobre él mesmo o primeiro e sobre AlberTotti o segundo. Nos minutos da basura, Carioca aproveitou un erro do porteiro local para poñer o definitivo 0-3 no marcador da Rocheira
O ASCENSO PARECE COUSA DE TRES
Non pincharon os de arriba, e o ascenso sigue caro a falta de 4 xornadas. Camariñas ganou en Vista-Alegre o Club do Mar por 1-2 e manténse segundo a 1 punto do Vimianzo, que tampouco fallou no Pinguel na visita o Corme (1-3). Ollo as seguintes xornadas, nas que os tres primeiros nos imos enfrentar todos contra todos....vai ser criminal.
PINCHAZO DO FABADREAM TEAM
Na Champions, caeu o Fabadream Team en Zas, no que -según vemos na fabaweb- foi máis ben un partido de waterpolo. O Bértoa pinchou ante o farolillo rojo e pónlle a liga máis facil os de Zas. O Baio non soupo aproveitar o tropezo dos de Aimar...co, e sigue tamén no pozo. Parece que van saltar chispas por evitar o descenso, con hasta 5 equipos implicados no asunto. O clásico sigue sendo unha incógnita....

8 comentarios:

Aimar..co dijo...

Kero felicitar o "Jato da Trabe" que xa iva sendo hora se recoñecera as gañas ke lle pon.

En canto o ascenso dicirvos que os partidos entre os tres primeiros teñen que ser autenticas finais..
Sorte.

Anónimo dijo...

O Jato da Trabe é moi GRANDE -e non o digo pola altura, que tamén-. Un gran compañeiro, o primeiro en chejar e o último en marchar, se hai que arrimar o hombro alí ta él, se hai que asar churrasco, él fai o lume o primeiro. Nunca un mal xesto. É o exemplo do comportamento que se debe ter nun equipo de veteranos. O de tar máis o menos áxil, é o de menos a estas alturas.
Ah! e non coñecin a nadie xamais que en pleno inverno se presente no campo cunha camisetiña de tiras desayunando bocata de chorizo e quinto de birra.....eso é un home, un fenómeno!

QuitoPonteceso dijo...

Nas últimas verbas, ... claváchelo

jajaj.

Noraboa meus e que todo sexa sorriso ata final de tempada.

Anónimo dijo...

o Jato da Trabe era hora pero xa, de facerlle ese recoñecemento o seu traballo de gardaredes,que non me coma unha chispa que hay partidos que ten muito o seu merito de estar presente en un dia de cans. Ajora ben..decides que para latas..eu tamen dijo que para a "estrellas " por que de un partido que cadrou de verlle ..."miña naiña me cajo no mundo " como salia en busca da pelota...solo que unha ves non a colleo .....pero o defense e compaño de el ..e mais o atacante...jasusss como se esmendrellaron..el xa o di....sin hay k ir vaise ...pro ir pra na....como k non..saudiños Jato e sije asi muito tempo .

24 de abril de 2008 16:26

Anónimo dijo...

é o que se chama "salir a por todas/os" jeje

Anónimo dijo...

bueno,bueno, xa vale ehhh!....que vai subir a cotización do Jato e despois xa se sabe o que pasa. O último arqueiro que triunfou nas Redondas xa sabemos onde acabou....hai moito "cazatalentos" por ahí suelto

Anónimo dijo...

normal que os talentos elixan a outra beira do rio. Non vos despistedes que sw ofrecen como churros

Anónimo dijo...

...non será na búsqueda de títulos....mais ben de "pinguelazos"...que vaian, que vaian, que aquí sobra talento e detrás dun veñen outros..