lunes, 30 de marzo de 2009

5-3..outro saquiño de goles

NO, WE DON´T CAN...NIN DE COÑA

O QUE MAL EMPEZA.....
No hai manera. Empezamos coma sempre, osea mal, encaixando 3 goles rápidamente por fallos individuales e colectivos -mala actitude e pouca ansia de ter ansia-.
VINTE MINUTOS DE MAGIA
Pero como algo de orgullo aínda queda, reaccionamos hasta empatar desde que Penambucano clavou na escuadra un cabezazo sin ángulo desde fóra da área pequena -qué golazo!-. O 2-3 foi obra do Beckam do Buzaco e o 3-3 de Ibrahiminovic, que volvía a ser da partida. Foron vinte minutos da segunda parte máxicos onde demostramos que equipo hai de sobra e futebol tamén. Numerosas ocasións perdidas, e ata un penalti que o colexiado non viu por man dentro da área -era o 3-4-.
...MAL ACABA
Pero volveu o desconcerto, o cansancio....e os goles do Coristanco. 2 goles o contraataque, o primeiro por certo en clarísimo fora de xogo e tras un desafortunado codazo a Karembeugenio -retiróuse lesionado-. Pero bueno, non queremos dicir con esto que nadie nos quitase de ganar. Perdemos merecidamente coma nos últimos partidos. Un equipo que encaixa tantos goles difícilmente pode pensar que debiu ganar.
EN BUSCA DUN MILAGRO
Salvo sorpresón toca ser comparsa desta edición da Copa. Intentaremos ir partido a partido, xogando sin presión e intentando dando algún sustiño.
O primeiro posto parece que será para os Ponis, e polo segundo vai haber unha pelea interesante. Buscaremos estar ahí, aínda que sea de milagro.

jueves, 26 de marzo de 2009

O MENSAJE DE OBAMA PROVOCA UN LÍO..

YES, WE CAN!!


12:00. Non podía ser de outra maneira, o home máis influyente do mundo está co Cabaninter, e así o transmite neste mensaxe claro e conciso:


Pincha para escoitar a Obama


O MENSAJE DE OBAMA PROVOCA OS CELOS DE BUSH
17:00. O EX-PRESIDENTE DOS EEUU ENVIOU UN COMUNICADO FAI ESCASOS MINUTOS


Resulta que ahora o anterior inquilino do despacho oval, George W.Bush celouse do comunicado de Obama e non quixo quedar atrás. Enviou este mensaje no que acusa a Obama de apuntarse tarde o carro.....¡menudo cristo armamos ahora!.....a afición polo Cabaninter toma unha dimensión mundial.


http://www.vinazaco.com/ttsread.php?id=6cdd60ea0045eb7a6ec44c54d29ed402
Pincha para escoitar a Bush



O PRESIDENTE SALIU O PASO DO ASUNTO
19:00 JENARABRAMOVIC ATENDEU OS MEDIOS FAI ESCASOS MINUTOS
"Esto é unha proba mais do momento confuso que vive a institución. Temos que normalizar a situación".
"Falarei con Obama e con Bush. O seu ánimo hacia o Cabaninter debe ser conxunto. Non podemos ahora distraer a atención do equipo"
"É certo que Bush ten o carné da época de Chicho. É socio fundador. Tamén é verdá que conociu o ex-mister un día que estaban os dous as robalizas na Area das Vacas. Foi o famoso día que se sospeitou que o USS Enterprise andaba pola ría. Non é certo que viñera o astillero, era Bush que viña pescar"
"O de Obama co Cabaninter ven por un parentesco lonxano, moi lonxano, con Peli"
"De momento Luisemburgo sigue. Ten contrato e ten que cumplilo. Os xojadores son os que teñen que revertir esto. E todo pasa por ganar o domingo Si ou Si"

lunes, 23 de marzo de 2009

Luns 23, son as 11 da mañan, estoooooo.....que vos iba decir eu: .....onteeeee.......pfff, claro, e que non sei como explicarvolo...........onte xojouse........bueno non, en realidá non se xojou...bueno si, uns xojaron e outros non......osea queeee o caso e que eramos once contra once e marcaron once...........bueno, taban bos de marcar.....eeee.....bueno, mais tarde se eso xa volvo e conto o conto......vou o psicoanalista que teño a ves pas 11.....¿dixen once?...¡nooooooo 11 nooo!.....ahhhhh Dios Mio, persíjeme un número 11 jrande e con patas!!!!!...AAAAAAAAAhHHHHH......Dios mio, esto es un infierno!!!...que vienen los Charlys!!!!!......no siento las piernas!!!.....






Por certo, hoxe as 11, como vedes, hay unha visita registrada do Vietnam!!!!....aaaaaaaaaaahahaaaa...buaaaaa...¿qué cojones quere un do Vietnam as ¡11!, precisamente hoxe?...¿qué hay aljún misionero de Nantón aló ou qué?.....nooooooooooooooooooooooo.......

lunes, 16 de marzo de 2009

2-0 O QUE PERDONA...PAGA


Típica frase futeboleira que nesta ocasión ven que nin pintada. O Clásico ganóuno o equipo que aproveitou mellor as súas ocasións. O Cabaninter ben pudo tomar clara ventaxa no marcador nunha primeira hora arrolladora na que Gerardoni Zubizarreta estuvo impecable. Pero como o futebol é así, no minuto 37 Mouzo marcou o primeiro. Nada puido facer O Jato, que aparte desta xogada non tuvo demasiado traballo na primeira metade.
SEGUNDA PARTE SIN BATERÍAS


Na segunda parte acusamos o esforzo inicial e o calor reinante. A Fabada Mecánica aproveitou para manexar ben o banquillo e xogar a contra. A cada ocasión nosa sucedíase unha contra deles, que acabou co 2-0 obra de Quito -sempre aparece no Clásico-.A última hora reclamamos un penalti sobre Pelittsbarski que Iturrama González resolviu con unha amarilla o dianteiro....o astro do silbato nunca pasa desapercibido.



Os homes de Marco Van Basten dominan os últimos Clásicos
Felicitar os rivais pola súa victoria, coa que consiguen poñerse a 1 victoria do Cabaninter nas particulares estadísticas do Clásico (6 victorias do Cabaninter por 5 da Fabada e 1 empate). Este ano levan dúas victorias e un empate nos enfrontamentos particulares. Haberá que apretar duro na volta pra volver a dominar as beiras do Anllóns.


O Carioca, apagado ou fora de cobertura


Acabóuse a racha. O Carioca apenas puido inquietar a Gerardoni, en parte gracias a un impecable partido do ex-xogador do Cabaninter Alfaro, que comandou unha defensa seria e ben armadiña. A dianteira esta vez anduvo escasa de efectivos, o Kun sigue de baixa e Ibrahiminovic caéuse a última hora tamén do Clásico por un golpe na tibia. Tampouco poidemos contar con Mendeztzelder que aínda sigue convaleciente dende o último clásico. A boa noticia chegou da man de Pombogarde, finalmente no hai problema no menisco, trátase dun leve esguince de rodilla, polo que pronto estará de volta con nós. A próxima semana volve tamén Toninho Cerezo. Sólo nos queda esperar por Albertotti, que tamén sigue de baixa dende o último clásico.

"DEL BOSQUE" NO BANQUILLO
O ex-entrenador do Cabaninter, o home que nos levou o único título de Copa que temos, non puido resistir a tentación de sentarse no banquillo e hasta se lle escapou algunha que outra instrucción.
Estará presionando pra voltar? Será verdade que aceptará a oferta dos Galaxy e andará na procura de fichajes locais?.....informaremos de todo o que pase en torno a figura do noso particular "Molowny".


DESPOIS DO CLÁSICO.....UN DERBI
O domingo visítannos os Ponys. Será nas Redondas -esta vez sí- as 11:00. Vistos os resultados desta semana -ganaron os tres "cocos"- toca ganar ou ganar se queremos facer algo na Copa.

miércoles, 11 de marzo de 2009

FABADA MECÁNICA - CABANINTER.....ARRANCA A COPA

AS "CARIOQUINAS" A PUNTO PRO CLÁSICO

O bombo diabólico quixo que o primeiro partido da copa sexa o terceiro Clásico da temporada. Os homes de Marco Van Basten volven o escenario onde ganaron a Copa da que son vixentes campeóns. O Cabaninter, recuperado da súa páxara, e coa alta de Mendeztzelder intentará que o primeiro asalto quede na casa.


Esta tarde a multinacional Nike presentou en sociedade as "Nike Mercurial Carioquinas" nun acto o que acudiu o propio Carioca. O astro, o que están intentando descentrar desde Ponteceso con mensajes falsos da nosa fan internacional Lulinha, está listo pra volver o Clásico, despois de ausentarse no último disputado nas Redondas, onde ganaron os visitantes. "Tenho que continuar a seqüencia goleadora. Penso adicar o gol a Lulinha. Sempre pensamos muito nela, é a nosa estrelinha que nos guía" -declarou o astro o remate do acto-.

THIS IS AS REDONDAS!

O Clásico xógase no recinto da Urixeira as 12:00 horas, despois de que así o solicitase a directiva da Fabada Mecánica ante a imposibilidade de dispoñer do Pinguel.


Os xogadores da Fabada Mecánica volverán a toparse o salir dos vestuarios co xa famoso "This Is As Redondas, moito cuidao!!".


Frente Urixeira concentraráse coma sempre frente a The Jovita´s Tavern, mítico local onde empezaron os inolvidable Enxebres de Neaño, o mando do inigualable Jai Jai. Nadie olvida o seu famoso tema "Viva la Juventud....e os vellos que non morran".

Despois, como é costumbre, entonarán o "You´ll never walk in chanclas", que atronará na Urixeira a salida dos xogadores. Todo a punto. Volve o Clásico.


AS CASAS DE APUESTAS FÓRRANSE. O MUNDO ENTEIRO PENDIENTE DO CLÁSICO

Hoxe visitáronnos o largo do día desde Hong Kong, China, Martinica, Canadá, EEUU, Brasil, Argentina, Chile......como vedes o lado, hasta ¡5 medios! norteamericanos solicitan presencia no Clásico. A nosa cabina de prensa, de 2x2 abuhardillada, xa espera a chegada dos centos de periodistas acreditados de medio mundo.

En Lotofarolo.net xa empezaron as apuestas sobre o Clásico: ¿Caerá Carioca o intentar a bicicleta?¿ajuantará o Kaká unha semana mais coa cuarta amarilla? ¿Quén irá buscar o primeiro balón o monte? ¿cantos minutos tardará Mendeztzelder en decirlle a Karembeugenio o que ten que facer? ¿Haberá auja quente pa todos despois de xojar os rapaces? ¿O pincho do París será de fabada ou xamón con chícharos?......caben todo tipo de apostas no Clásico.

domingo, 8 de marzo de 2009

A COPA 2009 SERÁ CON FORMATO CHAMPIONS

SORTEO DIABÓLICO

O pasado venres celebróuse en Malpica o sorteo da Champions da Costa 2009. A tradicional copa estrena formato, e o sorteo non pudo ser mais diabólico. A liguilla previa está formada por catro grupos. En cada grupo pasan dous equipos a cuartos de final.


GRUPO C....SOLO FALTA A JUVE

O Cabaninter queda encuadrado no Grupo C, xa chamado Grupo da Morte, coa Fabada Mecánica, Nantón, San Román, Malpica e Coristanco. Tres dos catro primeiros da táboa e o noso eterno enemigo copeiro o Malpica -aínda non olvidamos o 86 e ese penalti final de Castriño-. Tamén o Coristanco, peligroso equipo formado por xente moi xoven, co que haberá que facer kilómetros.

Un análise optimista: Sólo a Fabada Mecánica foi capaz de ganarnos un partido este ano entre todos os rivais do grupo. Ningún dos outros foi capaz de pillar cacho contra nós. Dous empates cos Ponis, empate e victoria co SebasTeam e empate e derrota coa Fabada. Asi que, co Carioca enrachado e a volta dos mancados....a temblaaarrr!..churripitichurrri tracatráaaaa!..a pola Segunda.


CUADRO DE GRUPOS

O cruce do Grupo da Morte será co grupo D, onde o Bergantiños saliu, a priori, afortunado o quedar emparellado con catro equipos de segunda e encima con días de descanso polo medio. ¿habería bolas quentes?...mmmmm Nos grupos A e B, interesantes mezclas entre equipos das dúas categorías. Haberá sorpresas.
FINAL 28 JUNIO EN VERDILLO
A final, se nesta semana non se presenta ningunha outra alternativa, será organizada polos compañeiros de San Lorenzo, no seu campo de As Pedreiras - Verdillo.


SORTE A TODOS, E NON LEVAR UN GOLPE SIQUERA

PACHANGA NO VINCULEIRO STADIUM

PRA VOÇÉ, LULINHA!!

Nun partido no que non había nada en xogo, a atención estaba na particular apuesta goleadora do Carioca e o Kun, que terá continuidade na Copa tras mutuo acordo e que acabará co Kun pagando un churrasquiño pra toda a plantilla -eso espero-. O Carioca non fallou e aproveitou a baixa do Kun pra sumar dous Cariocazos mais e escaparse na tabla (10-8). O astro brasileiro mostrou o seu novo tatuaje, dedicado a súa fan brasileira, Lulinha, que supoñemos arderá en desexos de saber como nos foi por Cances..
"Lulinha, vosê é a estrelinha que nos guiará na consecuçâo da Taça da Costa" -declarou o Carioca o remate do partido-.
6-3. NOVE GOLES NUN PARTIDO-PACHANGA
Foron seis goles, dous de Carioca, dous de Ibrahiminovic -pichichi con 11 goles-, 1 de Juninho Penambucano e 1 de Zizou desde o medio campo que cerrou o marcador. Non se arrugaron tampouco os locais que mantuveron o 2-2 no descanso e fixéronnos correr o suficiente para que non parecese tan fácil, a pesar das súas innumerables baixas e de xogar con un porteiro-xogador. Dende aquí, ánimo a este equipo pra que volva pronto a primeira, onde creo que deben estar. Gran mérito para un equipo plagado de veteranos de verdá.

NIN A INTERTOTO
Remata a liga co Zas descendido acompañando o Canceslautern e o Nantón campeón. O Cabaninter acaba sexto, a 13 puntos do campeón e con ¡56 goles! en contra.....haberá que repasar os videos a ver que pasa....
Ahora a pensar na Copa. O domingo arrancamos no noso grupo da morte coa volta do Clásico, Fabada-Cabaninter, que se xogará nas Redondas tras acordo entre as dúas directivas.

viernes, 6 de marzo de 2009

UN CURIOSO ANÁLISIS

SIGUENNOS ATA NO BRASIL!!!!!
Resulta que o pasado 16 de febreiro puxemos a furrular aquí un Contador de Visitas, que eu pensei que solo valía pra saber cantas visitas había. Resulta que estes días ferrullando, descubrin que se pode obter un informe da xente que visita o blog -é que eu nesto aínda ando empezando-. Non podemos máis que sorprendernos e alegrarnos. Desde ese día, menos de 1 mes, tivemos ¡¡1583!! visitas o noso blog, desde ¡¡ 18 paises !! distintos.

MAPA DAS VISITAS


Cada día podemos ver o mapa dos lugares desde donde entran no blog. A nosa sorpresa de hoxe é un ciudadano/a de Curitiba, no Brasil que nos visitou esta madrugada. ¿Será un familiar do Carioca? ¿Será o secretario técnico do Paraná espiando a Penambucano? ¿Quizás sexa unha ex do Kaká?.....non sei, o caso é que nos deixou sorprendidos e estamos investigando de qué se pode tratar. Si coño, xa sei que tamén pudo ser un equivocado, pero resulta que a persona en cuestión xa nos visitou mais de unha vez. ¿?...será o Ronaldo en busca dun equipo pra retirarse definitivamente?...aaahhh


A MAIORÍA, "CLIENTES" HABITUALES E COÑECIDOS


No seguimento que fomos facendo, comprobamos como nos siguen desde Italia (o noso amigo Caldeireiro sigue as evolución do tito Allo), desde Fuerteventura (fratelli Victor), desde Bogotá (hola Raúl!) pero tamén, e esto si que mo ten que explicar algúen: desde a India, Pakistan, Canadá, Argelia, Singapur, Francia, Austria, Argentina, Inglaterra. e non sei cantos sitios mais.....pfff

Está claro que un lote deles entran equivocados, pero hai varios que repiten. Que nos escriban unrgentemente, que poñan algún comentario, que a esto hai que sacarlle partido. Se fai falta enviamos un reportero urgentemente. Xa tamos pensando en retirar algunha vaca sagrada pra facelo "embaixador do Cabaninter polo mundo" jeje. Por certo, aproveitando: se vedes aljún diamante que se poda pulir por ahí botádeo no avión inmediatamente.


GRACIÑAS POR VISITARNOS!!

Ahora en serio. Estamos contentos de que a "parte cachonda" da liga de veteranos se siga tanto e desde puntos tan diversos. Cónstannos visitas repetidas desde Cataluña, Suiza, Teruel, Madrid, Málaga, Mallorca....que supoño serán coñecidos, e estamos contentos, moi contentos, de que a xente que nos coñece -ou non- e está fora de aquí poda botar unhas risas con nós. Esto anímanos e seguir e subir o listón. Gracias, Gracias, Gracias!!

OS SÁBADOS ENCHEMOS

Como curiosidade, o Sábado é o día de mais visitas -nótase que non hai choio- e o Luns a continuación -a ansia do resultado-. Terei que facer un esforzo pra actualizar os Luns e non os Mércores como ata agora.

Tamén destaca o pasado luns 2 de marzo co maior número de visitas, 193.....había ansia por saber se baixábamos ou non...

lunes, 2 de marzo de 2009

Juninho Penambucano e Carioca voltaron do Carnaval de Rio con forzas

BRAAASIL.....LA LA LA LA LA LA LA LA!!!!


Por fin se pudo ver o Cabaninter impoñerse nun partido con autoridade. Tiña que ser o día que máis falta facía, e así foi. A pesar de continuar con moitas baixas, o control do partido foi absoluto, cada un no seu sitiño, concentrados e dándoo todo para ganar a un rival duro, que peleou ata o final. Dende logo os rivais no descenso non lle poden reprochar nada o San Románchester, que o dou todo e ata arriscou con homes tocados que forzaron para intentar arrumbarnos a segunda. Aínda que non nos gustara moito é de recoñecer que eso tamén é xogo limpo, polo menos de cara o resto dos equipos da liga. Habería maletín?...bueno eso xa o investigaremos.


1-0 Penambucano
Foi nunha xogada de libro. O centro púxoo o Kun e rematóuno de primeiras Juninho que entraba coma un raio no segundo pau.
O descanso chegouse co 1-0 e con varias ocasións falladas por ambos equipos. Esta vez o Jato estivo do máis fiable e desbaratou un par de boas ocasións dos visitantes.
2-0 Carioca
Na segunda parte estivemos volcados en busca do segundo, que puido chegar nun contraataque de tiralíneas que desbaratou o porteiro visitante a remate do Kun. O San Román non parou de intentalo tamén pero Alekhan -que volvía da súa convalecencia- resolveu sen problemas.
A falta de 15 minutos, o Carioca sustituiu o Kun -lesionado, outro máis pra enfermería, xa é mala sorte a nosa- e puido marcar o gol da tranquilidade aproveitando un dos escasos erros da defensa visitante. (Kun, vas perder a apuesta, viches que definición.....)


CELEBRACIÓN A MEDIAS
O certo é que a celebración foi mais por alivio que por ganas de celebrar. Este equipo non pensou nunca en andar esquivando o descenso a estas alturas. Fixemos unha segunda volta lamentable, e haberá que mirar onde estaban os fallos, recuperar lesionados e facer unha copa decente.

O DOMINGO ACABA A LIGA
O domingo visitamos o Canceslautern nun partido no que trataremos de disfrutar tranquilamente por primeira vez fai tempo. Despois faceremos un picoteo pra despedir a liga, que a eso sí que lle pegamos de medo.