.

Noticias positivas
Quedámonos co único positivo, que foi o regreso de dous lesionados: Caldereyes e Karembeugenio. A ver se pouco a pouco se van recuperando efectivos para afrontar a Copa con mínimas garantías de non facer máis o ridículo.
A LIGA QUEDOU PARA O FINAL
Azuis e Rojos fixeron os deberes. O Bergantiños ganou nas Fontiñas con solvencia 0-2 e S.Román asaltou o fortín de Camariñas 1-2. Asi que, todo por decidir nunha última xornada de infarto. Ollo porque o lider, aínda que lle chega co empate, recibe o peligroso Camariñas do pichichi Teodorooney Lado. O S.Román ten un, a priori, fácil partido ante o Vimianzenit. Sorte os dous.
Na segunda xa quedou todo resolto cos ascensos de Castriz e At.Milagrosa. Benvidos os dous a Primeira División!!.
O domingo, derbi cabanés nas Redondas para rematar a liga. Sen nada que xogarse a ver se polo menos despedimos o ano con victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario