lunes, 28 de abril de 2008

ck.....CARIOCA & KUN


Mais vale tarde que nunca....


A dupla atacante das Redondas chegou tarde o encontro -os do Sofasuna xa se frotaban as mans-. O clube amenazou co expediente a ambos xogadores, pero o mister impuxo o seu criterio e finalmente vestíronse e xogaron a segunda metade.......o resto xa se sabe:
1-0 de Carioca de espectacular volea, 2-0 do Kun aproveitando un pase do seu socio na dianteira e fusilando o cancerbeiro visitante a "boca de jarro". Xa o dicía Valdano sobre Romario: que veña cando queira.....pero que veña!!
OS DE ARRIBA GANAN E O CONTO SIGUE IGUAL
Outra xornada co Jato da Trabe imbatido...e outra xornada que gañan os de arriba. Emoción ata o final da liga, seguimos a 3 do Weder Camariñas e a 4 do Vimianzenit de San Petesburgo.
PELIGRA O CLÁSICO
O Fabadream Team caeu no Pinguel ante o Canceslautern -a mellora era un espexismo- e volve a postos de descenso gracias o empate do Baio ante Buño. A loita polo título ponse de novo o roxo vivo: Pinchazo do Zas en Bergantiños, que pode aproveitar o Bértoa no partido aplazado que ten que "acabar de disputar" co San Román (suspendido a falta de 40 minutos por FOLLÓN -mal asunto-).

martes, 22 de abril de 2008

O JATO -hidráulico- DA TRABE


O noso jardamallas, desde que lle aplicamos a táctica da "lata de birra" está que se sale, e xa leva dous partidos coa portería a cero.

O sistema é fácil: cando chuta o rival, o noso capitán berra forte: "ei vai unha lata de birra ben fría!!!!!".....non vexas como se estira o Jato.
Na Rocheira foi clave con dúas paradas formidables co 0-0 no marcador. No tramo final do partido, o Flaco Collazo transformou dous penaltis cometidos sobre él mesmo o primeiro e sobre AlberTotti o segundo. Nos minutos da basura, Carioca aproveitou un erro do porteiro local para poñer o definitivo 0-3 no marcador da Rocheira
O ASCENSO PARECE COUSA DE TRES
Non pincharon os de arriba, e o ascenso sigue caro a falta de 4 xornadas. Camariñas ganou en Vista-Alegre o Club do Mar por 1-2 e manténse segundo a 1 punto do Vimianzo, que tampouco fallou no Pinguel na visita o Corme (1-3). Ollo as seguintes xornadas, nas que os tres primeiros nos imos enfrentar todos contra todos....vai ser criminal.
PINCHAZO DO FABADREAM TEAM
Na Champions, caeu o Fabadream Team en Zas, no que -según vemos na fabaweb- foi máis ben un partido de waterpolo. O Bértoa pinchou ante o farolillo rojo e pónlle a liga máis facil os de Zas. O Baio non soupo aproveitar o tropezo dos de Aimar...co, e sigue tamén no pozo. Parece que van saltar chispas por evitar o descenso, con hasta 5 equipos implicados no asunto. O clásico sigue sendo unha incógnita....

viernes, 18 de abril de 2008

DEPORTIVO CARBALLO - CABANA

A ROCHEIRA 11:00 HORAS

DAVID & GOLIAT
Río Ferdinalex & Rafinha Carioca. O ex-central do Cabana ten a misión de parar o Carioca como sea. O Kun espera aproveitar mentras Ferdinalex se ocupa do astro brasileiro para aumentar a súa conta anotadora.

Xa queda pouco para que esto remate e a victoria faise imprescindible para seguir arriba, esperando un favor do Club do Mar que recibe o Werder Camariñas.

Negocian o retorno
O Delegado Allovich xa está en Carballo. Viaxa coa orde do presidente Jenarabramovich de firmar a volta do central como sexa. Unha opción de recompra firmada no seu día pode facer posible o asunto. Onte foron vistos no campo de golf dándolle un pouco os paos e as bolas. O míster carballés, enterado da noticia explotou en Radio Milajrosa: "Se andamos con conachadas ijual nin se viste e xa pode ir con eles paló". Hay caso Ferdinalex. Sejiremos atentos o conto.

miércoles, 16 de abril de 2008

APRETADIÑOS IMOS

APRETADIÑOS IMOS


Os de arriba non ceden, e a nós bo traballo nos costou janarlle o San Lorenzo. Tuvo que ser KUN, quen no minuto 85 rematase un balón centrado por Morenogniovic desde a dereita. O Club do Mar perde jas tras tropezar co Dep. Carballo, e a falta de 4 partidos parece que nos temos que xojar as fabas co Vimianzenit de San Petesburgo e co Werder de Camariñas. Máxima emoción no tramo final.


II Festa das Fabas

6-1 o Baio dos homes de Aimar...co. Parece que están dispostos a esperarnos na champions. As fichaxes funcionan, sobre todo ese dianteiro chamado MILIQUITO -xa estamos traballando pa recoller información sobre o crack- o que parece que non lle cheja o Pinguel para correr. O Bertoa ganou en Zas e volve a apretar a loita polo título. O domingo os homes de Aimar...co poden botarlle unha man o Bértoa na súa visita ó lider.

lunes, 7 de abril de 2008

REVOLCÓN EN VISTA ALEGRE

5-1 en Vista-Alegre ante o Club do Mar -¿qué foi daqueles premios a deportividade?-. Resultado contundente anque engañoso, xa que no minuto 80 loitábamos polo empate a dous, e foi o tolear cara arriba coa táctica de "a por eles oé", cando os locais aproveitaron para sentenciar en tres contra-ataques mortais.


Allovich falla outro "penal" e anuncia a súa retirada desta práctica
Mesmo o partido puido ser outro se o capitán non fallara un penalti con 0-0 -ay Allo, Allo....que mal che sentou o encontro ca Bruni-.

O Jato da Trabe, afectado por encaixar a manita, declarou o rematalo encontro: "ay mi madriña do carme, foi caer o quinto e pensei: pois eso, marchando un quinto!...de cerveza".

ATASCO POLO ASCENSO

Despois da nosa derrota de onte, a loita polo ascenso ponse en llamas. Vimianzo (28), Camariñas (27), e Club do Mar e Cabana (24) teñen opción de subir. Os partidos Camariñas-Cabana e Cabana-Vimianzo da recta final preséntanse movidiños.





UN VISTAZO A CHAMPIONS. Espectacular reacción da Fabada Mecánica
Os "reforzos de primavera" xa funcionan en Can Pinguel, e a Fabada Mecánica gañou o superlíder BÉRTOA a domicilio por un contundente 1-5, resultado que nin a famosa casa de apostas LOTOFAROLO.net contemplaba nas súas prediccións pra esta semana. Haberá que estar atentos os homes de Aimar nesta recta final do campeonato.
Nas Redondas xa subiu a venta de abonos ante un inminente derbi cos da Vila de Pondal na vindeira Champions Lí. Ata se empeza a falar de "bolas quentes" no sorteo de Copa para provocar o ansiado "clásico".


O DOMINGO, PARTIDAZO POLO TÍTULO

Espectacular partido o próximo entre Zas e Bértoa, que pode ser case definitivo na loita polo título. Xa temos un enviado desprazado a Zas para conseguir acreditación para o partidazo.