jueves, 31 de enero de 2008

O CARIOCA, NON O MAZARICOS



O Carioca, "a mais grande equivocaço na historia das importaçaos de futebolistas", desmentiu hoxe, en declaracións a Radio Regenco, as negociacións para a súa marcha do equipo. Os rumores situábano no Mazaricos ou nalgún outro equipo pro vindeiro ano, pero o futebolista negou rotundamente a súa marcha do nunha entrevista no programa El Coleiro del Cadullo.


Haberá que retirarlo nas Redondas...pffff

Pincha para escoitar o documento sonoro:





lunes, 28 de enero de 2008

O BECKAM DO BUZACO !!!



Victoria In Extremis


No minuto 92, con 1-1 nas Redondas ante o Club do Mar e cando xa iban rodar cabezas en Cabana, producíose unha falta o borde da área. O Kaiser Recarey, o novo Beckam do Buzaco, non o pensou e colocou o esférico sobre a herba de mentira. TRALLAZO, GOL, 2-1, 3 PUNTOS. Chico de Oro, crack, MVP....
Eso sí, coa inestimable colaboración do meta visitante -ata ese momento dos mellores do partido-.
¡Qué maneira de sufrir! O "medio añito en el infierno" vai ser criminal.
UN OLLO A CHAMPIONS LIGUI
Esta semana botámos unha ollada a chamada "Champions", e observamos que os pechacancelas da tabla son dous inestimables rivais........os que esperamos non atopar no ascensor cando subamos.......estoooo, que iba dicir eu....non por nada, senón porque nos gustaría recuperar o ambiente dos derbys....

viernes, 25 de enero de 2008

PREPARANDO XA UNHA POSIBLE FINAL DE COPA NAS REDONDAS


JUANCAR VERÁ A FINAL EN DIRECTO

Dentro das xestións que estamos a facer para conseguir organizar a Final de Copa deste ano, o noso Secretario acaba de conseguir o apoio do monarca para tan importante evento.
Aproveitando o paso do Monarca por Neaño, degustaron unhas sollas nun coñecido restaurante da vila, onde Juancar confirmou a súa presencia no palco das Redondas para o vindeiro mes de Xullo.
Foi fácil convencelo......hip,hip
TAMÉN DISPOREMOS DUN SERVICIO ESPECIAL DE ASISTENCIA SANITARIA.
Dentro das medidas especiales que tomaremos para albergar a finalísima estará un equipo especial de asistencia médica importado dende Alemania, que podedes ver en acción nestes dous vídeos-demostración. Uns cracks. Podedes caer tranquilos.


jueves, 24 de enero de 2008

1-2 Na Rocheira......sin o KUN EMILIO

PELI. 2 CHICHARROS.....SEN DESPEINARSE
Pois xa estamos onde debemos estar. Segundos a 2 do Camariñas despois dunha traballada victoria en Coristanco con 2 chicharros de "Udo Latek" Peli, un deles "peinándoa"....que manda carallo.

Menos mal, porque chegamos a Rocheira sen o noso Killer, o Kun Emilio, que se desprazou a Madrid para integrarse no Frente Atleti e comprobar in situ como as gasta o equipo da súa alma. Volveu esa misma noite preguntándose aquelo tan famoso: ¿por qué carallo son do atleti?

O clube aproveita a ocasión para expresar a súa intención de futuro:
Ó PABLO ESE NON O IMOS FICHAR...DESDE LOJO QUE NON.......
......E O ABBIATI TAMPOUCO.
O DOMINGO, NAS REDONDAS AS 12:00 RECIBIMOS O CLUB DO MAR. Vinde cedo que despois non hai onde aparcar


lunes, 7 de enero de 2008

QUIETOS AHÍ OS PONYS !!!!

Rompéuse o maleficio da "herba de mentira das Redondas" e por fin gañamos sobre o césped artificial.
O KAKÁ marcou o definitivo 3-2 nun vibrante partido no que o Futebol Bonito do Cabana se impuxo no derbi.
Boa maneira de acabar o Torneo Apertura, e inyección de moral para tentar o ascenso, e volver.......o sitio de onde nunca debemos saír.

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Disculpáde a ausencia temporal. Xa volvemos, non abandonamos, o que pasa que xa sabedes: o que ten tenda que a atenda....e senón que a venda.

Xa temos calendario po Torneo de Clausura, onde imos tentar o ascenso. Mentras penso nas caralladas que virán, botádelle un vistazo a esta impresionante deportista: KOURNIKOVA....mí madriña que muller!!!