sábado, 8 de diciembre de 2007

O CANCESLAUTERN.....UNHA APISONADORA NAS REDONDAS

Sigue o mal fario nas Redondas. 1-3 para o Canceslautern, sen paliativos. Un penalti señalado polo colexiado cerca do remate do encontro, con 1-1 no marcador, confirmou que ese campo de herba de mentira non ta feito pa nós. Hai que volver os terróns pero xa!!!!. Se o domingo non lle ganamos o Vimianso....daquela é mellor xogar na parada do bús coma cando íbamos a escola....

FUTEBOL......E COMPAÑERISMO
Eso sí, caralladas aparte, aproveitar para dar un tironciño de orellas a algúns dos nosos compañeiros polos feitos acontecidos o rematar o partido do domingo. Hai que ter sempre presente que esto é unha LIGA DE VETERANOS, si, si VE-TE-RA-NOS....e dicir: xente que xa non podemos cos jüevos e que imos o domingo matar o tempo dándolle unhas patadas o balón, e de paso aproveitamos pa salir da casa e tomar uns viños.
Se se pode ganar, mellor, pero a verdadeira victoria é tomar uns viñotes o acabar, facer un churrascote de vez en cando, e escarallarnos de risa cada partido coas Alladas, Genaradas, Cariocadas, etc...... Asi que, compañeiros en xeral, e algún en particular, toca reflexionar, enfríar as cabezas, un pouquiño de yoga....e disfrutar do FUTEBOL en compañía dos amigos, sen malos rollos. Polo ben do futbol veterano....e da convivencia entre nós.

2 comentarios:

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Antes de nada darvos as grazas porque ao final os nosos incondicionales poideron entrar no campo das Redondas, e ver o partido. Fecitarvos (iso sí, con algo de envexa, o noso é....vai por deus...o que hai) por ese CAMPAZO que tendes, no que sen lugar a dúbidas teredes moitas y boas tardes de futebol.
Estou completamente dacordo contigo. Este campionato e para divertirse (home tamén gusta gañar alghuna vez) pero sobre todo é para disfrutar dos poucos anos que nos quedan para poder correr detrás da pelota. O que o tome coma otra cousa creo que se debería "profesionalizar" noutro deporte. E en tódolos equipos (o noso o primeiro) existe xente que toma a cousa demasiado a peito. O que non fixemos de mozos, ahora que nos lastran os pelindreques, queremos facelo de vellos...Sentidiño...e a divertirse, eu polo menos vouno a facer así.
Un saúdo cordial

QuitoPonteceso dijo...

Estou seguro que ningún é o que era, e iso si que hai que reflexionalo.

Así que, que non pidan peras á mazanceira.