domingo, 28 de octubre de 2007

MEI DEI, MEI DEI !!!!!

AFUNDIMONOS SEN REMEDIO
Semana negra a que nos espera. Xa vexo os titulares da prensa deportiva da parte alta de Cabana. 6-0 en As Fontiñas. Os Ponys pasáronnos por encima...e nin siquera lle podemos botar as culpas o colexiado. Crisis absoluta nas Redondas. 8ª plaza na clasificación (eso en primeira división sería Intertoto, pero aquí solo somos 10). Xa empeza a planear a sombra de "un añito en el infierno"


O CLUBE TOMA MEDIDAS URXENTES

O Delegado do clube "Allovich" viaxou hoxe domingo urxentemente en busca de novos reforzos. Fálase xa de 1 porteiro, 4 defensas, 4 centrocampistas e 2 dianteiros......osea, un equipo novo, porque os que tamos andamos floxos.
Pillamos o directivo no aeroporto de Lavacolla onde se mostrou contundente: "Hai que reaccionar. Queda a segunda volta e o club non pode estar con este presupuesto en segunda. Quedan suspendidos todo tipo de actos festivos -churrascotes incluidos- ata novo aviso"
O domingo comenza a segunda volta. Viaxamos a Berdillo. Anúnciase concentración nos Baños Vellos de Carballo e sorpresas na lista de convocados.

jueves, 11 de octubre de 2007

REPORTAXE. SEGUIMOS A ALFARO CON MOTIVO DAS FESTAS DO COUTO

ALFARO FOI XOGAR EN PLENAS FESTAS DO COUTO !!!!!

Pois si señor. Estivemos pendientes do noso ex-pupilo "Alfaro" Suárez, que todolos anos, con motivo das festas do Couto, pillaba unhas prolongadas vacacións o mais puro estilo Romario no Carnaval de Río.
Ante todo pronóstico Alfaro presentóuse en Buño para participar na victoria da fabada mecánica 1-2. Noraboa, si señor. Este home está que se sale. Moita caña debe dar ese mister pontecesán!!

PROXIMO PARTIDO: CABANA - MALPICA.
Estrenamos o noso novo e flamante estadio.
O mediocampista cabanés Alberto, que compareceu hoxe en rolda de prensa para analizar o próximo choque ante o Malpica, aproveitou para defender o seu ex-compañeiro: "E bo chavaliño, a parranda jústanos a todos"
O partdio do Domingo será as 12:00 da maña. Aínda non se sabe se será televisado. AVS (Audio Visual Secadra) amenaza a La Xesta con cortar a señal en caso de que ésta última pretenda dalo partido en aberto.
O Cabana pide a todos os seguidores que acudan cedo.....que despois non hai onde aparcar.
Os radicales cabaneses do Frente Urixeira serán ubicados dende primeira hora na jrada de riba da Cantina para evitar enfrontamentos cos Sardiñas Adorecidas de Malpica que viaxan sen entradas.

domingo, 7 de octubre de 2007

INAUGURACIÓN DO NOVO "AS REDONDAS ARENA"

TOURIÑO OFICIALIZOU O ACTO.

O presidente Touriño estuvo en Neaño en visita fugaz para a estrea do novo As Redondas, un espectacular recinto de herba de mentira no que disputaremos os nosos vindeiros encontros. Foi informado do resultado da proba da cabra que se fixo para comprobar o estado do campo. Efectivamente a cabra aínda anda estresada, o que demostra que esa herba non se move do sitio.



Primeiro foi recibido na sede do clube para firmar a entrega das novas instalacións.



De seguido pronunciou un discurso amenizado coa actuación dos Mariachis locales.


O domingo estrenamos campo ante o Malpica. Informamos que xa están a venta as entradas para a Jrada de Hormijón Norte e a Barandilla de ferro jalvanizado Sur.



Despois da visita do Alcalde de Cabana de Bergantiños as instalacións, xogouse un derbi amistoso,coa participación do propio RonaldMuiño Gaucho nas filas do Nantón que finalizou con un MACRO-CHURRASCOTE........ ¡qué maneira de rilar esta xente!....e de achicar quintos.



AY AY AY..........IMOS DE CÚ

A semana de celebracións pola inauguración do novo As Redondas Arena parece que nos sentou mal. Aterrizaje forzoso en Vimianzo. 3-1 e pa casa quentiños. Haberá que ir espabilando se non queremos pasar "un añito en el infierno".

miércoles, 3 de octubre de 2007

CORCUBIÓN.....ASÍ NON!!


Palmatoria o domingo ante o Corcubión 1-2 en A Pedra Queimada -Malpica-. Perdemos xojando, que se dí nestes casos, pero non pasa nada. Eso sí, queremos darlle un toquiño de atención o noso rival do domingo polo acontecido na segunda metade e que de seguido describo secuencialmente:
Fase 1: O BALONAZO NOS PELINDREQUES:
O "Gato da Trabe" Carliños, foi alcanzado por un disparo "a boca de jarro" dun dianteiro do Corcubión que lle acertou no mismísimo "sótano" o noso cancerbeiro, que quedou tendido no chan sen alento con evidentes mostras de ter a maquinaria afectada polo impacto do esférico. Ata ahí trátase simplemente dun "accidente laboral"...
Fase 2: A REACCIÓN DO RIVAL:
O rechace foi recollido por un xogador do Corcubión.....que parou o balón e disparou a portería marcando o segundo gol mentres o Gato da Trabe se retorcía no chan con evidentes mostras de temer pola integridade dos seus baixos.
Señores, isto é unha liga de VETERANOS, onde debe reinar o FEIRPLAI ese que tanto se di. O autor do gol pediu disculpas o final do partido, é certo.....pero claro, a nós veunos a mente unha situación IDÉNTICA vivida fai dous anos nas Redondas, na que o noso porteiro por aquel entonces ALEKHAN quedou tendido no chan por unha grave rotura muscular, momento no que un dianteiro do CORCUBIÓNASÍNON marcou tamén o que naquel día foi o gol da victoria dun decisivo partido de copa. En fin, non digo nada máis, ahí quedan os feitos. En partidos bastantes mais importantes de competición oficiais europeas, xa vimos situacións deste tipo bastante mais exemplares que esta. Espero que nun futuro rectifiquen esta actitude.
Noraboa pola victoria e os tres puntos.
ULTIMO PARTE MÉDICO DO GATO DA TRABE
Polo demais, informarvos do último parte médico do noso meta: Os seus pelindreques encóntranse estables, colgados no seu sitio, recuperados do susto, e listos pa seguir coa súa actividade normal..... Hai porteiro pa rato.