miércoles, 27 de mayo de 2009

E O KUN PAPOU O CHURRASCO.....



O Kun ganou. O duelo puxo a tensión a pachanga prevista, que fora da salsiña da aposta, foi un partido bonito, disputado, con alternativas e cos dous equipos tratando ben o balón. Calcamos a tónica deste ano: 1-0, despois a durmir e arreón final para ganar 4-3 sobre a bocina.

O DUELO

Os dianteiros nin se miraban, de pasar o balón xa non falemos, nin de coña, cada un o seu. Mesmo se puido ver o Carioca pedindo o cambio do seu "rival" despois do 1-0.

Foi o Carioca quen tuvo as dúas primeiras ocasións, pero o Kun non perdonou na primeira que se lle presentou para firmar o 1-0.



A "TRAMA URUGUAYA DO ATLETI"

Despois chegou a polémica. Tonokunowo apartóuse de calquera sospeita, pero foi o colexiado da contienda quen meteu man no asunto do pichichi-churrasco para decantar a balanza cara o Kun, quizáis influenciado pola cercanía co seu compatriota Forlán (fontes fiables falan de que o Referée é colchonero perdido). Anulou dous goles ó Carioca por orsay, que o brasileiro protestou con airadamente......cousa rara......?¿?¿?!!!¿¿¿¿¿¡¡¡¡¡


No tramo final do partido empatou o Carioca a aposta o marcar o 3-3 nun gol no que se aproveitou dunha xogada precisamente do Kun. Pero o 9 do Cabaninter fixo honra do seu número e firmou o gol da victoria, o seu chicharro número 14 nesta tempada que lle da a victoria final no preciado trofeo.

Os dous xogadores compareceron o final do partido na zona mixta -zahorra+gravilla-:

"Pra unha ves que fajo un jat trique!!" - dixo Carioca-

"Cala, cala!!, que tabas dous metros por diante" - rematou o Kun-

O KUN BOTA DE JOMA 2009
O dianteiro recibiu xa o trofeo que o acredita como máximo goleador da zona urixeira do ano. O preciado galardón xa está nun lugar priviliexiado do fogar do Kun, o ladiño da foto do finado Jesús Gil.



A XENEROSIDADE DO CRACK.

Pois como o trato era que o perdedor poñía a carne e o gañador o viño, chejamos a un acordo antes do partido: pinchos e viño pra todos, visitantes incluidos, pasara o que pasara.

Asi foi, festa conxunta cos compañeiros da Marajota Mecánica e a factura a medias....gracias Kun, de boas me librei. jajaja


Quedámonos de todas formas con esta foto, que debería ser máis habitual nos nosos partidos. Ambiente fantástico coa xente de Malpica no París e o compromiso de Fernandinho Couto de que habrá "post-partido de volta".


Ahora solo nos toca ver desde fora a auténtica Copa con eses cuartofinalistas os que felicitamos dende aquí. Que gañe o mellor.

sábado, 23 de mayo de 2009

A FONDO

OPERACIÓN KUÑAAOO. TODA A VERDÁ

O partido de mañán xa non é un partido calquera. A Operación Kuñaao, destapada pola web da Marajota Mecánica, está en marcha. Xa non hai volta atrás. O equipo malpicán, reacciona a fuga de cracks hacia o Cerquedundee United, que amenaza con ser a revelación do vindeiro ano gracias os petrodólares do magnate Hassan Al-Saleiro.
O primeiro obxetivo pra volver a facer un Malpica gañador non é outro que o Kun, a rutilante estrela do Cabaninter. O díscolo atacante, non sale dunha pra meterse noutra. A Fabada Mecánica, Fluminense, Os Ponis e ahora A Marajota caeron rendidos os seus pes. O equipo de Roman Jenarabramovich puido evitar ata agora a fuga do crack, pero parece que esta vez vai ser difícil. Xa está en Neaño o representante do futebolista, Gilberto Capelotas, que trae unha oferta mareante dos Malpicáns e aproveitará o enfrontamento para verse coa directiva do Cabaninter.

TONOKUNOWO NA PICOTA

O Carioca denuncia un presunto amaño do Pichichi-churrasco. O encargado de cubrir o Kun vai ser o seu cuñado favorito, Tonokunowo, o mesmo que, cos seus cantos de sirena, ten envaucado o Kun pra enfundarse a roxiblanca da Marajota, curiosamente os mesmos colores do Atleti da súa alma. "Se hai penalti tiro eu, dalgunha forma terei que compensar o amaño. De todos os xeitos, igual lle poño a Peli vixiando que non reciba balón.......aljo teño que facer" -declarou o Carioca esta misma tarde-.

viernes, 22 de mayo de 2009

WANDERLEY e RADOMIR, NON O CABANINTER

O CLUBE MANEXA ALTERNATIVAS O ACTUAL ENTRENADOR, CARLO ALLOLOTTI.
NON CONVENCEN OS RESULTADOS DA SÚA ETAPA INTERINA.


O ex-entrenador do R.Madrid e da selección Brasileira Wanderley Luxemburgo ,candidato nº1 o banquillo das Redondas, rechazou a oferta de Jenarabramovich para entrenar o Cabaninter a vindeira tempada. Nunhas declaracións recollidas esta tarde por unha cadena brasileira, Luxemburgo confirmou que rechaza entrenar o equipo xa que non ve posibilidá algunha de aplicar o seu famoso "cuadrado máxico" coas pezas que ten actualmente o equipo....O Kun ofendido: "Falteme Dios se o aplicaba mellor coa mona de Guti e mais o ex-7 de España".


RADOMIR TAMPOUCO
Por se fose pouco a rajada de Luxemburgo contra a dianteira do Cabaninter, outro entrenador que estaba na lista de favoritos, Radomir Antic, tamén rechazou a proposta. O presidente Jenarabramovich crécenlle os enanos do circo e non para de achicar auja dun barco que parece que por momentos vai a pique. Nestes momentos parece que a renovación de Allolotti é a única posibilidade que lle queda o magnate das Redondas para empezar un novo proxecto deportivo.

Carlo Allolotti tranquilo: "Eu fixen o que puden cos mimbres que hai. Con un par de reforzos seremos campeóns o ano que ven. Estou a disposición do presidente, pero sei que estou aquí interino". "Respeto a opinión do brasileiro ese, pero falteme dios se Robinho era mais formal co Carioca ou o Kun, o outro xa non lle dijo nada, creo que fui o que descendiu o Atlético, non?".


O PRESIDENTE ESTÁ INDIGNADO

"O tren do Cabaninter pasa unha sola vez. Estes dous tipos non entrenarán aquí nunca. Dunha simple conversación están armando un revuelo de carallo."

"De todas formas, a afición que esté tranquila. Esto inda está empezando, e como dixo o meu colega Florentino, o proyecto vai ser espectacular".

"Allolotti é o noso Guardiola, terá a súa oportunidade, pero a nosa obligación é mirar outras posibilidades"

E pa rematar foi contundente: "Cajonocarme!!"

jueves, 21 de mayo de 2009

INFUMABLE

QUE ACABE CANTO ANTES!!
Outra chosca nas Redondas, 2-7 ante o San Román. Pouco vos podo contar porque non puiden estar -cumplin así a promesa de non aproveitarme da forzosa baixa do Kun...jeje- pero parece que non hai moito que contar a vista do marcador.



O domingo despedimos este annus horribilis ante o Malpica, nun partido-pachanga no que xa solo nos queda queimar uns ultimos gramos de grasiña antes do vran, e dilucidar ese apasionante pichichi-churrasco a vida ou morte entre os dous killers do Cabaninter.
Ollo porque hai informacións contrastadas de que o Kun anda negociando un "trato de favor" da defensa da Sardiña Mecánica, liderada polo seu querido Kuñaaao. Estamos investigando o tema. A ver se podemos informar algo do asunto no que queda de semana.
Pronto tamén informaremos de todo o que acontece cos movimientos cara a vindeira campaña.....a "superproducción" de Florentino vaise quedar corta, xa veredes...

viernes, 15 de mayo de 2009

ENRÉDASE O "CASO PENAMBUCANO"



Onte apareceron na web da Fabada Mecánica unhas información acerca dun presunto impago do Cabaninter na última parte do traspaso de Juninho Penambucano. Foi a reacción da directiva presidida por Gerardoni Zubizarreta a publicación por parte deste medio da presunta trama de falsificación de kilómetros na que estaría involucrada a Fabada Mecánica, descuberta a raíz dunha revisión rutinaria a Juninho, que como todos sabemos foi o último "caso Figo" do Clásico do Anllóns.


Hoxe presentouse nas oficinas do clube que dirixe Jenarabramovich un individuo, que actuando en nome dos homes de Can Pinguel, solicitaba o pago das cantidades adeudadas. O tesorero do clube desfíxose do cobrador como pudo, pero xa vai ser difícil restituir o deterioro de imaxe que esto supón pra un club como é o Cabaninter.

O mesmo tempo, chéganos estas instantánea de varios membros da Fabada Mecánica na manifestación que protagonizaron onte a tardiña frente as instalacións das Redondas. Intentar así exercer medidas de presión pra obter o pago do último prazo do traspaso, que supostamente adeuda o clube cabanés.




O CABANINTER, A ESPERA DO PRESIDENTE


De momento nadie do Cabaninter saliu o paso das acusacións vertidas. O presidente atópase en Madrid invitado polo seu homónimo Florentino o acto no que éste anunciou o seu regreso a primeira plana futebolera nacional.
Jenarabramovich preparou nos mismisimos xardíns do Hotel Ritz unha fantástica barbacoa que fixo as delicias dos presentes. "Non sei se é un ser superior ou non, pero rila na costilla que nin a virjen" "As nosas relación con Chamartin volverán a ser inmellorables, somos dous clubes universales"
Estamos a espera da volta do presidente pra ver a postura oficial do clube no Caso Penambucano.
Seguiremos informando.

martes, 12 de mayo de 2009

EXCLUSIVA

OPERACIÓN "TRUCARRO" TAMÉN NA LIGA

Escándalo as beiras do Anllóns. A venta de Penambucano pudo ser un fraude sin precedentes na liga


O xogador Juninho Penambucano, fichaxe estelar do Cabaninter procedente do eterno enemigo, a Fabada Mecánica, sentóuse no campo das Fontiñas no descanso do derbi e ajarrouse a botella de aujiña, o que fixo sospeitar o mister do Cabaninter. Onte mesmo foi sometido a unha exhaustiva revisión e saltou a alarma: O XOGADOR TEN BASTANTES MAIS KILÓMETROS DOS QUE MARCABA NO MOMENTO DO TRASPASO!!!!



HABERÁ DEMANDA
O Cabaninter estudia a esta hora as accións legais que vai emprender contra a Fabada Mecánica. Parece ser que o equipo de Marco Van Basten puido ter contactado co famoso alemán, experto en trucar os cuentakilómetros, pra estafar o Cabaninter no traspaso do crack brasileiro.


O CABANINTER CONMOCIONADO.

 Un alto dirixente do clube declarou esto acerca do asunto:

"A verdá e que vai coma un tiro, pero o fichaxe estaba pensado pra 5 anos e non sei se os aguantará a este ritmo".
"Puxémoslle a correa nova e mais a xunta da culata e de momento non da fallo, pero tamos acojonados porque o tipo anda a toda mecha sejido. Estamos estudiando un difusor pra que o frene aljo o vento, sería aljo así coma un paracaídas. Xa temos unha proposta dunha marca comercial pra estampar o anagrama na lona"
"A verdá e que nos cansamos de mirar pra él como corre....qué cansino machiño!!"

lunes, 11 de mayo de 2009

REVENTADOS

Maratón de futebol que nos deixa agujetas hasta nas enxibas. Este ano imos tan o revés que hasta nos fui caer o sol a plomo nos dous partidos.... despois, o domingo a tarde, púxose a chover.....puta ley de Murphy!!!

3-0 NO DERBI
Derrota engañosa nas Fontiñas. Xogamos bastante ben a pesar do estado do campo (nunca mellor dito porque tiña flores e todo). Fallamos dúas moi claras por medio de Penambucano (o correcaminos foi o mellor outra vez) e sen embargo o Nantón aproveitou tres errores clamorosos; dous defensivos e un do porteiro de circunstacias Dasallev, que sin embargo nos salvou en dúas intervencións de mérito.

Derbi sin moita historia. Demasiado campo para as nosas condicións actuales.


ALBERTOTTI ESTÁ DE VOLTA !


A boa noticia do derbi foi a volta de "chavaliño". Alegrámonos moito por él....e por nós. A rodilla respondiu e a pausa volveu o xogo do Cabaninter.

É un luxazo contar con este tipo, que ademais de gran pelotero, compensa coa súa actitude as "pérdidas" que temos outros de vez en cando. Benvido de novo, compañeiro.


5-3...CON DOS....
Meritoria victoria a do domingo, sobre todo tendo en conta as condicións nas que estábamos. O equipo do sábado, restámoslle a Mendeztzelder -por motivos personais- e a Albertotti -non podía forzar-. Sumáronse Pombogarde e Karembeugenio pra compensar, e tamén o Jato da Trabe, que fixo un gran partido, por certo.

Como non estábamos pra correr moito, deixamos que fose o balón o que o fixese, e ben que nos fui. Kaká marcou o 1-0 e o 2-1 culminando dúas excelentes xogadas. O Beckam puxo xa na segunda metade o 3-1. Empataron os visitantes aproveitando que acabaramos a gasolina, pero aínda nos quedaba un chisquiño de forzas para arrumbar no tramo final e chegou o premio: Penambucano e o Kun sentenciaron un partido que merecemos, xa sólo polo esforzo que demostramos.

O KUN EMPATA NO PICHICHI-CHURRASCO

O Kun marcou e empatou a aposta, aínda que foi expulsado polo colexiado -que despliegue físico o deste home de amarillo.....- e non poderá estar contra San Román.

O CLUBE ESTUDIA RECURRIR


O xogador solicitou o clube que recurra o segundo cartón: "Que estudien o caso Pinguel, seguro que sentou jurisprudencia. Teño que estar pra poder loitar en ijualdá"


O Carioca ofreciu un honesto acordo o Kun: "Invístame a comer e se non prospera o recurso pedireille o mister que me poña de lateral dereito. Prometo non tirar a porta......eso pra min é fácil".

viernes, 8 de mayo de 2009

ENTRAMOS NOS VESTUARIOS DE CABANINTER E NANTÓN

AS MELODÍAS DO DERBI
Villarriba e Villabajo, Nantón e Cabana, dous equipos que propoñen futebol de alta escola, é o derbi de Cabana, non hai outro igual. A tensión, os piques, os vaciles, a semana que ven non será igual coa victoria que coa derrota. O 1-11 da ida aínda escoce nas Redondas. O lío dos campos solo foi un pequeno lunar, pero o certo é que a deportividade reina no derbi cabanés e afortunadamente non se recordan incidentes de ningún tipo. Que siga sendo así.

Hoxe entramos nos vestuarios dos dous equipos. O mais puro estilo do Betis de Chaparro e o seu xa famoso "Resistiré", nos dous vestuarios sonan melodías motivadoras.

Carlo Allolotti fai sonar en cada partido o novo éxito do artista máis internacional de Cabana, O Parga. En cada partido atrona o novo himno do Cabaninter:



Pola súa banda, en Nantón non o dudan, a canción de moda e unha clara homenaxe a alma mater do equipo, o home que non parou ata facer un equipo Campeón:



O Sábado hai derbi, as seis da tarde en Nantón, xa sabedes:
"Si parpadean, se lo van a perder"...

O BECKAM DO BUZACO DANOS AS CLAVES PARA AGUANTAR O TIRÓN

VIDA SANA

O Beckam do Buzaco exerce de capitán e danos as claves para superar un fin de semana con dous partidos en 24 horas. Hoxe este medio compartiu desayuno co cerebro do Cabaninter.

"É fundamental unha dieta equilibrada. O mais importante é o desayuno, que ten que incorporar vexetais" 
"Acabar a tempada ganando clásico e derbi a domicilio sería un bo final" 
"O pichichi-churrasco é bo para o grupo....sobre todo porque o churrasco é pra todos...jeje"
.
Pois eso, non se fale mais: a desayunar "vexetais"....

jueves, 7 de mayo de 2009

O FIN DE SEMANA MAIS DURO EMPEZA CO DERBI

DERBI NAS FONTIÑAS
O sábado chega o ansiado derbi. En xogo solo está a honrilla. O campeón de liga xa está en cuartos de final da Copa e o Cabaninter nada pode facer xa........salvo intentar vengar a "casi ducia" do partido de ida.

As SEIS nas FONTIÑAS
O mánager general do Nantón rechazou de novo a proposta de xogar no herbal de mentira das Redondas e o derbi xogaráse nas Fontiñas. "Vainos mellor para o noso futebol" -declarou un alto dirixente dos Ponis-. "Pois a verdá e que a nós tamén, tomamos a primeira na Hermida e despois imos baixando cara o París....qué carallo!!" -respondiu Allolotti anulando así toda posibilidade dunha nova polémica-.

MENDEZTZELDER, CARIOCA E KAKÁ ESTARÁN....

O Nantón cumplirá o trato de correr cos desprazamentos dos xogadores do Cabaninter que teñen dificultades para estar a esa hora nas Fontiñas. Eso sí, non será en Jet Privado por atoparse os controladores aéreos do Heathrow Margarida Airport en folga. Será no vehículo oficial do Nantón: O Seat Fura Ponis Crono, que pilotado polo propio Ronaldmuiño Gaucho, trasladará a tripleta do Cabaninter ata as Fontiñas o mesmo sábado a hora da siesta.
"O Fura está empatenado. Non fallará. O viernes chega o difusor e estará listo pra facer o viaxe en tempo récord. Na jasolinera están listos pra repostar en menos de 14 minutos comprando tabaco e todo" -declarou o ingeniero jefe dos Ponis-.
A DGT xa está avisada da presencia do prototipo nas carreteras para ese día e fará o posible por apajar toda clase de cinemómetros instalados. 


....PERO OS PORTEIROS NON

Alekhan e O Jato, como era previsible, son baixa definitiva, o que mantén a duda na portería dos visitantes.
Carlo Allolotti manexa dúas alternativas. Por un lado está a de volver a repetir con René Higuitoninho, que tan bo rendimento dou nos Castillos ante o San Románchester, e por outro está a gran sorpresa, que sería convertirse él mesmo no gran Rinat Dassallev......todo é posible.
Ahora solo falta saber canto aguantaremos........

E SIN DESCANSO, CABANINTER-CORISTANCO

E case sen descanso, recibimos o Coristanco nas Redondas, o domingo a hora da misa (11). Que sea o que dios queira, pero o luns non vai haber aujiña con limobón que chegue. Eso sí, algunha ventaxa ten o tema: o sábado haberá sesión de viñotes post-partido e o domingo outra vez!!!....oooooleeeeeeeeeeee