jueves, 28 de febrero de 2008

CABANA-MALPICA, un clásico

PARTIDAZO. 11:00 HORAS. AS REDONDAS. AVS (Audio Visual Secadra) ten os dereitos e negocia con TVUrixeira e La Xesta a retransmisión do partido.

A "Sardiña Mecánica" xa está en Neaño, concentrada para o trascendental partido do domingo nas Redondas. Unha victoria méteos na pomada. O Cabana necesita a victoria para seguir a estela dos líderes, que se enfrontan en Vimianso. Máxima tensión. A policía local tomará posicións para tratar de impedir o enfrontamento entre o Frente Urixeira e os membros de Curva Atalaya.

CHEGAN DOUS EX-CABANESES
Coa expedición Malpicana veñen dous coñecidos da torcida cabanesa. O mediocampista Toninho Maifrén e o todocampista Albertini, que mesmo ten un irmán no equipo da vila de Dombate. A expectación foi máxima no hotel onde se aloxan en Neaño para recoller as impresións dos dous xogadores.
"Vimos a janar, e se marco celebro e punto" -declarou Albertini- O Frente Urixeira está encendido co xogador, que terá un recebemento o mais puro estilo Figo en Can Barsa.


VOLVE A DIANTEIRA DE LUJO

O Carioca, recuperado do jripaso, volve en plenitude. O Kun, entre algodóns por un golpe no tobillo, fará o posible por estar no partido, e ata última hora apurará os exercicios de recuperación. Respira o míster.





Kun:
"A recuperación vai ben. Tomei duas aspirinas fervescentes e un supositorio de otolidón. Aparte fixen dúas placas...e un tellado. Teño que xojar como sea. Hai que gañar para desfacernos deles na loita polo ascenso"
Carioca:
"fai muito frío acá. En Coritiba eu tiña un clima millor. Mais estarei no partido jracias a Coldina"

REPETIMOS !!!

A APISONADORA DE CAMARIÑAS ESCAPOU VIVA DAS REDONDAS
Pois como nas Eiroas parece que non aprendemos...Repetimos!! Minuto 80, 2-0 ante o líder, lambendo xa as moas e....zas!! dous zarpazos do Werder Camariñas e empate 2-2.
Outra oportunidade de ouro que se escapa de acercarse o liderato. As baixas de Carioca e Kun na dianteira, a baixa forma do recén incorporado AlberTotti, e a falta de ritmo de "Hasselbaink Lilo" o o flaco Collazo que aínda se acaban de incorporar o equipo coma quen di, foron determinantes no tramo final do encontro onde fallaron un pouco as forzas.
CABANA-MALPICA. Domingo as 11:00 nas Redondas
O domingo ven a Sardiña Mecánica, que está recuperando o terreo perdido e xa os temos a rebufo a 4 puntos.
A ver se lle cortamos a racha e nos acercamos os dous primeiros, que se enfrontan nun duelo fraticida en Vimianso. ¡que perdan os dous!....e nos que janemos, claro.

viernes, 22 de febrero de 2008

CHEGAN OS VERDES !!!!!

O líder imbatido da liga, o WERDER CAMARIÑAS, chegará este domingo coa intención de "asaltar" As Redondas e dar un zarpazo definitivo ó ascenso. Luisao e compañia chegan por mar para desembarcar na Urixeira, e de ahí ata o estadio, escoltados por 1 juardia sivil retirado, para enfrontarse, as 12:00 da mañá o noso equipo, que xa prepara o partido concentrado no Monte-Blanco por decisión do mister tras o patinazo nas Eiroas.
CARIOCA, DUDA POR UN JRIPASO. O PARGA PRESIDIRÁ O PARTIDO
O Carioca é duda por un jripaso, pero o resto da artillería está lista coa volta do noso "Barreiros Diesel" no medio campo, O Beckam do Buzaco. Kaká, Roberto Dinamita e o Kun están listos por si Carioca finalmente non fai acto de presencia na herba de mentira das Redondas.
Aínda non podemos confirmalo, pero a estrela televisiva EL PARGA, é posible que presida o palco de autoridades, e xa anuncia concierto nas Redondas por vran.

PARTIDAZO. ALTO RISCO EN NEAÑO. NON VAI CABER UN ALFILER. COLLEDE O BÚS QUE VIR EN COCHE VAI TAR JODIDO.....XA CHO DIGO EU.

martes, 19 de febrero de 2008

CAGADÓN CAMPAL NAS EIROAS

VAIA BANDA !!!!
As Eiroas, minuto 75, 0-2 no marcador. Cachondeo e algarabia. 3 puntos na buchaca.......e como o FUTEBOL é así, pois eso, duas xogadas bobas e 2-2, 1 puntiño e graciñas. Hay que aprender. O domingo ven o Werder Camariñas, podíamos poñernos líderes, e agora teremos que gañar SI OU SI para non descolgarnos. Vaia banda.



Domingo, nas Redondas as 12:00. Partidazo ante o líder. Volve o Beckam do Buzaco a medular tras cumplir a sanción. Máxima tensión. Alto risco.
Xa podedes quitar as entradas en http://www.aqueacajamosoutraves.com/. Non pinchedes no enlace que é de coña.


O FUTBOL VETERANO COA SAETA RUBIA

Unha delegación da nosa liga estivo na homenaxe que se lle tributou o domingo a D.Alfredo Di Stéfano.


O noso ex-xogador Alex Stam estivo coa Saeta compartindo confidencias. "Alfrediño, alfrediño, vai po Cabana cando queiras que alí aínda xoja aljún que solo lle falta o bastón"

J.B. Modestoshack, presidente do Comité da Liga, dixo no seu discurso: "Di Stéfano, tranquilamente pudo xogar na nosa liga, tiña nivel para eso. Foi unha lástima que o Madrí no lo quitara naqueles tempos"
Tamén resaltou os valores do homenaxeado: "Alfredo encarna os valores da nosa liga: moita edad, pouca forma física, boa barriga,...."

lunes, 11 de febrero de 2008

VICTORIA Con 10.......e contra 12

VICTORIA SUFRIDA E MERECIDA. AÑÓN, ASÍ NON !

Nunha xogada na que tiñamos que beneficiarnos dun penalti e expulsión do porteiro visitante, acabamos con 10 polas protestas de Toninho Cerezo o Sr. colexiado. -alguén lle ten que explicar a este home que para pitar un partido de fútbol, polo menos hay que andar lixeiro, xa non digo correr. Desde 40 metros non se ven as xogadas e moito menos se poden tomar decisións. Birlóunos DOUS penaltis clarísimos-.
O caso é que con 10, e despois de empezar palmando 0-1, tocou poñerse o traxe de faena, remontar, e gañar con brillantez. Dous goles do Beckam do Buzaco, 1 de Kun Emilio, e 1 penalti executado con maestría por Allovich déronnos a victoria final.


NAS MANS DO BECKAM DO BUZACO

Este home anda en llamas. O presi vai ter que afloxar porque a grada das Redondas foi un clamor pedindo a renovación do noso"chico de oro". ¡qué dous golazos!. ¡qué combinación co KUN Emilio
no 2-1 !
Maxistral no medio do campo levando a manixa, e impresionante nos dous remates que tivo a porta. Van chover ofertas. Espabila presidente !!


viernes, 8 de febrero de 2008

EXCLUSIVA MUNDIAL. PRIMEIRAS DECLARACIÓNS DO CARIOCA EN ESPAÑA !!!

TEMOS AS DECLARACIÓN DO ASTRO DO FUTEBOL


Por fin temos a imaxe do Carioca falando para TV Urixeira. Foi nunhas breves palabras o programa "Estesterco non estende" do famoso presentador Esteban Quechutan. O Carioca expresouse brevemente acerca da súa situación en España e anuncia novas aparicicións no noso medio oficial.




O domingo as 12:00 nas Redondas recibimos o Dep. Carballo dos nosos dous ex Alex e Rato. Este último por certo, deixase ver moito polo blog da Fabada Mecánica....¿estarase cocendo o seu regreso a terra de Pondal?...sejiremos informando.


POR CERTO, DE PARTE DE TODOS OS MEMBROS DO CABANA VETERANOS:


¡ÁNIMO "JOHAN CRUYFF" MOURÍN!


VOLVEREMOS A TOPARNOS NO TERREO DE XOGO.

lunes, 4 de febrero de 2008

SEGUIMOS A ESTELA DO LIDER


O TRIDENTE SACÓUNOS DO "CHARCO"


3-1 en Berdillo nun difícil partido marcado polo mal estado do terreo de xogo, e por unha tromba de auga que "case nos molla".

O noso trío atacante Kaká-Kun-Carioca, repartiu un gol por cabeza para matar este complicado encontro. Por certo, que xa temos foto do Carioca, que por fin se deixou ver tras marcar o terceiro da mañán nun "espectacular" remate de cabeza
-menudo risco suspenderse así no aire co vendaval que había-.

A semana vai vir movidiña, porque o astro brasileiro anuncia a súa presencia nas cámaras de URIXEIRA T.V., onde repasará a actualidade do clube........non apajédelo pc....

viernes, 1 de febrero de 2008

SUSO "PICOTINHO", NOVO CHICO GILLETTE

SUBE A COTIZACIÓN DA NOSA IMAXE NO MUNDO

A multinacional de maquinillas de afeitar acaba de sustituir a todo un icono publicitario como é David Beckam, polo noso lateral dereito.
A súa fidelidade a marca -non a deixa nin para vir xogar- unido o seu tirón publicitario na costa fixo que Gillette non o pensase e se fixera cos dereitos de imaxe do xogador do Cabana.
O noso xogador máis veterano da un "giro" na súa carreira e pasa a ser o máis cotizado da plantilla.