Quen non faltou foi Luisemburgo, que se despedía así oficialmente do seu posto de míster dando o relevo a Allolotti, pero que queda xa no noso grupo de veteranos coma un compañeiro mais, con invitación permanente a todas as nosas caralladas. Ademais agora incorpora un fillo gaiteiro, co cual, será socio de honor.
A anécdota do día foi a avería do Prototipo do novo mánager, que coma sempre, estuvo o quite para deixarnos a frase do día: "A puta electrónica é a hostia""Ten que ser da tarjeta".....esfola as frases coma ningúen. Un crack. Hai fotos do momento no album.
Acabóuse pra este ano a actividade, que retomaremos co stage de pretemporada no Bierzo, para o que xa nos estamos preparando. Pasaremos o día coas familias en Friera, a onde nos desplazaremos nun bus fletado por Pombogarde. Ide collendo sitio.
Desde hoxe, este blog descansa tamén. Espero que o pasárades ben este ano con nos. O único espíritu que move a este menda con esto do blog e facervos rir un cacho coas nosas historias. Nin mais nin menos. Nos levamos unhas boas fartas de rir, nada mellor que compartilas.
Volveremos co informe do Bierzo, as fichaxes, etc.....pero ahora fai falta un descansiño.
BO VRAN A TODOS E SORTE OS DOUS FINALISTAS DE COPA, ESTAREMOS O DOMINGO EN VERDILLO PARA VER O PARTIDAZO ENTRE OS DOUS MELLORES DA LIGA ESTE ANO: Nantón e Bergantiños