lunes, 28 de abril de 2008

ck.....CARIOCA & KUN


Mais vale tarde que nunca....


A dupla atacante das Redondas chegou tarde o encontro -os do Sofasuna xa se frotaban as mans-. O clube amenazou co expediente a ambos xogadores, pero o mister impuxo o seu criterio e finalmente vestíronse e xogaron a segunda metade.......o resto xa se sabe:
1-0 de Carioca de espectacular volea, 2-0 do Kun aproveitando un pase do seu socio na dianteira e fusilando o cancerbeiro visitante a "boca de jarro". Xa o dicía Valdano sobre Romario: que veña cando queira.....pero que veña!!
OS DE ARRIBA GANAN E O CONTO SIGUE IGUAL
Outra xornada co Jato da Trabe imbatido...e outra xornada que gañan os de arriba. Emoción ata o final da liga, seguimos a 3 do Weder Camariñas e a 4 do Vimianzenit de San Petesburgo.
PELIGRA O CLÁSICO
O Fabadream Team caeu no Pinguel ante o Canceslautern -a mellora era un espexismo- e volve a postos de descenso gracias o empate do Baio ante Buño. A loita polo título ponse de novo o roxo vivo: Pinchazo do Zas en Bergantiños, que pode aproveitar o Bértoa no partido aplazado que ten que "acabar de disputar" co San Román (suspendido a falta de 40 minutos por FOLLÓN -mal asunto-).

6 comentarios:

Balares dijo...

Parece que pinta mal para a Fabada mecánica e que o ano que ven non imos ver o tan ansiado derbi.
Esperemos que na Copa podamos disfrutar dun derbi anque sexa vía cibernética
Saludos a todos

Anónimo dijo...

ai secadra ainda vemos o derbi.....en sejunda

Anónimo dijo...

Sejun a Radio Roncudo a proxima xornada xoja Camariñas - Cabanacity e o Vimianso xoja co Dp Carballo, asi que,amijos quedan tres xornadas ...ayyy mi mama esto esta que arde.... e polo k vexo o jato da trabe outra ves parando todo ...sije asi que o Cañete tamen xojou o domingo e por eso jañaron... animo jato e sije entrenando coas Estrellas.

Anónimo dijo...

Radio Roncudo ta mal informada: o domingo Malpica-Cabana e Vimianso-Camariñas.......vai haber bola quente...xa cho dijo eu

Anónimo dijo...

Carioca me cajo no mundo mundial.a proxima xornada e: Camariñas - Cabana en Vimianzo e Dp.carballo - Vimianzo,polo tanto me manteño no dito,sempre mediante informacion de Radio Macuto onda tres.
Asi que ponte as pilas e vai o campo te teñas que ir,por que ali te espera n Visentiño y company.atento os mil e pico a lija esta en xojo, asi que consentrasion,nada de fornicio e ....haber o que pasa.

Anónimo dijo...

tes razón carallo!! a pouco mais xa tiramos pa Malpica. Ahora teño que suspender a concentración en Barizo, anular hotel e todo o rollo e buscar alojamiento en vimianzo....a ver se nos deixan o Castillo. jeje