I DESAFÍO CHURRASCO
Fabada Mecánica - Cabaninter
Onte aproveitamos a asamblea para lanzar un desafío o noso eterno rival. Será o I DESAFÍO CHURRASCO, en principio o 7 ou 14 de setembro -estáse a negociar- en campo a decidir. Trátase dun derbi "amistoso" no que o trofeo en xogo será NON TER QUE ASAR E SERVIR, é dicir, o que perda asa e sirve o que gane, familias incluidas. É coma pasar por debaixo do futbolín cando perdes, todo vale por ver a foto do momento.
Os homes de Wanderley Luisemburgo contra os homes de Marco Van Basten, con chicha polo medio, ¿quen dá máis?. Distintos medios informativos xa se interesan arestora polo acontecemento e xa estamos enviando as primeiras acreditacións.
viernes, 29 de agosto de 2008
miércoles, 27 de agosto de 2008
RELEVO NA TESORERÍA DO CLUBE
Pelitsbarski toma o mando das contas do Cabaninter. Tras este cambio escondíase un escándalo monumental.
Pelitsbarski toma o mando das contas do Cabaninter. Tras este cambio escondíase un escándalo monumental.
O domingo o Kun cediu o testigo da Tesorería do clube a Pelitsbarski, no que parecía unha transición normal....
Operación Puntal: Malversación de fondos.
....Agora sábese que o antiguo tesorero foi detido uns días despois da final de Copa, despois da denuncia da empresa Puntales de Alcolito S.A., suministradora dos puntales pro toldo da final. O resultado das contas da final, unidos a auditoría encargada polo presidente acerca das contas do pasado ano, deron coas costas do Kun no calabozo por malversación dos presupostos do equipo. A empresa Puntales de Alcolito S.A. reclama o impago dos puntales da final e investigase a compra por parte do ex-tesorero dunha hormijonera do trinque fai pouco tempo. Tamén se sabe que as puntas empleadas no toldo -teóricamente novas- eran puntas arrancadas dun desencofrado vello, o que agrava mais aínda o caso.
Menos cuchipandas e máis aforro
O certo é que as contas do clube arrastran un incréible déficit froito das múltiples cuchipandas e "stages" orjanizadas ultimamente, parece ser que coa connivencia do Kun. O presidente acáballe de encargar a Peli unha nova etapa na que haberá que apretarse os cinturóns.
lunes, 25 de agosto de 2008
DEBUT CON VICTORIA E STAGE EN BALARÉS
Cabaninter 3 - BaiOlimpiakos 1
Tres goles conseguidos polo Beckam do Buzaco, que estrenaba o 10 a espalda, Ibrahiminovic que debutaba e Carioca -eterno- fixeron posible a remontada ante un Baio que empezou ganando. Bo partido de debut nesta tempada e moi boa impresión dos novos fichajes. O Jato da Trabe demostrou que non fai falta reforzar a portería e foi clave o deter un penalti e facer varias intervencións de mérito.
Agora, a preparar o Torneo da Amizade en busca do segundo entorchado no Torneo Veraniego por excelencia.
Cabaninter 3 - BaiOlimpiakos 1
Despois, seguindo coa nosa espectacular "preparación e posta a punto", outro Stage deses que nos gustan en Balarés. O nutricionista Paco Mendoadios recomendounos esta vez un xamonciño -gracias Modestoshack polo donativo- seguido dunhas tiras con tortilliña, ensalada e pementiños de Padrón. Despois unhas partidiñas rejadas con Cacique e volta a merendar....Non faltou de nada, incluido unha confraternización con un "equipo" de veteranos de Santiago.
Aquí vos deixo as imaxes do día:
Balarés 2008 |
Agora, a preparar o Torneo da Amizade en busca do segundo entorchado no Torneo Veraniego por excelencia.
sábado, 23 de agosto de 2008
Firman a Hugo Viana e tocan a Karembeugenio
A Fabada Mecánica pon toda a súa maquinaria a traballar en busca de xogadores do Cabaninter.
Firma o volante dereito Hugo Viana, formado na canteira das Redondas, e con oferta formal do clube dende fai un tempo e ¡¡TOCA A KAREMBEUGENIO!!, que esta semana trasladou o clube a oferta dos homes de Marco Van Basten
O escándalo as beiras do Anllóns non pode ser maior. É a mayor ofensiva da historia en canto a fichajes se refiere. Buscan debilitar a defensa do equipo de Luisemburgo. Primeiro foi a intromisión no regreso de Ferdinalex, e agora intentan recuperar o bravo Karembeugenio, que esta misma semana trasladou a oferta formal chegada desde Can Pinguel.
JENARABRAMOVICH REACCIONA
OFERTA A KAREMBEUGENIO PARA RENOVAR POR 15 TEMPORADAS
O clube fixo chegar esta misma mañan a empresa que representa o xogador -Xojadores en proceso de jubilación SA- a oferta de renovación. Súbeselle a ficha (o alto do Juntón) e cédese nas súas pretensión de dispoñer dun rollo de cinta aislante pra sujetar as medias tódolos domingos. O clube faise cargo deste gasto.
Fala Wanderley Luisemburgo, o home que devolviu o equipo a Primeira no seu debut.
¿Como afronta a nova tempada?
"Estamos ante un equipo que vai facer historia. Temos unha dianteira descomunal. Non sei onde carallo vou colocar tanta dinamita"
¿Qué opina da ofensiva da Fabada Mecánica?
É un bo síntoma. Quere dicir que temos moi bos xogadores.Saben que aquí aprenden a ganar e xogar ben o futebol.
¿O clube pensou en devolver a moneda?
Non se me ocurre ningún xogador que teña sitio neste equipo agora mesmo. Ademais os fichajes este ano están na casa. O presi está tranquilo e non vai mover ficha.
"Estamos ante un equipo que vai facer historia. Temos unha dianteira descomunal. Non sei onde carallo vou colocar tanta dinamita"
¿Qué opina da ofensiva da Fabada Mecánica?
É un bo síntoma. Quere dicir que temos moi bos xogadores.Saben que aquí aprenden a ganar e xogar ben o futebol.
¿O clube pensou en devolver a moneda?
Non se me ocurre ningún xogador que teña sitio neste equipo agora mesmo. Ademais os fichajes este ano están na casa. O presi está tranquilo e non vai mover ficha.
¿O fichaje de Ferdinalex é prioritario?
Estámolo pensando. Come a Dios, é moi malo de encher. Sería un hándicap importante pra incorporalo as churrascadas. Estamos negociando este fleco intentando que veña comido da casa. Está complicado. Ten unha oferta con entrada libre a festa das fabas, i é moi difícil igualala.
¿Como afronta a pretemporada?
Bueno, primeiro temos a churrascada en Balarés, algúns homes xa estuveron en Friera cargando forzas, fálase tamén dunha cea pendiente, e non descartamos facer un cordero o espeto moi pronto. O nutricionista Paco Mendoadios vai ser o home clave da pretemporada.
¿Como afronta a pretemporada?
Bueno, primeiro temos a churrascada en Balarés, algúns homes xa estuveron en Friera cargando forzas, fálase tamén dunha cea pendiente, e non descartamos facer un cordero o espeto moi pronto. O nutricionista Paco Mendoadios vai ser o home clave da pretemporada.
¿Pedíu algún fichaje mais?
Solo pedín algo de carbón e un tenedor larjo, pra non queimarme, tou hasta os mismísimos de darlle a volta a carne coa man.
sábado, 16 de agosto de 2008
ÚLTIMA HORA
A NOVA CAMISETA XA TEN PATROCINADORES
O Presidente Jenarabramovich sigue a traballar duro e xa ten un acordo con dúas empresas, que se unirán o famoso Conexo no patrocinio da nova indumentaria.
Finalmente Fisjas "De Ferro"...famosas en el mundo entero, Funeraria "El Matao" e a famosa casa de apuestas Lotofarolo.net perden a batalla por lucir no peito dos cabaneses, e serán tres empresas locales as que patrocinen o Cabanarsenal no seu retorno a primeira división.
ESTALA O CASO FERDINALEX !!
A Fabada Mecánica métese na loita polo fichaje do ex-central formado na canteira das Redondas e fai estalar o caso. As negociacións dun representante cabanés con un dianteiro do equipo de Marco Van Basten fan reaccionar os de Can Pinguel que se meten de cheo no fichaje do crack.
A oferta é irrechazable: Acceso libre a pota da festa das fabas e a pulpeira da Festa do Cabalo, Palco VIP permanente na Feira da Trabe e unha bolsa a tope de fichas para os coches de Morla nas Barquiñas 09.
Esto non fai máis ca empezar, e o caso CR7 pódese quedar moi corto comparado co lío que se aveciña as beiras do Anllóns. "Nestes momentos non podemos confirmar que vaiamos o Torneo da Amizade. As relacións quedan rotas de momento" -Foi todo o que declarou a este medio un directivo do Cabanarsenal tras enterarse do sucedido- Sejiremos informando.
jueves, 14 de agosto de 2008
XA ESTAMOS DE VOLTA
CHEGAN OS PRIMEIROS REFORZOS
Ibrahiminovic e Oscar Ruggeri xa están aquí.
O clube presentou esta mañá os primeiros reforzos para a vindeira temporada en Primeira. Ibrahiminovic, que volve a casa pra liderar o ataque, e Oscar Ruggeri, defensa central procedente da canteira do Canduiñas Juniors xa firmaron os seus contratos.
Ibrahiminovic e Oscar Ruggeri xa están aquí.
O clube presentou esta mañá os primeiros reforzos para a vindeira temporada en Primeira. Ibrahiminovic, que volve a casa pra liderar o ataque, e Oscar Ruggeri, defensa central procedente da canteira do Canduiñas Juniors xa firmaron os seus contratos.
O presidente Jenarabramovich na multitudinaria rolda de prensa anunciou tamén outras novas: "Martin Vasques, centrocampista procedente tamén da canteira do Canduiñas Juniors está firmado, pero o seu viaxe de Lúa de Mel impedíunos presentalo hoxe aquí".
CASO FERDINALEX
Con respecto as negociacións con Ferdinalex: "Todo sigue igual, esperamos un movimiento do xogador. Sempre nos interesan os grandes xogadores, pero ten contrato e non faceremos nada por enfrentarnos a outro clube".
CRUZANDO O RÍO?
E soltou unha bomba: "Un representante acaba de ofrecernos a un xogador do outro lado do río. Estamos estudiando o tema, aínda que xa sobran efectivos nese posto. Preferimos xogadores con DNi cabanés, pero poderíamos fichalo e cedelo un ano o CorcoesTorino....xa veremos. "
E soltou unha bomba: "Un representante acaba de ofrecernos a un xogador do outro lado do río. Estamos estudiando o tema, aínda que xa sobran efectivos nese posto. Preferimos xogadores con DNi cabanés, pero poderíamos fichalo e cedelo un ano o CorcoesTorino....xa veremos. "
Ibrahiminovic volve As Redondas. Tras duras negociacións co seu representante Juanjo Nocarme, o presidente chegou a un acordo no que xa é a fichaxe mais cara da historia do clube: 6 tratores de leña, dous camións de jravillón, 14 sacos de cemento, 1 palé de bobadilla, e 40 pases pra zona VIP de San Fins 09 e o montante todal da operación. O xogador renuncia o seu porcentaje e faise cargo de rachar os tratores de leña, no que supón un gran esforzo que demostra as ganas que tiña de volver. "Pra min é un soño, volver a este estadio compartindo dianteira co Carioca. Será coma volver a empezar"
O PRESIDENTE CHEGOU A UN ACORDO CON MORATTI PA DESBLOQUEAR O CONFLICTO SOBRE AS CAMISETAS. A PRENSA ITALIANA RECOLLE NAS SÚAS PÁXINAS O ACORDO.
Tras solucionar o conflicto co Inter, volveremos a vestir cos colores que tan bos recordos nos traen. A nova equipación estará lista para o Torneo da Amizade -onde xa confirmamos presencia-. A tenda do clube xa está desbordada de peticións en busca do 24 do Kun, do 11 do Carioca, do 5 de Allovich...........e xa non falemos do 21 do Beckam do Buzaco....unha mina.
PICOTOSTAO O INTER ?
A Gazzeta dello Sport tamén fala do rumor que sitúa a Picotostao no Inter. O certo é que o xogador medita a súa retirada a pesar da renovación que lle ofreciu o presi. Qatar, Méjico, Kuala Lumpur e Esteirana son outras das ofertas que recibiu o seu representante Ricardo Minguero, que declarou a este medio: "De momento nada. En calquer momento pode haber un giro, pero non hay nada sellado de momento"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)